Amosando publicacións coa etiqueta convivencia. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta convivencia. Amosar todas as publicacións

xoves, 23 de decembro de 2021

Visita ao Centro de Día de Begonte


Nunha xeira chea de tenrura onde o obxectivo principal foi compartir un momento de intercambio xeracional.
recitado de poemas...




e obradoiro de adornos para a árbore de cartón que quedou no centro adornado de bólas de pequenas folliñas das cores do outono.

 


Os avós e avoas brindáronnos historias de vida que encheron de admiración as miradas dos nenos e nenas de 5º de primaria do noso cole. O ánimo foi tal, que as paxoliñas cantaruxadas a capela remataron a xornada acompañadas de moitas Risas, bailoteos e bo humor! 


 Grazas por permitirnos compartir unha visita tan enriquecedora! 


domingo, 12 de decembro de 2021

#DíadosDereitosHumanos

 10 de decembro 


Nesta data celébrase o Día dos Dereitos Humanos, coincidindo co aniversario da Declaración Universal dos Dereitos Humanos, que se aprobou no ano 1948.

 Que son os dereitos humanos?

Son os dereitos que pertencen a todos os seres humanos sen importar a súa raza, sexo, nacionalidade, lingua, relixión, orixe étnica ou calquera outra condición.

Hoxe en día, existe unha lista de dereitos humanos creada pola Organización das Nacións Unidas (ONU), onde se defende o dereito á vida, á liberdade, á educación, ao traballo e moitos outros máis, que deben ser respectados sen que exista discriminación algunha. Son máis de 30 dereitos!

O lema deste ano 2021, é a igualdade.

A igualdade, a inclusión e a non discriminación son un enfoque do desenvolvemento baseado nos dereitos humanos e é a mellor maneira de reducir as desigualdades cara a consecución dos obxectivos da Axenda 2030.

Trátase de construír sociedades mellores, máis xustas e máis ecolóxicas! Tal como nos conta Faiuco nas súas propostas!

Neste vídeo podes entendelo moito mellor!


E lembra que é responsabilidade de todos e todas, traballar por unha sociedade mellor e para iso podes contribuír achegando a túa opinión e compartíndoa no blog de Faiuco baixo o cancelo #DíadosDereitosHumanos

                         
A túas achegas e ideas tamén contan e axúdannos a facer un mundo moito máis xusto!

domingo, 7 de novembro de 2021

Magosto, día de festa!


festexamos o magosto cunha xornada moi activa!!!
Aínda que o tempo non nos acompañou, os nenos e nenas do noso cole puideron gozar de xogos, risas e unha que outra caída!