Amosando publicacións coa etiqueta 5X Día Mundial do Medio Ambiente. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta 5X Día Mundial do Medio Ambiente. Amosar todas as publicacións

luns, 22 de maio de 2023

#SinContaminaciónPorPlásticos

 

5 DE XUÑO -DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE-


   Segundo as Naciones Unidas, os plásticos constitúen a fracción máis grande, daniña e persistente do lixo mariño e representan polo menos un 85% do total dos refugallos que hai no mar. 

   Os ríos e lagos transportan refugallos plásticos desde o interior continental ata os mares, o que os converte nas principais vías de contaminación dos océanos.

   Por tal motivo, resulta primordial que o Día Mundial do Medio Ambiente mobilice medidas ambientais transformadoras en todos os recunchos do mundo.





   En relación ao noso Proxecto Documental Integrado "Faiuco e o coidado da hidrosfera", convidámosvos ao movemento mundial por un planeta #SinContaminaciónPorPlásticos.








Para máis información, clicade na seguinte páxina:






     


martes, 7 de xuño de 2022

Actividades do 5 de xuño


 #unha soa terra

 

Na clase de 5 anos, lemos o conto "Unha árbore" para conmemorar o Día do Medio ambiente. Descubrimos canto ben nos fan as árbores e que importante é coidalas!


 
 

Despois animámonos a representar o conto con marionetas e este foi o resultado!

 

Qué ben o pasaron!

 

Os nenos e nenas do grupo de 1º e 2º, na clase de Ciencias Naturais, reutilizaron botellas de plástico para crear a súas propia maceta e con elas aprenderon a xerminar fabasa empregando o método do algodón. Agora só falta esperar uns días!

 


 parabéns!




domingo, 5 de xuño de 2022

5 de xuño - Día Mundial do Medio Ambiente -

 Como cada 5 de xuño desde 1979, celébrase o Día Mundial do Medio Ambiente, que se converteu na plataforma mundial máis grande para a divulgación pública ambiental que celebran millóns de persoas ano a ano.


Amorodos da nosa horta.
 
 
Dirixido polo o Programa das Nacións Unidas para o Medio Ambiente (PNUMA), este día é unha das datas máis importantes do calendario das Nacións Unidas. Esta organización,  marcou como obxectivo principal deste día a sensibilización ambiental, lograr motivar á poboación mundial a ser parte activa do desenvolvemento sostible e do coidado do noso planeta.
 
O tema central deste ano é  #UNHA SOA TERRA  
 
Preténdese visibilizar a emerxencia que afronta o noso planeta referida ao clima. A aceleración do quecemento global impacta na perda do hábitat de máis dun millón de especies, atopándose en perigo de extinción. 
 
Unido a iso, a contaminación ambiental tamén impacta de maneira negativa no aire, na terra e na auga.  
 
Dende as nosas aulas, intentamos concienciar a noso alumnado da necesidade de coidar a Terra e facer xunt@s que a vida sexa máis sostible. 
 
 
 

 
 
Se queredes saber máis? 
No seguinte enlace encontraredes información.