Amosando publicacións coa etiqueta O ENTROIDO. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta O ENTROIDO. Amosar todas as publicacións

venres, 28 de febreiro de 2025

Entroido!!

 Como cada ano estas semanas estivemos traballando arreo nos disfraces, aqueles que nos servirán para deixar boquiabertos aos asistentes ao desfile polas rúas de Begonte

E si, non é para menos, vaia traxes máis chulos resultaron 😍

Como non podía ser doutra maneira tivemos moi presente o noso proxecto de centro; Oído cociña!

Os máis pequenos do cole vestiron o seu mandil e gorro para mostrar que son uns verdadeiros Chefs, pois levan traballando moito sobre a cociña e as súas técnicas culinarias.

Se a alimentación sá se refire non poden faltar as froitas e verduras.

Uvas🍇 e laranxas 🍊 representando á vitamina C ( 1º e 2º EP) e tomates 🍅e leitugas 🍀 como as mellores verduras para elaborar ricas ensaladas (3º e 4º EP).

Fonte de fibra, hidratos de carbono e azúcre en cantidades moderadas aparecían nas etiquetas das caixas de cereais 🌾elaboradas polo alumnado de 5º e 6º EP.

Uns cereais para nada típicos, non están á venda en calquera establecemento, pois teñen "denominación de orixe" etiquetados e producidos na nosa escola 😂

Tendo este vídeo, pouco máis se pode apuntar.


Pasámolo xenial!!

Moitas gracias ás familias por colaborar na elaboración dos disfraces e por arrouparnos no desfile 💓

Oído cociña, está de Entroido

venres, 24 de febreiro de 2023

"Un entroido moi concienciado"

 

 O venres foi o gran día do ENTROIDO na nosa escola! Desfilou o alumnado, o profesorado e as familias nunha festa chea de cor e ledicia.

AS familias traballaron con esforzo e dedicación para facer as carrozas coa temática de cada grupo. 

Nós cumprimos co obxectivo previsto, transmitir a comunidade de Begonte, a nosa preocupación pola non contaminación das nosas augas e a necesidade de poñernos en marcha en prol da sustentabilidade de noso planeta. 

 Cada grupo identificábase cun animal acuático, peixes, estrela do mar, medusas...

Pero, cal é a realidade das augas do noso planeta? 

Descubriron que a gran maioría están contaminadas (refugallos, anacos de plásticos, produtos químicos...) e esa contaminación a sufren os animais de ríos e mares. Así poideron investigar e comprobar nas distintas tarefas que levaron a cabo nas aulas, adaptadas a cada grupo e nivel.

En liñas xerais, chegaron a conclusión que para evitar a contaminación das nosas augas debemos: 

Reducir o consumo de plásticos.

Reducir o uso de aceites e baterías.

Reducir o uso de químicos no fogar.

Consumir máis vegetais que produtos animais.

Consumir alimentos da agricultura ecolóxica.

Rexiclar, desechar correctamente os residuos.

 

 Para visibilizar esta problemática mundial, os nenos e nenas pegaron nos seus disfraces aqueles contaminantes que non debemos tirar nas augas.Toda a comunidade educativa uniouse a nosa proposta! 

 

 
 



 

Un entroido con conciencia ecolóxica!



luns, 7 de marzo de 2022

Nova personaxe do Entroido Begontés!!


 A busca chegou ao seu fin! 

OCOGALOCO...




E A SÚA LENDA!





Parabéns a eles e a tod@s os que participaron 
nesta proposta do entroido 2022!



domingo, 27 de febreiro de 2022

ENTROIDO 2022!





  Novidades do entroido! A lenda do grupo mixto de 1º e 2º curso, 

non vola perdades!

Picade na imaxe


xoves, 24 de febreiro de 2022

Xa chega O ENTROIDO!!!!

Mañá día de festa!



 A "Casiña de faiuco", xa está preparada polo alumnado de 3º e 4º curso. 






É tempo de entroido!


martes, 15 de febreiro de 2022

NA BUSCA DA PERSONAXE DO ENTROIDO BEGONTÉS

 


Fainos moita ilusión presentarvos a toda a comunidade educativa este pequeno proxecto que nos ocupa de cara ao Entroido. E precisamos da axuda de todos vós.

Como sabedes, moitos entroidos galegos teñen unha personaxe de referencia. os cigarróns de Verín ou os volantes de Chantada son dous bos exemplos. ben, pois xa é hora de que Begonte teña a súa personaxe. 

Neste padlet encontraredes máis información sobre o noso proxecto e iredes vendo como vai medrando pouco a pouco en cada nivel educativo. Esperamos que vos guste!


Clicade na máscara!