Amosando publicacións coa etiqueta A biblioteca que imaxino. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta A biblioteca que imaxino. Amosar todas as publicacións

mércores, 8 de xuño de 2022

A "Casiña de Faiuco"



#construímolaentretod@s

A nova "Casiña de Faiuco", necesita dos aportes de toda unha comunidade educativa.
Tivemos a sorte de contar con alumnado voluntario, coas familias e cun equipo de biblioteca moi involucrado, en prol dunha escola inclusiva e de calidade. 

Alumnado voluntario de 5º e 6º





Toño e a súa creación para reutilizar os libros do expurgue.

 


Aníbal e a súa arte co mural.
 




E un equipo de biblioteca estupendo!

Graciñas a tod@s por voso
tempo e dedicación!

 

domingo, 6 de marzo de 2022

Xa está con nós!


Primeiro programa por canle de TeleCorpiño! 

Unha práctica levada a cabo polo alumnado e o profesorado de 6º curso de EP co fin de mellorar as súas competencias dixitais e darlles a oportunidade de coñecer "de primeira man" como funcionan os medios de comunicación televisivos.



Con moita profesionalidade e compromiso!




luns, 31 de xaneiro de 2022

Con compromiso e ilusión abrimos as portas da "Casiña de Faiuco"


Despois de todo un trimestre dun forte traballo en equipo, de coordinación e esforzo, fíxose realidade o soño de todo un grupo de profesionais que apostamos por un ensino de calidade e innovación.






Grazas a todas as persoas que nos acompañaron e nos acompañan nesta longa viaxe!


domingo, 12 de decembro de 2021

A biblioteca que imaxino

 Xa queda pouco para inagurar a nosa nova biblioteca! A volta das vacacións gozaremos das novas instalacións. 

Os nenos e nenas de noso cole a imaxinaron cunha morea de ideas creativas!


E soñaron a súa biblioteca ideal!



Con pistas e montañas de coches, xoguetes, libros e máis libros!


Esquíos, patos, arañas, flores, contos e un pracer de "gotitas" de chovia!



máis e máis contos, un espazo maker, sofás e ata unha cama para descansar de tanta actividade! noN falta a nosa mascota Faiuco nin o noso amigo Connor ... 




Unha biblioteca verde con variedade de árbores, escaleiras infinitas de libros, robots e bichiños que ordenan contos...




Un espazo para experimentar e descubrir, participar e compartir, indagar e encontrar outras alternativas onde se valore a singularidade de cada lector.