Amosando publicacións coa etiqueta 17M Día das Letras Galegas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta 17M Día das Letras Galegas. Amosar todas as publicacións

sábado, 18 de maio de 2024

Letras Galegas 2024

O día das nosas letras homenaxeamos a persoeiros que destacaron pola súa creación literaria e defensa da nosa lingua, o galego.

Este ano, Luísa Villalta incorpórase  á lista de autores e autoras aos que dedicamos o día das letras, 17 de maio.

É  a sexta muller en 61 edicións; unha figura intelectual, escritora, activista política, articulista, poeta, tradutora, profesora, filóloga e violinista.

Pero si queredes saber máis sobre a súa vida, traxectoria musical e obras publicadas tan só prestade atención ao traballo que realizaron os nosos nenos e nenas durante a pasada semana.



A literatura require estudo, traballo, dedicación, esixencia, e toda a súa obra dá testemuña da responsabilidade coa que constrúe todo o seu proxecto literario.

Velaquí a nosa proposta de traballo conxunto para dar a coñecer a esta escritora galega.



Luísa Villalta: "Escoito a voz que me silencia: comezo a expresar o necesario"

Se queredes afondar na súa obra visitade a Casiña de Faiuco.



domingo, 28 de maio de 2023

17M #SEMANA DAS LETRAS GALEGAS

 

    Este 17 de maio celebrouse "a festa grande" da lingua galega, festa institucionalizada pola Real Academia Galega (RAG) que chega á súa 60 edición rendéndolle homenaxe ao tradutor, novelista, historiador, xornalista, ensaísta e editor Francisco Fernández del Riego..

   Ao longo deste mes, nas aulas de noso cole investigaron, descubriron e leron a este autor da nosa literatura con distintas actividades.





   Na aula de 3 e 4 anos coñeceron sobre Francisco a través de actividades e xogos que implican estar moi atentos e concentrados!





   No grupo de 1º e 2º curso de EP, investigaron e fixeron un libriño coa súa bibliografía que logo compartiron no mural.






   No grupo de 3º e 4º curso, tamén compartiron as súas investigacións. 





   En 5º e 6º curso, andiveron a facer actividades TIC sobre o homenaxeado. 






   No grupo de 4 e 5 anos de EI, fixeron un mapa sobre a súa biografía.




   E tamén decidiron conmemorar este día cun poema de Antonio García Teijeiro sobre a primavera. O representaron a través da expresión artística e da oralidade.







O recitado





Se queredes saber máis sobre Francisco Fernández del Riego,
Faiuco convídavos a entrar nos seguintes enlances:


 https://primaveradasletras.gal/

 

 https://academia.gal/letras-galegas/2023/francisco-fernandez-del-riego

 

 

sábado, 21 de maio de 2022

17M Día das Letras Galegas - II parte -

 

Xa está con nós a última edición de...


A VOZ DO CORPIÑO

- O xornal de Faiuco -



En cada aula do noso centro traballouse sobre distintos puntos en relación ao "Día das Letras Galegas 2022" e ao seu homenaxeado  Florencio Delgado Gurriarán.

Toda a información e as actividades quedan reflectidas no xornal e no mural principal do noso cole. 




E tamén, o alumnado de 5º curso, á voz de extra! extra! repartiu os periódicos a saída da escola.



Traballo colaborativo,

traballo en equipo!

aquí as noticias!


martes, 17 de maio de 2022

17M Día das Letras Galegas





Hoxe, 17 de maio, Día das Letras Galegas. Alén da importante posta en valor da vida e obra da persoa homenaxeada cada ano (desta volta, Florencio Delgado Gurriarán), este é o día para reivindicar que o galego é unha construción colectiva milenaria, un tesouro patrimonial a defender, coidar e promover e tamén unha lingua viva, perfectamente válida para calquera uso no tempo presente. Pero a diferenza doutros bens do noso patrimonio, a conservación e supervivencia da Lingua non pasa por encerrala nun museo; senón por seguir facendo dela un vehículo para a comunicación, para a información, para a ciencia, para a festa e tamén para a nosa identidade.
Cómpre seguir berrando con Cunqueiro que queremos "mil primaveras máis" para a lingua galega, porque queremos e porque temos dereito.

"Todos os días son Días das Letras Galegas".