luns, 8 de xaneiro de 2024

As personaxes do Nadal

 

Unha das actividades que propuxemos ao noso alumnado para celebrar o Nadal foi coñecer as personaxes máis ilustres de cada rexión nestas datas.

Sabedes cales son?

O xa coñecido Papá Noel e máis os Reis Magos de Oriente non son os únicos que visitan os nosos fogares polo nadal.

O equipo de dinamización da lingua galega e o equipo de biblioteca propuxeron un xogo de rimas e adiviñas para que o noso alumnado puidera coñecer quenes visitan os fogares do norte da península durante a noite do 24 de decembro.

Cada alumno ou alumna ou ben cada grupo tiña que dar resposta as seguintes adiviñas. Podían investigar na biblioteca ou nas súas aulas sobre estas personaxes:

👉 Son do Courel e do Cebreiro, tamén son coñecido por Pendigueiro, entro con castañas e regalos nas habitacións dos máis pequenos.

👉Por Bilbao, San Sebastián e Vitoria, vai un bonachón con barba, pipa e boina, que reparte regalos as boas persoas.

👉Ten as mesmas pintas cun pescador asturiano, trae regalos, dende o Mar dos Sagarzos.

👉Tápao cunha manta e déixalle comida, que en Cataluña os teus regalos chegarán nuns días.

👉É un leñador de Cantabria que reparte bondade e alegría, e un burro é a súa mellor compañía.


Xa sabedes quenes son?


olentzero, el tió de nadal, el esteru, l`anguleru e por suposto o apalpador..

Se ben é certo, é mellor saber un pouco máis do que está ao noso carón.

 Que sabemos do Apalpador?

Pois nada mellor que pedir que visite a nosa escola.

 O Apalpador chegou a Begonte co seu burro a contar uns contiños e pasar un rato ben agradable cos nenos e as nenas.

Ademais, foi un dos invitados estrela do programa "Hoxe por hoxe lugo" da cadena Ser que visitou A casiña de Faiuco este 21 de decembro.

Deixámosvos coa sesión do Apalpador.


No próximo Nadal, máis personaxes!



xoves, 21 de decembro de 2023

II Carreira Solidaria San Faiuquiño

 

 Chegou o gran día!

A carreira "San Faiuquiño" foi un éxito con máis de 100 participantes e con 150 kg de comida doados aos servizos sociais do noso concello para a xente que máis o necesita.

 



Muchísimas grazas a toda a nosa comunidade educativa, 

ao @concellobegonte, 

ao equip de Corre por Begonte e á AD Rego do Lobo

 por facelo posible!

 

 



 

luns, 18 de decembro de 2023

Traballo en equipo!

 

Os nenos e nenas de 2º curso, no ámbito da competencia emocional, aprenderon a vencer o aburrimento.

Ideas e propostas surxiron logo de momentos de reflexión onde descubriron como combatir e superar esta emoción, a veces molesta.

Pois foron capaces de recoñecer que a imaxinación é moi importante, que permítenos crear e mirar pequenas cousas que a veces pasan desapercibidas.

Entón, o aburrimento é tan negativo? 

Despois de lecturas, reflexión, postas en común decidimos poñer mans á obra!

Foron de compras ao Polo Creativo e mercaron distintos materiais e cousiñas que non se utilizaban. Logo fixeron en grupo vistosos collages e inventaron Historias moi divertidas:







Compartíronas co resto dos grupos e proximamente serán expostas no corredor da escola. 






Enhoraboa pequen@s artistas!


A cadeira vermella

 

Os pequen@s contacontos!

Neste curso seguimos promovendo a expresión oral dos peques de EI.

A "cadeira vermella" segue cumprindo coa iniciativa da renarración de historias.

Enzo, de catro anos, levou para a casa o conto "La montaña de libros más alta del mundo" e así lles contou aos seus compis, a historia de Lucas, o protagonista.




Escoitámolo?







Enzo, fixéchelo xenial!


mércores, 13 de decembro de 2023

II Carreira Solidaria San Faiuquiño



O Departamento de Educación Física da escola, dentro do Proxecto de Vida activa e Deportiva do centro, organiza a "II Carreira Solidaria San Faiuquiño" en colaboración co Concello de Begonte, co Clube de Atletismo Corre por Begonte e coa Asociación Deportiva "Rego do Lobo".

É unha carreira aberta á participación de toda a comunidade educativa, de xeito que non só poderán participar os nenos/as e os mestres/as, senón tamén aquelas nais e pais e familiar que así o desexen.

 



Para poder participar e obter o dorsal, haberá que aportar algún alimento non perecedoiro. Os alimentos recolleranse no centro ata o día 18 de decembro incluído , e serán doados aos servizos sociais do Concello de Begonte para o seu reparto entre as famiias máis desfavorecidas da nosa contorna.



Faiuco anímavos a participar!





martes, 5 de decembro de 2023

3D Día Internacional das Persoas con Discapacidade

 

Como xa sabedes, ao longo de cada curso, traballamos en prol da inclusión e da concienciación das capacidades diferentes. 

Nesta ocasión, conmemorando o "Día Internacional das Persoas con discapacidade", abrimos a temporada de cine na Casiña de Faiuco.

 



Porén, o venres 1º de decembro proxectamos distintas curtas acompañadas de actividades de reflexión e sensibilización ante as diferenzas.

Os obxectivos destas xornadas céntranse en:

  • Achegar ao alumnado ao coñecemento de realidades diferentes.
  • Despertar actitudes de empatía e solidaridade.
  • Fomentar a comunicación, o pensamento crítico e o razoamento.

 Os traballos están expostos no corcho do corredor da nosa biblioteca.

 




Os próximos días, cada grupo invitará ao resto do alumnado  a compartir a súa curta e facer unha reflexión conxunta.


 

 
 

luns, 4 de decembro de 2023

A maxia do cine


Todos coñecemos o que significa o cine e o que representa hoxe en día na nosa sociedade.

Dentro do Proxecto Documental Integrado "Luz, cámara, acción... rodamos con Faiuco!, o alumnado do noso centro, visitou a exposición "empieza el espectáculo. Georges Méliès y el cine de 1900".

Nesta exposición, faise unha viaxe polo século XX na que en tan só 200 metros cuadrados, revívese eses anos na man deste cineasta francés.

Os nenos e nenas, puideron coñecer o nacemento do "cine" como fenómeno popular, observaron réplicas, maquetas, obxectos da época, fotografías que fan viaxar no tempo, reproducións das primeiras películas...

Gozaron dalgunhas proxeccións, coñeceron trucos e descubriron segredos do cine! Tamén puideron saber máis da vida dos irmáns Lumiere e ata xogar cun zoótropo!