luns, 12 de febreiro de 2024

Visita ao Centro de Día de Begonte

Na semana da conmemoración da "Lectura en Voz Alta", o alumnado de quinto e sexto compartiu os relatos creados no "Día Mundial da Escritura a Man" no Centro de Día de Begonte.

Compartiron lecturas máis actividades lúdicas cos avós e coas avoas, nun intercambio interxeracional enriquecedor e cheo de tenrura.

 


Un pracer compartir convosco esta experiencia!

Moitas grazas!

venres, 9 de febreiro de 2024

11F Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia





 El 15 de decembro do 2015, a Asemblea Xeral das Nacións Unidas proclamou o 11 de febreiro "Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia", convidando a que se organizasen actividades de educación e sensibilización pública que axudasen a:

  • Visibilizar o traballo das mulleres que se dedican ás áreas STEM (Science, Technology, engineering and Mathematics), creando así referentes femeninos para a infancia que poidan contribuír á elección destas áreas como carreiras profesionais.

Porén, dende a escola, convidamos á todas as familias a facer pequenos experimentos nas nosas aulas. actividades moi senxelas con obxectoes e materiais da vida cotiá. 

A nosa intención e xerar o gusto pola ciencia a través de situacións lúdicas que xeren aprendizaxes significativas.


Animádevos a vir e a compartir con nosos nenos e nenas!


             


Cadeira Vermella

 Pequen@s contacontos

Na Cadeira Vermella hoxe senta Samuel, de cinco anos, que narra a historia da importancia de coidar os bosques.

Como podes axudar a salvar o bosque a os animais que viven nel? finn e skip teñen moito que dicir.

Samuel, conta a historia así de ben


E os seus compañeir@s non perden detalle deste conto ilustrado



Autor: Brendan Kearney
Ilustrador: Brendan Kearney

Moitas gracias Samuel, fixéchelo moi ben!






xoves, 8 de febreiro de 2024

7F Día Mundial da Lectura en Voz Alta



A nosa mascota, Faiuco, lanza a cadea "Lectura a viva voz", coa finalidade de destacar a importancia da lectura en voz alta e fomentar a creación de comunidades e grupos de lectura. 

Cal é a orixe de celebrar esta efeméride?

La creación deste día mundial surxe por iniciativa da organización internacional "Lit World" no ano 2010, coa intención de fomentar o hábito da lectura, axudar á creación de vínculos entre lectores, escritores e narradores, así como a adquisición de coñecementos.

Cal é a importancia da lectura en voz alta?
 
Son numerosos os beneficios de practicar a lectura en voz alta. Entre outros:
  • Mellora a dicción.
  • Fortalece a memoria.
  • Favorece a comprensión lectora.
  • Estimula a imaxinación.
  • Beneficia o desenvolvemento neurolóxico e emocional. 
  • Enriquece o vocabulario.
  • Mellora as habilidades comunicativas.
  • Axúdanos a ser máis empáticos. 

Porén, Faiuco convídanos a compartir xunt@s esta aventura! 











30X Día Escolar da Non Violencia e da Paz


Actividades ao longo de toda a semana

👀Visionado do film "Mi vecino Tororo" de Hayao Miyazaki.

👀Traballo de reflexión nas aulas en relación ao film, ao noso Proxecto Documental Integrado (Luces, cámara, acción... rodamos con Faiuco!) e á vida en convivencia.

👀En Inglés traballaron o son "Ommmmm", símbolo da Paz que procede do hinduísmo e representa o son do Universo. 

👀En Relixión, "chuvia de estrelas" co conto "O Rey que bordaba estrelas de Ernesto Rodrigo Abad.




Traballo multidisciplinar cun producto fina e unha mensaxe en común "A importancia de vivir en harmonía".


luns, 5 de febreiro de 2024

Contacontos en familia

 Nesta últimas semanas tivemos a visita de varias familias que compartiron un anaco do seu tempo con nós.

Sesións nas que o noso alumnado goza da escoita de historias que veñen de voces coñecidas. 

Todo un luxo!

En educación infantil, recibimos a visita da familia de sabela. 

A historia de rigoberto contanda nun teatro de sombras.



Autora: Ana Meilán
Ilustradora: Agustina Mattar

En Educación Primaria, os alumnos e alumnas da aula de 2º recibiron a familia de Ainara e a de Hugo Fernández.

Coa familia de hugo, Descubriron porque Armando necesita chorar, pois só así se poden desfacer certos nós.






Autores: Belén Gaudes e Pablo Macía
Ilustrador: Nacho de Marcos

A nai de Ainara, coa súa irmá máis pequena, falaron dos retos do día a día que debemos superar, incluso á hora de comer.




Autor: Pablo Albo
Ilustrador: Andre Letria

O alumnado do terceiro ciclo asistiu ao contacontos da nai de noa. Desta vez sobre unha famosa física "marie curie" para facer fincafé nas mulleres extraordinarias da nosa historia.






Autora: Cristina serret

Un pracer recibirvos na casiña de Faiuco!

venres, 2 de febreiro de 2024

ENTROIDO 2024

 Os mandados de Faiuco!

Semana pintoresca que termina cun venres de cine!!

Animádevos a ser creativ@s e sorprender, o Entroido está para romper iso que dín por ahí:

" menos é máis"

Goza do entroido, goza da tradición




Un entroido de cine!