xoves, 13 de febreiro de 2025
11F
martes, 5 de marzo de 2024
Visitas "científicas" para visibilizar o 11F
- Experimentos na escola -
O alumnado de Educación Infantil gozou de tres sesións moi amenas da man de familias que propuxeron experimentos moi chulos.
Tal como anunciáramos, o obxectivo de planificar estos obradoiros é que os máis pequenos relacionen a ciencia coa vida cotiá. Aproveitamos o Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia para, precisamente, achegar aos nenos e nenas a este ámbito da man das súas familias.
Fixéronse tres experimentos moi diversos dende fabricar pintura ata observar a eficacia do xabón, pasando polo magnetismo.
💨Creamos pintura caseira con ingredientes e obxectos da nosa vida cotiá: fariña, auga, colorante alimenticio e unha fonte de calor, neste caso un ornillo.
Con moita paciencia e seguindo os pasos logramos unha pasta cunha textura moi suave que deixaba que debuxásemos no papel.
💨Logo, xogamos con imáns e vimos que dependendo de como os coloquemos pode ser que se queiran moito ( acábanse xuntando) ou que se odien ( afástanse). Descubrimos deste xeito a forza que exercen os polos.
Ademais, se colocamos nun recipiente auga e colocamos o imán nunha base que flote e acougamos un anaco, este indica onde está o Norte.
💨Finalmente, quedounos moi claro que hai que lavar as mans con auga e xabón. Aínda que ás veces non somos capaces a velos, temos moitos xérmenes e precisamos do xabón para defendernos deles.
Vímolo perfectamente ao deixar caer unhas cantas gotas de xabón nun prato que tiña pementa, a modo de bechos e bacterias, íanse todas a beiriña.
venres, 9 de febreiro de 2024
11F Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia
- Visibilizar o traballo das mulleres que se dedican ás áreas STEM (Science, Technology, engineering and Mathematics), creando así referentes femeninos para a infancia que poidan contribuír á elección destas áreas como carreiras profesionais.
Porén, dende a escola, convidamos á todas as familias a facer pequenos experimentos nas nosas aulas. actividades moi senxelas con obxectoes e materiais da vida cotiá.
A nosa intención e xerar o gusto pola ciencia a través de situacións lúdicas que xeren aprendizaxes significativas.
Animádevos a vir e a compartir con nosos nenos e nenas!
martes, 21 de febreiro de 2023
#11F Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia - PDI "Faiuco e o coidado da hidrosfera"-
O 1 de febreiro celébrase esta iniciativa cidadá para conmemorar o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia a través de distintas actividades. O fin é visibilizar o traballo das mulleres que se dedican ás áreas STEM (Science, Technology, Engineering and Mathematics), creando así, referentes femeninos que poidan contribuír á elección destas áreas como carreiras profesionais.
O alumnado do noso centro, investigou distintas científicas relacionadas co noso Proxecto Documental Integrado "Faiuco e o coidado da hidrosfera".
Os nenos e nenas de EI, convertéronse en buzos e paleontólogos despois de estudar as dúas mulleres científicas: Sylvia Earle, activista en defensa dos océanos, e Mary Anning, paleontóloga.
luns, 14 de febreiro de 2022
Espazo Maker
sábado, 12 de febreiro de 2022
11F Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia II
mércores, 9 de febreiro de 2022
11F Día Internacional da Muller e a nena na Ciencia I
Achégase a conmemoración do 11 F e o alumnado de 5º curso prepara a exposición de libros sobre Mulleres das Ciencias!
.png)














