Actividades nas aulas
ao longo de toda a xornada do día martes, fixéronse actividades conmemorando este día en todas as clases.
Os nenos e nenas de 3 anos empezaron o día tratando de comprender que, homes e mulleres poden facer os mesmos traballos e facer as mesmas cousas, clasificando obxectos de diferentes profesións. Tamén participaron da charla na biblioteca coas nais invitadas e, remataron o día, cunha actividade plástica reflexando a cor da "igualdade" coa mestura do rosa e azul.
Na clase de 5 anos traballaron cos contos "Guay" e "Daniela Pirata". Reflexionaron sobre actitudes relacionadas coa igualdade entre o home e a muller, Escribiron os obstáculos que se atopan no camiño cara a igualdade e, cun pincel, foron sortéandoos simbolizando un roteiro en prol dunha sociedade sen prexuízos.
No grupo mixto de 3º e 4º, investigaron sobre o papel da muller na sociedade a través das distintas profesións. Falaron sobre os traballos das súas nais, en que consisten e a importancia que teñen na sociedade. Finalmente, fixeron unha actividade escrita.
En 5º, andiveron a traballar sobre o cartel publicitario de Rosie the riverter. Investigaron sobre a súa orixe, significado e simboloxía. Finalmente, montaron e colorearon entre tod@s un quebracabezas para reproducir o cartel
Na aula de relixión, estiveron a traballar algunhas das mulleres que aparecen na Biblia e que, no seu momento, loitaron nun mundo dominado polos homes. Traballaron ademais, a historia das irmás Touza, as cales axudaron a centos de xudeus a escapar do Holocausto nazi.
Ningún comentario:
Publicar un comentario