#radiocorpiño
- 2º entrega -
Nesta xornada tan intensa, non sÓ tivemos a visita de Maite e Ánxela, tamén nos visitaron dos xogadores do Club Deportivo Lugo.
Os reporteiros de Radio Corpiño desprazáronse ata a sala de prensa do Ceip Plurilingüe Virxe do Corpiño para entrevistar a Josep Señé e Xavi Torres. Na rolda de prensa, os xogadores compartiron cos xornalistas os seus principais hábitos de vida saudable e outras informacións salientables sobres as súas respectivas carreiras deportivas.
Ademais, pasaron polas aulas visitando aos nenos e nenas de noso centro que os recibiron con moitísimo entusiasmo.
Grazas pola vosa visita!
Ningún comentario:
Publicar un comentario