luns, 13 de abril de 2026
Obradoiro de radio
xoves, 8 de xaneiro de 2026
Xornadas Radio na Biblio
Radio Corpiño seleccionado para participar nas Xornadas de Radio na Biblio📻
O alumnado de 5º e 6º tivo a honra de asistir, o pasado 18 de decembro, a primeira convocatoria desta xornada na que compartiron co alumnado doutros centros unha mañá radiofónica.
A intención deste encontro é poñer en valor o traballo que o alumnado fai nas emisoras dos centros, empregando este recurso como unha ferramenta formativa máis.
Os escolares puidoron asistir aos seguintes talleres: teatro radiofónico, laboratorio de radio e locución e expresión oral. O noso alumnado participou no taller de laboratorio de radio, xunto co alumnado do colexio de Rianxo, sesión que dirixiu Susana Bastón.
Pero, tamén tiveron a oportunidade de asistir a entrevistas, feitas por nenos e nenas, ao conselleiro Román Rodríguez, a xornalista Esther Estévez, a deportista Teresa Portela ou a profesionais do sector da radio como Ignacio Capeáns de Onda Cero, Andrea Oca de Radio Nacional, Kike Magnalena de Radio Galega...entre outros.
luns, 18 de novembro de 2024
Ler teatro na radio
Seguimos traballando nos obradoiro de radio📻
O obxectivo é fomentar novas técnicas para poñer en práctica na radio da biblio.
Nesta ocasión visitou a Casiña de Faiuco, Charo Pita, contacontos, actriz e escritora galega.
Ao fío da temática que nos propón Bibliotecas Escolares; o teatro, Charo fixo dúas sesións co alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º EP para levar a diversos contextos o teatro lido.
No noso caso, enfocado á radio.
Unhas sesións amenas coas que o alumnado puido achegarse ao teatro lido, un xénero literario que estamos a descubrir.
Como boa contacontos fixo unha sesión co alumnado de infantil. Algo diferente, rítmico, interactivo, entretido...dándolle forza á oralidade.
" O que funciona na oralidade está nos matices que poidas darlle á voz e aos xestos" afirma Charo Pita.
Moitas grazas Charo pola túa visita!!
"Contar non é aprender un texto de memoria, é facelo vivo"
xoves, 10 de marzo de 2022
8M "Educar na igualdade"
#radiocorpiño
- 2º entrega -
Nesta xornada tan intensa, non sÓ tivemos a visita de Maite e Ánxela, tamén nos visitaron dos xogadores do Club Deportivo Lugo.
Os reporteiros de Radio Corpiño desprazáronse ata a sala de prensa do Ceip Plurilingüe Virxe do Corpiño para entrevistar a Josep Señé e Xavi Torres. Na rolda de prensa, os xogadores compartiron cos xornalistas os seus principais hábitos de vida saudable e outras informacións salientables sobres as súas respectivas carreiras deportivas.

.jpeg)
.jpeg)







.png)
.jpeg)

.jpeg)

