Na xornada de hoxe fixemos o visionado dunha curta con "tinte cómico" sobre Rosalía de Castro, co fin de conmemorar a súa traxectoria como escritora e figura fundamental do rexurdimento galego.
Os nenos e nenas durante esta semana estiveron nas súas aulas preparándose para facer a curta da súa vida e obra. Un traballo feito e deseñado dende a mirada dos alumnos e das alumnas de Begonte.
Velaquí o resultado.
Grazas ao traballo en equipo, ás ganas, á ilusión e á creatividade saen actividades tan boas coma esta.
Parabéns polo traballo!!
Aproveitando que estábamos todos e todas na Casiña de Faiuco, entregamos os agasallos aos gañadores e gañadoras da actividade que fixemos polo Día da Escritura a Man sobre relatos curtos, frases disparatadas e palabrerías.
Noraboa aos gañadores e gañadoras e moitas grazas ao noso alumnado por poñer tanta ilusión nas propostas, así dá gusto.
Rematamos cuns versos de Rosalía de Castro sobre o poder da palabra, esas que a ela na súa época lle axudaron a reflexionar, desfogar, creer, protestar, contar...
" A palabra é a arma máis poderosa, capaz de destruír ou construír"
Ningún comentario:
Publicar un comentario