Amosando publicacións coa etiqueta 23F Día de Rosalía de Castro. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta 23F Día de Rosalía de Castro. Amosar todas as publicacións

mércores, 25 de marzo de 2026

Actividade interxeracional

 Con motivo do día de Rosalía de Castro, 23 de febreiro, os nenos e nenas de 1º e 2º EP traballaron coa obra da autora.

Deste xeito, comprobamos dunha forma moi especial que non hai idade para compartir versos da autora máis emblemática do Rexurdimento💚

O noso alumnado visitou o centro de día de Begonte para compartir unha mañá entre versos, emocións e moito agarimo cos nosos maiores 👵👴

Para os usuarios sentirse rodeados da enerxía dos peques estimula a súa memoria e mellora a súa autoestima.

No caso dos nenos e nenas aprenden valores de respecto e empatía, conectando coas raíces e escoitando as voces da experiencia.

Velaquí podedes escoitar os poemas que recitaron nesta actividade.


Moitas gracias a tod@s os usuarios do centro e as persoas que fixeron posible esta actividade, sempre é un pracer participar en iniciativas que poñan en valor a lectura, recitado, poesía, tradición...ao carón dos nosos maiores.



luns, 24 de febreiro de 2025

23 F: Día de Rosalía de Castro

 LIBERA E LE!

23 de febreiro, aniversario do nacemento de Rosalía de Castro, unha das grandes escritoras e poetas do Rexurdimento Galego.

Celebramos este día liberando poemas de Rosalía de Castro, cada grupo traballou con distintos versos, vivindo de novo na voz dos nenos e nenas a súa obra.

Esta actividade, programada ao carón do Equipo de Dinamización da Lingua Galega, versa sobre a idea de que os nenos e nenas coñezan a obra da escritora a través de xogos ou pistas, sempre adaptado á idade do alumnado.

 Polo que, os máis pequenos, valéronse de relacionar os versos coas ilustracións dos libros empregados para a actividade.

Que foron os seguinte:

 




E quedou unha actividade así de bonita 💚


"Unha xigante que non precisa respiración asistida, nin prantos, nin ritos florais. Os pulmóns da súa obra aférranse ao futuro e ínflanse coa forza dun país que respira cultura por cada fenda".

(Ledicia Costas no seu manifesto no Día de Rosalía) 

venres, 23 de febreiro de 2024

23F #DíadeRosalíadeCastro


Na xornada de hoxe fixemos o visionado dunha curta con "tinte cómico" sobre Rosalía de Castro, co fin de  conmemorar a súa traxectoria como escritora e figura fundamental do rexurdimento galego.

Os nenos e nenas durante esta semana estiveron nas súas aulas preparándose para facer a curta da súa vida e obra. Un traballo feito e deseñado dende a mirada dos alumnos e das alumnas  de Begonte.

Velaquí o resultado.


Grazas ao traballo en equipo, ás ganas, á ilusión e á creatividade saen actividades tan boas coma esta.

Parabéns polo traballo!!

Aproveitando que estábamos todos e todas na Casiña de Faiuco, entregamos os agasallos aos gañadores e gañadoras da actividade que fixemos polo Día da Escritura a Man sobre relatos curtos, frases disparatadas e palabrerías.

Noraboa aos gañadores e gañadoras e moitas grazas ao noso alumnado por poñer tanta ilusión nas propostas, así dá gusto.



Rematamos cuns versos de Rosalía de Castro sobre o poder da palabra, esas que a ela na súa época lle axudaron a reflexionar, desfogar, creer, protestar, contar...

" A palabra é a arma máis poderosa, capaz de destruír ou construír"



domingo, 12 de marzo de 2023

23F #DíadeRosalía

 

Morea de actividades para conmemorar este día no noso cole!




Se clicades na imaxe, podedes escoitar o recitado de poemas!






Así de ben o fixeron!


mércores, 23 de febreiro de 2022

Actividades do 23F

 

Co gallo do Día de Rosalía, na aula de sexto achegáronse á obra da nosa autora a través da "Negra Sombra" do seu libro Follas Novas (1880). Deixaron correr o maxín e o corazón para ver se un poema de hai case 150 anos tiña algo que lles dicir hoxe en día, e abofé que tiña!






Na aula de 4 anos, coñeceron o soño de cando Rosalía era pequeñina coma eles: ser pirata! Convertéronse en nenos e nenas valentes e fortes como era ela. Ademais, coñeceron o poema "Adiós ríos, adiós fontes" e ilustraron aquelas cousas as que se refire nel. As cousas que Rosalía botará de menos cando teña que marchar de Galicia: ríos, árbores, a súa mamá...).






Os peques de 3 anos, ensaiaron moito a canción de Rosalía pequeñina!






Os nenas e nenos de 5º, como non podía ser menos, hoxe adicaron a súa hora de ler a Rosalía coa obra de Teresa Candal, "rosalía de Castro."




tamén levaron a cabo actividades tic, co gallo de aprender máis sobre a súa vida.




En 5 anos, celebraron o seu día recreando un museo no seu nome, onde recolleron a súa profesión, algúns aspectos da súa vida, as obras máis importantes, e para lembrar que foi unha escritora que defendeu e valorou moito a lingua galega, escribiron as súas palabras galegas favoritas.






Dende a clase de relixión tamén fixeron unha pequena homenaxe a Rosalía e para iso traballaron o poema "Parece unha Rosa" que serviu de introdución á Coresma empregando a cor característica deste o tempo litúrxico. 




Ademais, a comida de hoxe, no comedor do noso cole, estivo tamén adicada a Rosalía! Os nosos cociñeiros preparáronnos un suculento "caldo de gloria" e os nosos peques de infantil, repartiron uns manteis doados pola Fundación Rosalía de Castro, iniciativa inspirada no poema "Miña casiña, meu luar". 






Os nenos de 3º e 4º, traballaron dous poemas de Rosalía de Castro, "Como chove miudiño" e "alborada".






Na clase de 1º e 2º, falaron de quen era Rosalía e viron un vídeo onde puidemos coñecer un pouco máis a súa vida e obra. 
Tamén, volveron cantar a canción "Rosalía pequeñina" que lles encantou!




Vídeo 



A nosa propia versión!




"Yo, sin embargo, soy libre, libre como los pájaros, como las brisas; como los árabes en el desierto y el pirata en la mar..."

Lieders (1858)


martes, 22 de febreiro de 2022

23F Día de Rosalía de Castro

 

Neste día de conmemoración á memoria de Rosalía de Castro, poetisa e novelista galega considerada entre os grandes poetas da literatura española do século XIX, repasamos a súa obra.





Sabiades que ten estrela a 240 anos luz da súa Terra?



Uns dos seus poemas máis coñecidos é  "Adiós ríos, adiós fontes".
Neste vídeo podémolo escoitar e ver!




O alumnado de 6º curso, decorou a entrada da "Casiña de Faiuco" con escritos das obras de Rosalía.





E ao longo do día seguiremos lembrándoa!