venres, 22 de marzo de 2024
21M Día Mundial da Poesía
martes, 19 de marzo de 2024
Cadea de Lectura
O 21 de marzo, conmemórase o Día Mundial da Poesía, e sabedes? a lectura de Martiño de 1º curso é un texto poético, lenos un anaco do poema "Labrego" dos "Soños na Gaiola" de Manuel María. Escoitámolo?
Moitas grazas Martiño por
compartir a túa lectura!
Prestade atención aos nomeados! Nesta ocasión, son Marcos de 2º curso e Sabela Lamas de Infantil.
A prepararse!
xoves, 14 de marzo de 2024
Cadea de Lectura
Temos lista para escoitar a lectura de Aroa de 2º curso! A que está moi ben acompañada?
A nomeada é a súa compañeira Uxía!
martes, 12 de marzo de 2024
A VOZ DO CORPIÑO
- O xornal de Faiuco -
A 3º ed. do xornal do cole xa na rúa!
O alumnado voluntariado de 5º e 6º curso, foi o encargado de repartilo á saída da escola!
domingo, 10 de marzo de 2024
8M #DíaInternacionaldaMuller
- Educar na igualdade -
Ao longo de todo o curso, traballamos en prol da igualdade de xénero, formando unha cidadanía crítica e responsable.
Dende a Biblioteca Escolar, coordinamos distintas actividades para conmemorar o #8M en relación ao noso proxecto Documental Integrado "Luces, cámara, acción... Rodamos con Faiuco!
O xoves 7 marzo, proxectamos a película "Valentina" da directora Chelo Loureiro.
Tal como anunciáramos, o venres 8, recibimos a visita de María Barro, unha das productoras do film.
Contounos a súa experiencia profesional e falounos sobre o rol da muller no cine.
Tamén compartiu con nós novos proxectos!
Ademais deste encontro, ao longo da semana e para conmemorar este día, os nenos e nenas fixeron distintas actividades de investigación sobre mulleres relacionadas co mundo do cine, reivindicando o seu labor.
Todo ese traballo foi compartido no mural do primeiro andar da nosa escola e na próxima edición da "Voz do Corpiño".
Semana da Prensa
Un ano máis, o Quiosco de Faiuco, en marcha!
Ao longo destes días, o noso alumnado traballou en distintas actividades relacionadas coas noticias e a prensa escrita.
Próximamente serán publicadas na "Voz do Corpiño",
o xornal da nosa mascota Faiuco.
Unha boa oportunidade para ler en familia!
martes, 5 de marzo de 2024
Cadea de Lectura
Seguimos sumando participantes á nosa cadea.
Nesta ocasión é a quenda de Irene e Uxía, as dúas escolleron contos que tiñan como personaxes principais animais.
No caso de Irene o conto titúlase " O elefante que non era elefante"
Imos escoitala!
Uxía, escolleu o conto " O gato que non quería ter pelo" Conseguirá librarse do pelo?
a ver que nos conta, estade atent@s!
Visitas "científicas" para visibilizar o 11F
- Experimentos na escola -
O alumnado de Educación Infantil gozou de tres sesións moi amenas da man de familias que propuxeron experimentos moi chulos.
Tal como anunciáramos, o obxectivo de planificar estos obradoiros é que os máis pequenos relacionen a ciencia coa vida cotiá. Aproveitamos o Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia para, precisamente, achegar aos nenos e nenas a este ámbito da man das súas familias.
Fixéronse tres experimentos moi diversos dende fabricar pintura ata observar a eficacia do xabón, pasando polo magnetismo.
💨Creamos pintura caseira con ingredientes e obxectos da nosa vida cotiá: fariña, auga, colorante alimenticio e unha fonte de calor, neste caso un ornillo.
Con moita paciencia e seguindo os pasos logramos unha pasta cunha textura moi suave que deixaba que debuxásemos no papel.
💨Logo, xogamos con imáns e vimos que dependendo de como os coloquemos pode ser que se queiran moito ( acábanse xuntando) ou que se odien ( afástanse). Descubrimos deste xeito a forza que exercen os polos.
Ademais, se colocamos nun recipiente auga e colocamos o imán nunha base que flote e acougamos un anaco, este indica onde está o Norte.
💨Finalmente, quedounos moi claro que hai que lavar as mans con auga e xabón. Aínda que ás veces non somos capaces a velos, temos moitos xérmenes e precisamos do xabón para defendernos deles.
Vímolo perfectamente ao deixar caer unhas cantas gotas de xabón nun prato que tiña pementa, a modo de bechos e bacterias, íanse todas a beiriña.