sábado, 30 de novembro de 2024

Fotografía Gastronómica

 "A ciencia é un xeito especial de coñecer o mundo que nos rodea"

Xuntamos a ciencia de fotografar e a ciencia que rodea á alimentación e sairon resultados exitosos 💥

Unha galería de fotos nas que o noso alumnado retratou alimentos en distintas versións, formas, tallados, representacións, posicións... 👀

Apostamos por este tipo de iniciativas na nosa biblioteca porque entendemos que é unha linguaxe máis que o alumnado debe manexar; unha linguaxe icónica 📷 que permite múltiples oportunidades de aprendizaxe para crear, deseñar, pensar, construír e aprender xuntos.

Un reto para crear inquedanzas e incertidumes e que os nenos e nenas, con axuda da familia, poidan solventar traballando con diferentes materiais, neste caso cos alimentos.

Este é o fabuloso resultado se mesturamos unha boa cantidade de creatividade, unha pizca de ilusión e un toque de traballo en equipo👭

Creatividade, fotografía e alimentos!!


Formamos un bo equipo!

A receita da felicidade

 A primeira sesión do club de lectura foi un éxito! 👏👏

Quen sabe cales son os ingredientes para a felicidade💕?

Pois, na despensa traballaron con máis de oitenta ingredientes. Cada un escolleu aqueles que eran máis compatibles para acadar a felicidade.

Isto, complicábase cando por grupos ou parellas se tiñan que poñer dacordo e quedarse cunha única receita. Nese instante, confortar as ideas de cadaquén de felicidade e escoller os " ingredientes" non foi doado. As ferramentas nese momento foron a argumentación, diálogo e negociación 👥

Na segunda parte da sesión botaron man de diferentes libros que definían a felicidade doutro xeito.


👉O principiño, Antoine de Saint- Exupery.

👉Lección de pesca, Heinrich Böll.

👉7 Hombres con bombín, Álex Nogués.

👉De mayor quiero ser feliz, Anna Morato.

👉O lobo feliz, Miguel Guido.


Familias, alumnado e profesorado participaron no proceso de creación da receita da felicidade.






Moitas gracias por vir á despensa!

martes, 26 de novembro de 2024

25 N

 Día internacional para a eliminación da violencia contra a muller 💜

Durante esta semana nas distintas aulas traballamos sobre a importancia de eliminar a violencia, en concreto cara nenas, mozas e mulleres.

Xa que, a días de hoxe, temos que seguir propoñendo accións para denunciar as inxustizas que sofren centos de mulleres. 

Queremos dicir ben alto " estamos fartas".😡

Ao fío disto, o alumnado de Educación Primaria participou no concurso de lemas para o 25N. Na exposición que se fixo ao carón das lecturas recomendadas, puidemos percibir a orixinalidade, rabia, boa intención, compromiso, reivindicación... das propostas.

Velaquí a mostra.


A maiores os nenos e nenas de 5º e 6º EP fixeron unha actividade na aula sobre as manifestacións máis visibles da violencia e as que pasan máis desapercibidas e son difíciles de detectar. 
A actividade chámase "O iceberg da violencia contra as mulleres"

Ao mesmo tempo o alumnado de Educación Infantil traballaba nunha liña máis cercana a súa realidade, os xogos e xoguetes. Os estereotipos de xénero que fomentan roles que favorecen as desigualdades.

A través de catálogos de xoguetes, os nenos e nenas facían unha primeira clasificación que despois de falar, debatir, expoñer experiencias propias...chegaron a conclusión de que NON HAI XOGOS NIN XOGUETES PARA NENOS OU NENAS.

Recibimos a invitación de participar nun acto que organiza o concello para conmemorar a importancia de eliminar calquera tipo de violencia cara a muller. 

Os nenos e nenas de 5º e 6º EP leron un pequeno manifesto e entre todos e todas elaboramos un lazo morado xigante colocando un tras outro os roliños de papel que fixéramos na escola. 

Cada roliño leva escrita unha palabra en positivo para erradicar a violencia.

Co minuto de silencio na praza, arroupados por veciños, familias e persoal do concello finalizou o acto.

Se queredes ver en imaxes a semana dedicada ao 25 N, dádelle ao Play.


SE DOE NON É AMOR 

(ROSA 4º EP)

  

xoves, 21 de novembro de 2024

Club de lectura

Estamos de inauguración!!
 😀
Co gallo de fomentar a lectura, traballar na importancia do hábito lector, compartir reflexións, implicar ás familias, intercambiar opinións....formamos un club de lectura 👪

A despensa, que será o nome que leve o club, tentará reunir ás familias do alumnado de 5º e 6º EP,  profesorado e os nenos e nenas da aula.
Serán sesións mensuais nas que os membros do club fan lecturas de libros, artigos, revistas...e logo organízanse actividades: debates, reflexións, xogos, mesas redondas, entrevistas, roteiros....

A primeira reunión será o martes 26 ás 12:45 na Biblioteca e Faiuco non perdeu oportunidade para anuncialo ao grande.


En breves, máis novas da despensa!





20N

Día internacional dos dereitos da Infancia
👦👧
A casiña de Faiuco volve a propoñer o visionado de curtas para reflexionar conxuntamente sobre os dereitos dos nenos e nenas.


Neste caso puxemos o foco de atención no dereito a unha alimentación saudable
Por dúas simples razóns:

👉 É un obxectivo da Axenda 2030, erradicar a fame.
👉 Permite reflexionar sobre os beneficios dunha alimentación saudable: evitar enfermidades, valorar a saúde e o benestar ou malgastar a comida. 

O que supón un reto máis para o noso PDI; buscar formas ou accións que poidamos levar a cabo para disminuír o desperdicio de alimentos.

A reflexión que fixo o noso alumnado deixou entrever que é un tema que preocupa e que traballaron nas aulas.
 Sendo así, no comedor escolar abrimos o concurso que propuxo Odi, o protagonista da curta.

Velaquí a mostra da sesión na nosa biblioteca








Loitamos polos dereitos dos nenos e nenas!!









martes, 19 de novembro de 2024

Mes da ciencia

Seguimos co concurso de Fotografía Gastronómica!!

Capturando pequenos momentos que se dan nas nosas cociñas: colocando a compra, elaborando receitas, facendo composicións artísticas con alimentos, momentos de cear ou almorzar, servindo...

Están chegando fotos moi chulas e orixinais.😀

Pero, por si algún de vós ten dúbidas ou non sabe por donde tirar....TRANQUILOS!!

Faiuco escolleu algunhas fotos que hai na rede para que vos sirvan de inspiración👀

Que vos parecen estas?







Agora, é a vosa quenda!!
Non esquezas poñerlle título a túa foto.

luns, 18 de novembro de 2024

Ler teatro na radio

 Seguimos traballando nos obradoiro de radio📻

O obxectivo é fomentar novas técnicas para poñer en práctica na radio da biblio.

Nesta ocasión visitou a Casiña de Faiuco, Charo Pita, contacontos, actriz e escritora galega.

Ao fío da temática que nos propón Bibliotecas Escolares; o teatro, Charo fixo dúas sesións co alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º EP para levar a diversos contextos o teatro lido. 

No noso caso, enfocado á radio.

Unhas sesións amenas coas que o alumnado puido achegarse ao teatro lido, un xénero literario que estamos a descubrir.


Como boa contacontos fixo unha sesión co alumnado de infantil. Algo diferente, rítmico, interactivo, entretido...dándolle forza á oralidade.

" O que funciona na oralidade está nos matices que poidas darlle á voz e aos xestos" afirma Charo Pita.



Moitas grazas Charo pola túa visita!!

 "Contar non é aprender un texto de memoria, é facelo vivo"


venres, 8 de novembro de 2024

Radio na Biblio

Seguimos emitindo en Radio Corpiño, un ano máis estamos dentro do programa "Radio na Biblio" 👏

A Casiña de Faiuco busca dotar ao noso alumnado de diferentes técnicas e habilidades para favorecer a alfabetización múltiple, polo que Radio Corpiño proporciona diversas posibilidades para o desenvolvemento das competencias clave.

Tanto é así que o obradoiro que impartiu Sole Felloza na nosa biblioteca axudará ao alumnado a mellorar a narración oral, a súa oratoria.

Sole Felloza é actriz, contadora de historias, fotógrafa, escritora...o perfil ideal para axudar aos nenos e nenas a difundir e comunicar cada vez mellor.

Velaquí algunha foto das sesións que se fixeron este xoves na biblio.




Moitas gracias Sole por compartir con nós estas sesións tan enriquecedoras.

Apostamos pola alfabetización mediática e informacional!

mércores, 6 de novembro de 2024

Fotografía gastronómica

Novembro é o mes da ciencia 
E no cole imos celebralo da man da fotografía e os alimentos, como o vedes?

Retratar de forma chamativa, suxerente, creativa e orixinal alimentos ou pratos elaborados, vai ser o noso obxectivo.

Será verdade eso que din "que comemos polos 👀"?? o que vemos con cores alegres, atractivas, con boa presentación...chama a nosa atención.
É agora o momento de fotografiar eses pratos ou alimentos!!
Participa no concurso
👇




Esperamos as vosas fotos!!