luns, 24 de marzo de 2025

Cadeira Vermella

 Os nenos e nenas de Infantil seguimos realizando os préstamos de contos. 

Unha actividade da que gozan moito xa que comparten coas súas familias as historias e permítenos potenciar bos hábitos cara a lectura📚

Pero non só iso, logo, eles mesmos volven a contarlles a historia aos seus compañeiros e compañeiras. Nesta ocasión, Valeria, sentou na cadeira vermella para falarlles das formigas.

Como será un día nun formigueiro? 🙆 


Pois si, as formigas son moi traballadoras e non paran un só segundo 🕖


Moi ben Valeria, bo traballo 👏


Ningún comentario:

Publicar un comentario