martes, 24 de xuño de 2025

Exposición PDI: Mercado de Faiuco

 Para rematar este curso a Casiña de Faiuco organizou un mercado con distintos postos para mostrar o resultado do traballado durante o curso 😊

Unha exposición moi visual e atractiva na que o alumnado foi o protagonista das explicacións, con moito orgullo cada grupo de nenos e nenas expuxo diante das familias as achegas do PDI " Oído Cociña!"

 
 
  
 Pero antes... pinchade no seguinte vídeo porque tedes que coñecer que é o que dixeron os nosos nenos e nenas sobre a temática do proxecto, aló polo mes de outubro.
 🔊🔊🔊 
 
👏👏👏👏👏👏 

Agora si!!

A que conclusións chegamos? pois só hai que ir a cada posto do mercado para coñecelo.


 Moitas gracias a todos os nenos e nenas pola súa implicación e colaboración neste proxecto. Tamén agradecer ás familias por permanecer sempre ao noso carón 💗

 

Para o ano, máis e mellor 😍


Vémonos á volta das vacacións, feliz verán 🌞


 

martes, 3 de xuño de 2025

Obradoiro de queixo

O luns fixemos queixo no cole!!

Dentro do noso proxecto, Oído cociña! coñecemos o proceso de elaboración de moitos alimentos e incluso traballamos arreo para conseguir na Hortiña de Faiuco ricas verduras.

Por iso, formar parte do proceso de elaboración do queixo axudounos a:

📌 Achegarnos á ciencia, é un proceso químico.

📌Vivenciar unha nova experiencia sensorial.

📌Reforzar conceptos como os alimentos derivados do leite ou recoñecer a importancia dos lácteos na nosa dieta.

📌 Elaborar unha receita, paso a paso.

📌Coñecer un novo ingrediente, o callo.


Velaquí as fotos do obradoiro.












Graciñas Maria, nai de Martiño e Sabela, por vir compartir con nós esta xornada!!

luns, 2 de xuño de 2025

Afianzando a nosa identidade

 Xa a piques de poñer o punto e final a este curso, toca facer a exposición do traballo realizado dentro da Microrrede de Bibliotecas Escolares da Terra chá.

"Afianzando a nosa identidade" en prol de conservar a nosa riqueza cultural, en concreto a toponímia.

 Unha recopilación de mostras para valorar o noso patrimonio, a propia identidade de cada lugar, a historia á que vai vencellada, a persoeiros... que co paso do tempo tende a perderse pola falta de conservación dos costumes tradicionais.

Estes pequenos proxectos xunto con grandes iniciativas como Galicia encantada, Galicia nomeada ou persoas a título persoal que recollen tradicións, nomes de lugares, oficios, lendas, referencias mitolóxicas... axudan a preservar a nosa cultura.

Se é do voso interese, a exposición está aberta a toda a comunidade educativa. 

Convidámosvos a visitala👇


A nosa aportación estivo baseada nos roteiros fotográficos 📷que fixemos polo noso Concello, mostrando as esculturas como " Anacos do Belén". Ademais de facer unha recopilación das lendas que rodean un dos lugares máis misteriosos da nosa contorna, o Pozo do Ollo.
Quixemos facer unha exposición do que nos rodea a través da mirada dos nosos nenos e nenas, co caderno de campo, coa axuda de fotografías, réplicas das esculturas, planos sinxelos, herbarios..

Nas seguintes fotos podedes observar algúns dos traballos dos 14 centros que participamos.
Dende aquí, parabéns a todos os grupos de traballo polos resultados obtidos👏👏👏









Seguiremos co noso legado, afianzando a nosa identidade!!