Amosando publicacións coa etiqueta Toponímia. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Toponímia. Amosar todas as publicacións

luns, 2 de xuño de 2025

Afianzando a nosa identidade

 Xa a piques de poñer o punto e final a este curso, toca facer a exposición do traballo realizado dentro da Microrrede de Bibliotecas Escolares da Terra chá.

"Afianzando a nosa identidade" en prol de conservar a nosa riqueza cultural, en concreto a toponímia.

 Unha recopilación de mostras para valorar o noso patrimonio, a propia identidade de cada lugar, a historia á que vai vencellada, a persoeiros... que co paso do tempo tende a perderse pola falta de conservación dos costumes tradicionais.

Estes pequenos proxectos xunto con grandes iniciativas como Galicia encantada, Galicia nomeada ou persoas a título persoal que recollen tradicións, nomes de lugares, oficios, lendas, referencias mitolóxicas... axudan a preservar a nosa cultura.

Se é do voso interese, a exposición está aberta a toda a comunidade educativa. 

Convidámosvos a visitala👇


A nosa aportación estivo baseada nos roteiros fotográficos 📷que fixemos polo noso Concello, mostrando as esculturas como " Anacos do Belén". Ademais de facer unha recopilación das lendas que rodean un dos lugares máis misteriosos da nosa contorna, o Pozo do Ollo.
Quixemos facer unha exposición do que nos rodea a través da mirada dos nosos nenos e nenas, co caderno de campo, coa axuda de fotografías, réplicas das esculturas, planos sinxelos, herbarios..

Nas seguintes fotos podedes observar algúns dos traballos dos 14 centros que participamos.
Dende aquí, parabéns a todos os grupos de traballo polos resultados obtidos👏👏👏









Seguiremos co noso legado, afianzando a nosa identidade!!
 


mércores, 28 de maio de 2025

Taller de Volume con barro

 Cando se inicia un traballo ou investigación sempre aparecen sorpresas, retos, dificultades, atrancos... que en tódolos casos supoñen un aprendizaxe máis.

E isto foi o que nos pasou a nós. Si!! apareceu unha sorpresa no medio da investigación sobre as esculturas de madeira que temos no noso Concello.

Coñecemos a César Lorenzana👏, o escultor que tallou cada peza.

Unha bonita sorpresa que nos brinda novas posibilidades na liña de traballo trazada.

César Lorenzana foi o escargado de tallar as 19 esculturas que expanden " O Belén de Begonte" polas distintas parroquias. Cada escultura ten unha relación directa co nacemento pero tamén coas tradicións do rural galego.

Convidámolo a nosa escola e apareceu unha nova sorpresa 😮, propúxonos facer un taller co barro extraído da Canteira de Begonte.

Conseguimos ter no obradoiro o barro e os nenos e nenas iniciáronse na escultura con axuda deste material natural.


Divertímonos moito modelando barro!!

Finalmente, representantes dos grupos de 1º a 4º EP puideron entrevistar ao artista na Radio Corpiño📻

Pinchade no enlace para escoitala🔈🔉🔊

Entrevista a César Lorenzana

Roteiro Fotográfico

 Dende o curso pasado, en colaboración co EDLG, estamos a traballar na toponímia de Begonte.

A idea está vencellada coa nosa participación na exposición que organiza a Microrrede da Terra Chá para participar na conservación da toponímia galega.

O noso alumnado está a investigar sobre as 19 esculturas que hai espalladas polas distintas parroquias do Concello, coa idea de dar a coñecer a súa historia.

Polo que, planificar un roteiro fotográfico vai como anel ao dedo😃

Estamos relativamente preto das esculturas, contamos cos dispositivos necesarios📷, hai ilusión por camiñar e coñecer cada recuncho da nosa contorna, estamos motivados coa exposición final e aínda por riba imos visibilizar o noso patrimonio cultural.

Tendo cada quen claras as tarefas que deben realizar durante o roteiro, poñémonos en marcha.


Prontiño, poderedes ver a exposición final.

Camiñamos xunt@s para conservar a nosa toponímia!


mércores, 7 de maio de 2025

O camiñante das Botas

 O alumnado de Educación Infantil para participar na actividade sobre toponimia fixo o seu roteiro.

A través dunha carta de Faiuco, que lles propuxo un reto, comezamos a indagar sobre a escultura escondida.

Faiuco deixoulles na porta das aulas un pequeno plano, da contorna da escola. Nel estaban marcados lugares coñecidos polos nenos e nenas, tales como a igrexa, o parque, a escola infantil...que lles axudaban a situarse.

Pero non só o vimos no mapa, saímos ao exterior.

A escultura do camiñante de botas está ao carón do famoso " Belén de Begonte " e forma parte das 19 esculturas que están espalladas polas parroquias do noso concello.

E con moito éxito chegamos ao noso obxectivo!!



E así, cos primeiros pasos, comezan as actividades sobre o plano da nosa contorna,