mércores, 28 de maio de 2025

Roteiro Fotográfico

 Dende o curso pasado, en colaboración co EDLG, estamos a traballar na toponímia de Begonte.

A idea está vencellada coa nosa participación na exposición que organiza a Microrrede da Terra Chá para participar na conservación da toponímia galega.

O noso alumnado está a investigar sobre as 19 esculturas que hai espalladas polas distintas parroquias do Concello, coa idea de dar a coñecer a súa historia.

Polo que, planificar un roteiro fotográfico vai como anel ao dedo😃

Estamos relativamente preto das esculturas, contamos cos dispositivos necesarios📷, hai ilusión por camiñar e coñecer cada recuncho da nosa contorna, estamos motivados coa exposición final e aínda por riba imos visibilizar o noso patrimonio cultural.

Tendo cada quen claras as tarefas que deben realizar durante o roteiro, poñémonos en marcha.


Prontiño, poderedes ver a exposición final.

Camiñamos xunt@s para conservar a nosa toponímia!


Ningún comentario:

Publicar un comentario