martes, 20 de maio de 2025

Letras Galegas



  Axúdame, compañeira,

axúdame, camarada, 

axúdame, compañeira

a facer a foliada.

Este 17 de Maio, celebramos o Día das Letras Galegas para facer unha homenaxe moi especial a nosa poesía tradicional oral.

Aínda que se poñen os nomes de algunhas mulleres: Alfonsina e Rosa Casás Rama, Eva Castiñeira Santos, Manuela Lema, Teresa García Prieto e Prudencia e Asunción Garrido Ameixenda, integrantes das Pandereteiras de Mens, poderíamos poñer moitos outros nomes das tantas que hai espalladas por Galicia.

A intención da Real Academia Galega é recoñecer o valor das mulleres na preservación da transmisión da nosa cultura. Valorando así o ritmo das cantigas, a sororidade, a retranca galega, os instrumentos de acompañamento, a poesía oral... 

Na escola estivemos facendo un traballo de recopilación de cantigas da nosa contorna que expuxemos nun Tendal da Poesía. Unha exposición que mostra a expresión cultural que nos caracteriza.

Velaquí o enlace á publicación👇

Tendal da Poesía

Ademais, aproveitando os carteis de mostra "Cantareiras: poesía popular oral" que recibimos no colexio, realizamos pequenas tarefas que fomos expoñendo no noso mural.


Infantil A, fixo unha foliada na aula, achegándose aos instrumentos tradicionais e aos seus sons. 


Infantil C, colocou cantigas en pandeiretas. Recollendo así a poesía tradicional oral da contorna.


O alumnado do 1º ciclo traballou coas tarefas propostas nos carteis da mostra- exposición.
Recuperando letras que faltaban dalgunhas cantigas, realizando laberintos ou caricaturas para coñecer as nosas pandereteiras, decorando panderetas ao gusto dos nenos e nenas, achegáronse polo miúdo ás partes dalgún instrumento, recoñeceron estilos musicais como a xota, muiñeira ou valse, localización das provincias galegas, recoñecer árbores xenealóxicas... entre outas moitas.



Os escolares de 3º e 4º EP fixeron un cartel para anunciar a romería dos Milagros de Saavedra, para animar a xente a vir e participar nas actividades.
 
 

E por último, os alumnos e alumnas do terceiro ciclo EP traballaron na banda deseñada coa figura das pandereteiras.


E o venres, para rematar a semana, reunímonos na Casiña de Faiuco para gozar da música tradicional galega da man de cantigas, da nosa recopilación, pero tamén de instrumentos como a zanfona, pandeireta, pandeiro ou cunchas. 

Aínda que, hai obxectos que as nosas mulleres tocaban sen ser propiamente instrumentos: tapas de potas, rascando unha botella, cunha lata de pimentón... calquera cousa era válida para facer unha foliada.

E xa para rematar o acto, o mestre Álvaro, fixo unha pequena actuación que nos permitiu gozar de cántigos e sons propios da nosa cultura.

Picade no vídeo para escoitar as nosas cantigas 😊




Moitas gracias Álvaro, aprendemos un montón!!

Salvagardemos o legado poético!!

EDLG



Ningún comentario:

Publicar un comentario