sábado, 8 de maio de 2021

O QUE APRENDEMOS SOBRE GUATEMALA


 Mirade canto aprendemos sobre Guatemala!


Educación Infantil e 1º-2º-3º de Educación Primaria



4º-5º-6º  de Educación Primaria




xoves, 6 de maio de 2021

VISITA DE CHELO

    Hai uns días recibimos de novo a visita de Chelo, asesora de Bibliotecas Escolares.

   Coma sempre, tróuxonos material informativo e, por suposto, un libro que xa tedes á vosa disposición na sección de novidades. Ademais, deunos moitas ideas para crear unha biblioteca molona e actualizada.



    A ela tamén lle gustou moito o deseño de biblioteca que queremos implantar o próximo curso e na que desexamos contar coa colaboración de toda a comunidade educativa.


      Moitas Grazas por todo, Chelo ! Esperamos verte pronto!

CLUB DE LETRAS. A CONCIENCIA EMOCIONAL

      Traballando a conciencia emocional adquirimos vocabulario emocional que

 nos facilitará a comunicación, a expresión e a identificación de emocións e

 sentimentos.

     Comezamos vendo o documental "El viaje del Emperador"; a continuación,

 realizamos varias actividades de reflexión sobre algunhas situacións

 significativas deste.

https://www.documaniatv.com/naturaleza/el-viaje-del-emperador-video_27bf389eb.html


Este documental amosa a impresionante marcha de centos de pingüíns emperador que cada ano percorren máis de 100 quilómetros desde a costa ata o interior da Antártica, desafiando o frío inverno, perigos e o axexo de depredadores, para chegar ao lugar de apareamento e onde poñen os seus ovos.
Logo, mentres os pais quedan a cargo de incubar en espera do nacemento das crías, as nais camiñan cara á costa en busca de alimento para regresar novamente onde as súas familias a relevar aos pais e alimentar aos pequenos pingüíns.


No vídeo podedes ver  un resumo do noso traballo.


martes, 4 de maio de 2021

FAIUCO VIAXA AO REINO UNIDO

                                          Hi, children!

   Estou practicando Inglés porque vou visitar O Reino Unido ou, mellor dito, The United Kingdom.

    A familia de Lucy de 6º e Ellie de 5º é orixinaria de alí. Elas si que falan ben English!



E a vós xa sabedes o que vos toca:
 investigar, investigar e investigar.






luns, 3 de maio de 2021

CONCURSO DE LECTURA EN VOZ ALTA DO CONCELLO DE BEGONTE

 

I CONCURSO DE LECTURA - DÍA DO LIBRO 2021

A Concellería de Cultura,Deportes e Educación do Concello de Begonte,organizou o" I Concurso de lectura en voz alta"para conmemorar o Día do Libro.

                                     

As/os participantes tiveron que facer unha pequena gravación de audio ou vídeo lendo un fragmento dunha obra de libre elección.


Parabéns a Lucy e a Hugo de 6º e 4º de Educación Primaria,respectivamente,gañadores dun premio especial!

E moitas felicitacións tamén a Rocío, nai de Carmen e Julia,gañadora da categoría B!




Parte do alumnado do noso cole posando coa súa medalla e a súa certificación de participación.

ASÍ CELEBRAMOS O DÍA DO LIBRO

  Por fin chegou o momento de pasar un bo rato coas divertidas actividades feitas polo alumnado do noso cole para conmemorar o Día do Libro.

EDUCACIÓN INFANTIL

Uns fenómenos! Ides escachar de risa!





1º, 2º E 3º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

Miguel de Cervantes estaría orgulloso destes grandes artistas!



                        

            
 
                  


4º e 5º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

Booktubers nivel Pro...




6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

Depor ou Celta?  Cervantes ou Shakespeare?

That is the question!




domingo, 2 de maio de 2021

DÍA MUNDIAL CONTRA O ACOSO ESCOLAR

     O 2 de maio celébrase o Día Internacional contra o "Acoso Escolar" ou "Bullying", co obxectivo de concienciar sobre os riscos deste, así como de buscar os mecanismos para evitalo dado que se converteu nun terrible perigo para a poboación infantil e xuvenil.A data foi establecida por asociacións de  nais e pais e diversas organizacións non gobernamentais.
      O "bullying" ou "acoso escolar" é a forma de comportarse con outra persoa, xa sexa de palabra ou fisicamente, causando un dano temporal ou permanente na vítima.A persoa acosada sofre ameazas, insultos, agresións físicas, etc. por parte dun ou máis individuos.
     Segundo estudos realizados por UNICEF, unha alta porcentaxe de nenas e nenos en todo o mundo sofre de acoso escolar.