luns, 20 de xaneiro de 2025

Imos ao Gadis!

 A semana pasada o alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º EP visitaron as instalacións do supermercado Gadis, no polígono do Ceao.

O noso proxecto avanza con pasos firmes e que mellor motivación que facer unha saída na que sigamos coñecendo máis sobre a alimentación.

Pero si queremos cociñar, primeiro hai que ir mercar os productos, imos aló!!👌

Na visita ao supermercado puidemos indagar máis polo miúdo os beneficios de respectar as premisas do chamado prato Harvard 🍴, que nos axuda a manter a nosa alimentación o máis equilibrada posible, coñecendo as porcións nas que se divide.

Ademais hai que buscar os mellores alimentos, a ser posible frescos, sostibles e saudables que podemos atopar na froitería, peixería ou carnicería. Polo tanto, é importante coñecer as seccións nas que se divide o supermercado.

E non podemos esquecer☝, facer unha compra amigable co medioambiente 🌍. Por iso, é bo saber o que é a cadea dos alimentos dende a súa orixe e valorar os productos de proximidade.

Pois non queda dúbida, facer a compra implica unha tarefa de reflexión, atención, coñecemento e consciencia sostible pois debemos buscar unha alimentación saudable pero tamén respectuosa coa nosa contorna.

Gadis, co seu programa "Alimentes" axuda a que os máis pequenos dos fogares adquiran un hábito e compromiso coa importancia de coidar a nosa alimentación.

Velaquí o resumo da saída


Namentras un grupo facía a súa visita ao Gadis, outro grupo paseaba polo centro comercial 😜







luns, 13 de xaneiro de 2025

Cadeira Vermella

  Os nenos e nenas de Educación Infantil seguen a gozar das súas sesións na Casiña de Faiuco, contando as historias dos contos que levan as súas casas.

Nesta ocasión era a quenda de Irati, de 3 aniños, que levantou a man para facer a Cadeira Vermella pero.... a vergoña, os nervios, a presión das miradas e non sei cantas máis cousas lle pasaron pola cabeza que non se viu con forzas.

Pero, se algo temos claro é que hai que axudar 👥

 Ares, moi voluntarioso, fixo que a historia puidera contarse.

Traballo en equipo, non si?

Non hai moito máis que dicir, escoitade a esta parella contando a historia  dunha dragona con moi mal espertar 😉

Recomendación: 🔈🔉🔊


Mil grazas Irati e Ares por compartir con nós esta historia!


xoves, 9 de xaneiro de 2025

Nadal

 Xa cos pés no segundo trimestre temos que dar por rematado o Nadal.

Durante estas datas Faiuco estivo moi alterado e sacou o seu lado máis travieso. Cada día, comezábamos a mañá con este trasno facendo das súas e anunciándonos que ía pasar durante o día.

Dende o 9 de decembro ata o 20 de decembro, pasou todo isto:


Tamén houbo rato para visitar a cociña, con motivo do noso proxecto "Oído cociña!" investigamos sobre as sobremesas de Nadal de diferentes países e coñecemos varias receitas, todas moi doces.
😋
 


Aproveitamos que chegara ao polo creativo a cortadora láser e deseñamos unhas bólas de Nadal. Deste xeito os máis pequenos do cole levaron de recordo para a súa árbore unha boliña decorada por eles.

Quedaron moi chulas!! 

😍



 


Tamén houbo, CINE NA BIBLIO 🎦" AQUELLA NAVIDAD" foi a película que escollemos.


E xa para rematar, fixemos entrega dos premios dos concursos feitos nestre primeiro trimestre 😀


 

Poñemos fin ao Nadal!!



venres, 20 de decembro de 2024

Recomendacións lectoras

 O tempo pasa moi rápido e xa rematamos o primeiro trimestre deste curso😀

Faiuco non quere perder esta oportunidade para propoñervos libros, contos e diferentes xogos para estas vacacións de Nadal.

Sempre é un bo momento para ler ou xogar coa familia, gozar co tempo que pasamos xuntos e coleccionar bonitos recordos 💗

Velaquí as recomendacións de Faiuco


Felices vacacións!!


martes, 10 de decembro de 2024

Biblioteca Creativa

 A Casiña de Faiuco está dentro do proxecto 

"Bibliotecas Creativas"!! 👏

Tendo en conta a realidade actual, as alfabetizacións múltiples, as nosas bibliotecas escolares teñen que evolucionar cara  espazos cooperativos que  alberguen todo tipo de linguaxes e ofrezan ao alumnado oportunidades de aprendizaxe.

Unha biblioteca creativa é aquela que está dotada de espazos e recursos que permitan aos nenos e nenas experimentar, indagar, crear, construír, programar, deseñar... deixando atrás o concepto de biblioteca como lugar de lectura silenciosa, recollemento e un espazo de culto aos libros.

A nosa biblioteca camiña con paso forte para lograr ser un laboratorio de aprendizaxes, tanto cos recunchos e recursos cos que dispón como pola diversidade de actividades e obradoiros que se levan a cabo.

Este paso supón maior dotación e máis posibilidades, ideas e oportunidades de aprendizaxe.



Faiuco, sempre apostou pola creatividade!



luns, 9 de decembro de 2024

Cadeira Vermella

Cada vez que subimos co alumnado de Educación Infantil á biblioteca corroboramos que os contos teñen unha maxia especial.

A ilusión e o cariño con que os nenos e nenas contan a historia do libro que levaron para a casa é unha mostra máis da importancia de crear un hábito lector e fomentar nos máis pequenos o gusto pola lectura, polos contos, por contar historias, por escoitar....

E como non, Uxía de 3 aniños fixo a súa primeira "Cadeira Vermella" así de ben.


Non hai mellor maneira de comezar a historia, verdade?

Mirade, así de atentos e atentas escoitaban os seus compañeiros e compañeiras a historia do Monstruo Rosa.


Moitas gracias Uxía!!




luns, 2 de decembro de 2024

Cadeira vermella

 Os nenas e nenas de EI narran as historias dos seus contos favoritos na Cadeira Vermella 

Unha forma máis de fomentar o gusto pola lectura, escoita activa, expresión oral e potenciar a adquisicón do hábito lector.

O primeiro en presentarse voluntario foi Enzo, 5 anos, que levou para a súa casa o conto " Un día en la sabana" , co que coñecemos como era o día a día dalgúns animais africanos.

Escoitade con atención tódolos detalles que narra Enzo. 

Subide o volume 🔈🔉🔊


Moitas gracias Enzo!!