luns, 31 de xaneiro de 2022
Con compromiso e ilusión abrimos as portas da "Casiña de Faiuco"
30 de Xaneiro - Día da Ilustración
No Espazo Maker
Os nenos e nenas de de 1° e 2°, viaxaron polo mundo, cruzaron o Atlántico e chegaron a México para descubrir a historia e obra da pintora latinoamericana máis recoñecida pola arte, Frida Khalo.
A través dun código QR visitaron o seu museo e descubriron as súas obras.
xoves, 27 de xaneiro de 2022
Xornadas de formación
Iniciamos as Xornadas de formación con Rosa piquín, propulsora dos Proxectos documentais integrados (PDI).
A longo dos anos, a súa proposta foi asentándose e fortalecendo un modelo de ensino acorde á sociedade actual.
Tal como explica, os PDI, son proxectos porque se desenvolven mediante unha metodoloxía activa e colaborativa. Son documentais, porque a partir dos fondos que atesouran as nosas bibliotecas escolares, os nenos e nenas constrúen o seu coñecemento, son capaces de ser creativos e de comunicar o que entenden. E son integrados porque ademais permiten integrar aprendizaxes de diferentes disciplinas e serven para achegar o mundo escolar a vida diaria.
Todo o equipo da biblioteca estivo presente nestes días de formación.
Moitísimas grazas Rosa!
mércores, 26 de xaneiro de 2022
O xornal da xente miúda!
O seu recuncho lector
Así de concentrados coa lectura o estrearon!
Vacío

Educación Emocional e Habilidades Sociais
Dentro do Proxecto Documental Integrado e tendo en conta o OSD 3 Saúde e benestar, seguimos avanzando no desenvolvemto emocional do noso alumnado. "Coñecernos máis a nós mesmos e aos demais para potenciar a nosa autoestima e mellorar a convivencia".