xoves, 30 de xaneiro de 2025

Día da paz e da non violencia

  "O camiño cara a paz comeza pola alimentación"

o 30 de Xaneiro celebramos o día da non violencia e a paz, defendendo unha educación inspirada nunha cultura pacífica para que o noso alumnado adquira coñecementos, actitudes e competencias que reforcen o seu desenvolvemento como cidadáns críticos e comprometidos.

A Axenda 2030 plantea 17 obxectivos para transformar o mundo, no que escola ten un papel fundamental.

Un mundo 🌎 no que a pobreza, a fame, a falta de conciencia no consumo responsable, as desigualdades, as guerras, as tensións entre comunidades...están á orde do día, non será nunca PACÍFICO.

O noso alumnado fixo unha reflexión moi interesante, enmarcada no noso proxecto " Oído Cociña" 🍴




Camiñamos cara a paz!!

luns, 27 de xaneiro de 2025

Pastillero Inteligente

SUPER RETO DIGICRAFT!

As nenas e nenos de 5º e 6º de Primaria quixeron participar no Super Reto Digicraft.

Nesta convocatoria, o reto proposto foi crear unha maqueta interactiva e sostible para axudar a aqueles colectivos propensos a ter un acceso desigual ás Tecnoloxías da Información e da Comunicación (TIC) a superar a fenda dixital.

A solución aportada consistiu nunha caixa para pastillas intelixente, a cal facilitaría tomar correctamente a medicación diaria a persoas maiores e/ou con algún tipo de discapacidade auditiva ou visual. Dito prototipo contribuiría tamén a acadar o ODS 10 da Axenda 2030: a redución das desigualdades.



Bo traballo, rapazada!

 

Letras culinarias

 O 23 de Xaneiro, é o día da escritura a man 📃

A necesidade desta conmemoración ten a súa orixe en valorar os beneficios de escribir a man, unha ferramenta necesaria para o desenvolvemento cognitivo e motor.

Sendo ademais, a caligrafía, unha sinal de identidade de cada persoa, pois é única, particular, propia e significativa.

A escritura manuscrita potencia:

👉 A activación da memoria.

👉 Favorece a creatividade.

👉 É unha excelente forma de expresar sentimentos, emocións, vivencias, pensamentos....

👉 Axuda a que as aprendizaxes sexan eficientes.

👉Mellora a motricidade fina e a coordinación óculo- manual.

👉 Fortalece a concentración

Por iso, en relación co noso proxecto " Oído Cociña" traballamos con caligramas.

Achegándonos así ao valor estético do texto, a idea de debuxar con palabras, á forza da imaxe para transmitir ideas, experimentar coa caligrafía.... todo isto mantendo unha idea común: coñecer máis sobre algún alimento: froitas, verduras...

O resultado quedou moi vistoso, mostrando unha beleza estética dos nosos textos

 

 Escribir a man tamén na era dixital!

xoves, 23 de xaneiro de 2025

Cata de froitos

Os nenos e nenas de Educación Infantil traballan arreo no proxecto "Oído cociña".

Todo o que sexa manipular, argallar, facer transvases, fedellar con aparellos, amasar, indagar, observar, manipular.... somos uns auténticos expertos na materia 👍

É por iso que, coincidindo coas estacións do ano, facemos catas ou degustacións 👅de froitos de tempada.

Comezamos no Outono, alá por Outubro, coa mazá, granada e caqui.

Os sabores, a textura, a forma e incluso as cores son diferentes en cada unha delas, e así o comprobaron eles.





Agora, no Inverno, demos un pasiño máis e con cítricos desta época fixemos zumes🍹

O primeiro foi coñecer o seu nome e indagar sobre as cores do interior, o seu sabor, a textura da pela.... porque do pomelo🍑e da lima🍈sabíamos menos que da laranxa 🍊.
E logo, mans á obra co espremedor!!









E por suposto, hai que rexistrar as nosas preferencias!





Seguimos traballando!!














luns, 20 de xaneiro de 2025

Imos ao Gadis!

 A semana pasada o alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º EP visitaron as instalacións do supermercado Gadis, no polígono do Ceao.

O noso proxecto avanza con pasos firmes e que mellor motivación que facer unha saída na que sigamos coñecendo máis sobre a alimentación.

Pero si queremos cociñar, primeiro hai que ir mercar os productos, imos aló!!👌

Na visita ao supermercado puidemos indagar máis polo miúdo os beneficios de respectar as premisas do chamado prato Harvard 🍴, que nos axuda a manter a nosa alimentación o máis equilibrada posible, coñecendo as porcións nas que se divide.

Ademais hai que buscar os mellores alimentos, a ser posible frescos, sostibles e saudables que podemos atopar na froitería, peixería ou carnicería. Polo tanto, é importante coñecer as seccións nas que se divide o supermercado.

E non podemos esquecer☝, facer unha compra amigable co medioambiente 🌍. Por iso, é bo saber o que é a cadea dos alimentos dende a súa orixe e valorar os productos de proximidade.

Pois non queda dúbida, facer a compra implica unha tarefa de reflexión, atención, coñecemento e consciencia sostible pois debemos buscar unha alimentación saudable pero tamén respectuosa coa nosa contorna.

Gadis, co seu programa "Alimentes" axuda a que os máis pequenos dos fogares adquiran un hábito e compromiso coa importancia de coidar a nosa alimentación.

Velaquí o resumo da saída


Namentras un grupo facía a súa visita ao Gadis, outro grupo paseaba polo centro comercial 😜







luns, 13 de xaneiro de 2025

Cadeira Vermella

  Os nenos e nenas de Educación Infantil seguen a gozar das súas sesións na Casiña de Faiuco, contando as historias dos contos que levan as súas casas.

Nesta ocasión era a quenda de Irati, de 3 aniños, que levantou a man para facer a Cadeira Vermella pero.... a vergoña, os nervios, a presión das miradas e non sei cantas máis cousas lle pasaron pola cabeza que non se viu con forzas.

Pero, se algo temos claro é que hai que axudar 👥

 Ares, moi voluntarioso, fixo que a historia puidera contarse.

Traballo en equipo, non si?

Non hai moito máis que dicir, escoitade a esta parella contando a historia  dunha dragona con moi mal espertar 😉

Recomendación: 🔈🔉🔊


Mil grazas Irati e Ares por compartir con nós esta historia!


xoves, 9 de xaneiro de 2025

Nadal

 Xa cos pés no segundo trimestre temos que dar por rematado o Nadal.

Durante estas datas Faiuco estivo moi alterado e sacou o seu lado máis travieso. Cada día, comezábamos a mañá con este trasno facendo das súas e anunciándonos que ía pasar durante o día.

Dende o 9 de decembro ata o 20 de decembro, pasou todo isto:


Tamén houbo rato para visitar a cociña, con motivo do noso proxecto "Oído cociña!" investigamos sobre as sobremesas de Nadal de diferentes países e coñecemos varias receitas, todas moi doces.
😋
 


Aproveitamos que chegara ao polo creativo a cortadora láser e deseñamos unhas bólas de Nadal. Deste xeito os máis pequenos do cole levaron de recordo para a súa árbore unha boliña decorada por eles.

Quedaron moi chulas!! 

😍



 


Tamén houbo, CINE NA BIBLIO 🎦" AQUELLA NAVIDAD" foi a película que escollemos.


E xa para rematar, fixemos entrega dos premios dos concursos feitos nestre primeiro trimestre 😀


 

Poñemos fin ao Nadal!!