mércores, 28 de maio de 2025

Taller de Volume con barro

 Cando se inicia un traballo ou investigación sempre aparecen sorpresas, retos, dificultades, atrancos... que en tódolos casos supoñen un aprendizaxe máis.

E isto foi o que nos pasou a nós. Si!! apareceu unha sorpresa no medio da investigación sobre as esculturas de madeira que temos no noso Concello.

Coñecemos a César Lorenzana👏, o escultor que tallou cada peza.

Unha bonita sorpresa que nos brinda novas posibilidades na liña de traballo trazada.

César Lorenzana foi o escargado de tallar as 19 esculturas que expanden " O Belén de Begonte" polas distintas parroquias. Cada escultura ten unha relación directa co nacemento pero tamén coas tradicións do rural galego.

Convidámolo a nosa escola e apareceu unha nova sorpresa 😮, propúxonos facer un taller co barro extraído da Canteira de Begonte.

Conseguimos ter no obradoiro o barro e os nenos e nenas iniciáronse na escultura con axuda deste material natural.


Divertímonos moito modelando barro!!

Finalmente, representantes dos grupos de 1º a 4º EP puideron entrevistar ao artista na Radio Corpiño📻

Pinchade no enlace para escoitala🔈🔉🔊

Entrevista a César Lorenzana

Roteiro Fotográfico

 Dende o curso pasado, en colaboración co EDLG, estamos a traballar na toponímia de Begonte.

A idea está vencellada coa nosa participación na exposición que organiza a Microrrede da Terra Chá para participar na conservación da toponímia galega.

O noso alumnado está a investigar sobre as 19 esculturas que hai espalladas polas distintas parroquias do Concello, coa idea de dar a coñecer a súa historia.

Polo que, planificar un roteiro fotográfico vai como anel ao dedo😃

Estamos relativamente preto das esculturas, contamos cos dispositivos necesarios📷, hai ilusión por camiñar e coñecer cada recuncho da nosa contorna, estamos motivados coa exposición final e aínda por riba imos visibilizar o noso patrimonio cultural.

Tendo cada quen claras as tarefas que deben realizar durante o roteiro, poñémonos en marcha.


Prontiño, poderedes ver a exposición final.

Camiñamos xunt@s para conservar a nosa toponímia!


martes, 20 de maio de 2025

Letras Galegas



  Axúdame, compañeira,

axúdame, camarada, 

axúdame, compañeira

a facer a foliada.

Este 17 de Maio, celebramos o Día das Letras Galegas para facer unha homenaxe moi especial a nosa poesía tradicional oral.

Aínda que se poñen os nomes de algunhas mulleres: Alfonsina e Rosa Casás Rama, Eva Castiñeira Santos, Manuela Lema, Teresa García Prieto e Prudencia e Asunción Garrido Ameixenda, integrantes das Pandereteiras de Mens, poderíamos poñer moitos outros nomes das tantas que hai espalladas por Galicia.

A intención da Real Academia Galega é recoñecer o valor das mulleres na preservación da transmisión da nosa cultura. Valorando así o ritmo das cantigas, a sororidade, a retranca galega, os instrumentos de acompañamento, a poesía oral... 

Na escola estivemos facendo un traballo de recopilación de cantigas da nosa contorna que expuxemos nun Tendal da Poesía. Unha exposición que mostra a expresión cultural que nos caracteriza.

Velaquí o enlace á publicación👇

Tendal da Poesía

Ademais, aproveitando os carteis de mostra "Cantareiras: poesía popular oral" que recibimos no colexio, realizamos pequenas tarefas que fomos expoñendo no noso mural.


Infantil A, fixo unha foliada na aula, achegándose aos instrumentos tradicionais e aos seus sons. 


Infantil C, colocou cantigas en pandeiretas. Recollendo así a poesía tradicional oral da contorna.


O alumnado do 1º ciclo traballou coas tarefas propostas nos carteis da mostra- exposición.
Recuperando letras que faltaban dalgunhas cantigas, realizando laberintos ou caricaturas para coñecer as nosas pandereteiras, decorando panderetas ao gusto dos nenos e nenas, achegáronse polo miúdo ás partes dalgún instrumento, recoñeceron estilos musicais como a xota, muiñeira ou valse, localización das provincias galegas, recoñecer árbores xenealóxicas... entre outas moitas.



Os escolares de 3º e 4º EP fixeron un cartel para anunciar a romería dos Milagros de Saavedra, para animar a xente a vir e participar nas actividades.
 
 

E por último, os alumnos e alumnas do terceiro ciclo EP traballaron na banda deseñada coa figura das pandereteiras.


E o venres, para rematar a semana, reunímonos na Casiña de Faiuco para gozar da música tradicional galega da man de cantigas, da nosa recopilación, pero tamén de instrumentos como a zanfona, pandeireta, pandeiro ou cunchas. 

Aínda que, hai obxectos que as nosas mulleres tocaban sen ser propiamente instrumentos: tapas de potas, rascando unha botella, cunha lata de pimentón... calquera cousa era válida para facer unha foliada.

E xa para rematar o acto, o mestre Álvaro, fixo unha pequena actuación que nos permitiu gozar de cántigos e sons propios da nosa cultura.

Picade no vídeo para escoitar as nosas cantigas 😊




Moitas gracias Álvaro, aprendemos un montón!!

Salvagardemos o legado poético!!

EDLG



mércores, 7 de maio de 2025

Día Internacional contra o acoso escolar

Non ao bullying!!✋

A biblioteca escolar é tamén un espazo para sensibilizar e concenciar ao noso alumnado sobre actitues, formas, palabras, feitos...que atentan contra a integridade dunha persoa. 

O principal obxectivo da Axenda 2030 é lograr un futuro mellor para todas as persoas, o que conleva erradicar a violencia en todas as súas formas. 

É por elo que, nesta ocasión a sesión de "Cine na Biblio" vai dedicada a visionar películas e curtas, adaptadas á idade de cada grupo, para poder reflexionar nas aulas sobre esta temática que por desgraza está moi presente na sociedade actual😡

Para os máis pequenos e pequenas do cole pensamos na curta " ¿Y qué?"


Unha curta sobre o respecto, cambios de actitude, comunicación e a importancia de disculpase.

Os nenos e nenas do 1º ciclo de Educación Primaria terán que facer unha reflexión común sobre a película  "Ant bully, bienvenido al hormiguero"


Que relación ten Lucas coas formigas? Existe unha poción para solucionar problemas? Que papel xogan as avispas nesta peli?

E xa para rematar, os maiores terán a súa sesión de cine coa película " Wonder"


Wonder ten un aspecto distinto e intenta ser un máis pero, parece que vai ser unha misión difícil.

O dito, Xoves e Venres temos Cine na Biblio!!


O camiñante das Botas

 O alumnado de Educación Infantil para participar na actividade sobre toponimia fixo o seu roteiro.

A través dunha carta de Faiuco, que lles propuxo un reto, comezamos a indagar sobre a escultura escondida.

Faiuco deixoulles na porta das aulas un pequeno plano, da contorna da escola. Nel estaban marcados lugares coñecidos polos nenos e nenas, tales como a igrexa, o parque, a escola infantil...que lles axudaban a situarse.

Pero non só o vimos no mapa, saímos ao exterior.

A escultura do camiñante de botas está ao carón do famoso " Belén de Begonte " e forma parte das 19 esculturas que están espalladas polas parroquias do noso concello.

E con moito éxito chegamos ao noso obxectivo!!



E así, cos primeiros pasos, comezan as actividades sobre o plano da nosa contorna,



luns, 5 de maio de 2025

Obradoiro de croché

 Durante a semana do libro fixemos varias actividades enfocadas á lectura e ao formato do libro 📚

Unha delas foi o obradoiro de croché coa intención de crear bonecos a modo de personaxes de contos.

Pero, a que se debe o croché?

✔ Estimula a creatividade

✔ Desenvolve a paciencia e conexión consigo mesmo.

✔Fortalece a motricidade fina.

✔ Potencia a concentración e atención.

✔ Mellora a capacidade de ler e interpretar patróns.

✔Reduce o estrés

✔ Valorar o esforzo propio e a consecución de metas.

Unha actividade para o noso proxecto de Biblioteca creativa que ten por obxectivo ofrecer novos espazos e realidades ao alumnado. 

Neste caso, os nenos e nenas de Infantil e 1º ciclo de Primaria comezaron por coser unhas plantillas ( feitas na cortadora láser) e crear con total liberdade o seu propio monicreque. En cambio o alumnado de 5º e 6º EP iniciáronse no Amigurumi.

Amigurumi, boneco tecido, é unha moda xaponesa que consiste en tecer bonecos coa técnica do croché ou ganchillo.

Unha experiencia máis que deixa no noso alumnado a inquedanza de seguir aprendendo sobre novas formas de tecer.

Velaquí algunhas fotos do obradoiro


Moitas gracias á familia de Irati, Eva e Araceli, por vir á Casiña de Faiuco facer o obradoiro.

Graciñas!! 😍