domingo, 27 de febreiro de 2022
venres, 25 de febreiro de 2022
Instrucións para a "CADEA DE BRINCADEIRAS"
Se es unha das persoas retadas, que tes que facer?
- Entrar na seguinte ligazón:
- Escoller algúns dos enredos que alí se propoñen ou algún outro similar que coñezas.
- Gravar un vídeo en solitario ou acompañado de quen ti queiras e no final do mesmo retar a outras tres persoas da comunidade educativa (nenas e nenos, familias, mestres, etc.).
- Enviar o teu vídeo por whatsapp ao número 669 00 54 47.
Os distintos vídeos dos retos irán sendo subidos ao canle Youtube do colexio e publicados no meu blog "A Casiña de Faiuco"
PERMANECEDE Á ESPREITA E...
ANÍMADEVOS A PARTICIPAR!
xoves, 24 de febreiro de 2022
Xa chega O ENTROIDO!!!!
A "Casiña de faiuco", xa está preparada polo alumnado de 3º e 4º curso.
mércores, 23 de febreiro de 2022
Actividades do 23F
Co gallo do Día de Rosalía, na aula de sexto achegáronse á obra da nosa autora a través da "Negra Sombra" do seu libro Follas Novas (1880). Deixaron correr o maxín e o corazón para ver se un poema de hai case 150 anos tiña algo que lles dicir hoxe en día, e abofé que tiña!
martes, 22 de febreiro de 2022
23F Día de Rosalía de Castro
Neste día de conmemoración á memoria de Rosalía de Castro, poetisa e novelista galega considerada entre os grandes poetas da literatura española do século XIX, repasamos a súa obra.
O alumnado de 6º curso, decorou a entrada da "Casiña de Faiuco" con escritos das obras de Rosalía.
E ao longo do día seguiremos lembrándoa!
luns, 21 de febreiro de 2022
El hilo invisible
Nas clases de Competencia Emocional co alumnado dos grupos mixtos de 1º e 2º, 3º e 4º, traballamos os vínculos a través do conto "El hilo invisible" da autora Miriam Tirado.
Un conto que nos ensina que o amor verdadeiro vai máis aló do tempo e do espazo.
tamén comprobamos os nosos vínculos cos compañeros e compañeras da clase, o noso fío foi visible e dixémonos mensaxes moi bonitas: quéroche, gústame ser a túa amiga, gútasme porque me escoitas...
Unha experiencia moi emotiva!
"O bosque de Faiuco"
O noso bosque segue medrando! Posta en marcha a Misión o freixo!
O alumnado do grupo de 3º e 4º inicia a súa investigación!
21F Día Internacional da Lingua Materna
Hoxe celébrase o Día Internacional da Lingua Materna ou lingua inicial. Unha conmemoración establecida pola UNESCO para chamar a atención sobre a situación de moitas linguas minorizadas no mundo -entre elas, o galego-, reivindicar a diversidade lingüística e o dereito á lingua propia.
Dende a nosa escola, propoñémosvos unha
"Cadea de brincadeiras"
Se es unha das persoas retadas, que tes que facer?
- Entrar na seguinte ligazón:
- Escoller algúns dos enredos que alí se propoñen ou algún outro similar que coñezas.
- Gravar un vídeo en solitario ou acompañado de quen ti queiras e no final do mesmo retar a outras tres persoas da comunidade educativa (nenas e nenos, familias, mestres, etc.).
- Enviar o teu vídeo por whatsapp ao número 669 00 54 47.
Os distintos vídeos dos retos irán sendo subidos ao canle Youtube do colexio e publicados no meu blog "A Casiña de Faiuco"
PERMANECEDE Á ESPREITA E...
ANÍMADEVOS A PARTICIPAR!
domingo, 20 de febreiro de 2022
Nesta semana comenzan as xornadas de portas abertas!
Formación de usuari@s
En breve comenzamos co "alumnado voluntario" para o que é necesaria a formación no coñecemento da organización da nosa biblioteca.
Neste Genially podedes visualizar mellor a "Casiña de Faiuco", saber que é a CDU, como se cataloga, que é un "tejuelo"... e todas aquelas dúbidas que poidas ter sobre a organización da nosa biblio!
sábado, 19 de febreiro de 2022
Convivencia e Mellora de Seguridad nos Centros Educativos
A complexidade destes tempos demanda que dende a escola se aborden temáticas que inviten á reflexión. Trátase de concienciar a noso alumando sobre temas puntuais e reais tales como o acoso escolar, a igualdade e a violencia de xénero.
Porén, nesta semana, enmarcado no Plan Director de noso centro, recibimos a visita de Hector Méndez, psicólogo e garda civil que brindou unha charla para tratar estas temáticas co alumnado de 5º e 6º curso de EP.
mércores, 16 de febreiro de 2022
PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADO
Novas actividades! O bosque de Faiuco segue medrando!
- Misión: a menta
- Novidades na Misión a lavanda!
- Misión: o carballo
- As formigas
- Misión: O castiñeiro
- Misión: O bidueiro
martes, 15 de febreiro de 2022
NA BUSCA DA PERSONAXE DO ENTROIDO BEGONTÉS
Como sabedes, moitos entroidos galegos teñen unha personaxe de referencia. os cigarróns de Verín ou os volantes de Chantada son dous bos exemplos. ben, pois xa é hora de que Begonte teña a súa personaxe.
Neste padlet encontraredes máis información sobre o noso proxecto e iredes vendo como vai medrando pouco a pouco en cada nivel educativo. Esperamos que vos guste!
13F #DíaMundialdelaRadio
O Día Mundial da Radio é unha xornada dedicada ás emisoras de radio e aos seus oíntes. Foi proclamado en 2011 pola UNESCO e elevado a Día Internacional de interese pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas en 2012.
A UNESCO fai un chamamento ás radios de todo o mundo para que celebren este día baixo o lema "A radio e a confianza".
A semana que vén, conmemorando este día, virán de visita deportistas que serán entrevistados polo noso alumnado. Falaremos sobre "hábitos saudables" en relación co PDI "O bosque de fAiuco" e cos obxectivos da Axenda 2030.
30 de Xaneiro
- DÍA DA NON VIOLENCIA E DA PAZ -
Parte III
Listo o vídeo de conmemoración do Día da Non Violencia e da Paz. Ou alumnado da nosa escola interpretou baixo a dirección do " profe Eli" o tema "Unha mensaxe ao mundo".
Que ben o fixeron!
luns, 14 de febreiro de 2022
Educar a través da arte

Espazo Maker
domingo, 13 de febreiro de 2022
Novas actividades no PDI!
O noso trasno andou polas aulas!
Novas actividades:
-Correo de Faiuco
-Misión: a lavanda
-Misión: o romero
Lembra clicar na actividade que queiras visualizar!
Pequenas contacontos!
Un conto sobre diversidade e inclusión
A ferrolá Chelo Loureiro gaña un premio Goya co filme Valentina (2021) un conto musical sobre a diversidade e a inclusión.
Cultura Galega!
Dende o ceip Plurilingüe Virxe do Corpiño e dende a Casiña de Faiuco, Parabéns por este merecido premio!