
O alumnado de 5º e 6º, sumándose tamén a proposta o alumnado de 3º e 4º curso (os lectores), leron un conto aos nenos e nenas de 1º e 2º curso e aos peques de Educación Infantil.
Unha experiencia que gustoulle moito e que están ansiosos por repetir!
O alumnado de 5º e 6º, sumándose tamén a proposta o alumnado de 3º e 4º curso (os lectores), leron un conto aos nenos e nenas de 1º e 2º curso e aos peques de Educación Infantil.
Unha experiencia que gustoulle moito e que están ansiosos por repetir!
Nestes días, tivemos a visita de Cecilia, a nai de Daniella, que contounos unha historia que fala da importancia de compartir e tamén organizou uns xogos moi divertidos.
Moitas grazas Cecilia!
En épocas remotas, os galegos celebraban a chegada da primavera e o final do cru inverno e propiciaban deste xeito a obtención de boas colleitas.
No noso cole, tamén festexamos a chegada da primavera.
Unha forma de seguir con esta tradición!
Novidades no noso PDI "O bosque de Faiuco":
- Na hortiña, o grupo de 5º curso, investigou e plantou espinacas!
- Nos grupos mixtos de 1º/2º e 3º/4º, realizaron o seu calendario e coidan dos seus cultivos.
- En infantil, xa teñen amorodos!
- En 1º e 2º, interpretaron o rap "Naturalízate".
Tamén, semana tras semana, noso alumnado segue coidando das pitas.
Un traballo en equipo! Parabéns!
Xa está con nós a última edición de...
A VOZ DO CORPIÑO
- O xornal de Faiuco -
En cada aula do noso centro traballouse sobre distintos puntos en relación ao "Día das Letras Galegas 2022" e ao seu homenaxeado Florencio Delgado Gurriarán.
Toda a información e as actividades quedan reflectidas no xornal e no mural principal do noso cole.
E tamén, o alumnado de 5º curso, á voz de extra! extra! repartiu os periódicos a saída da escola.
Traballo colaborativo,
traballo en equipo!
aquí as noticias!
A pequena Paula, sentouse outra vez na "cadeira vermella" para falarnos de instrumentos musicais e sons.
Autora e ilustradora: Marion Billet
Graciñas Paula!
Nesta semana, contamos coa visita de Valeriia e Sofiia, nai e filla refuxiadas ucranianas que atópanse acollidas na casa de María, a teacher do noso cole.
Contáronnos a súa experiencia no seu país. Unha realidade que nos toca a tod@s e que vemos diariamente nas noticias.
Valeriia contábanos na súa lingua natal, e María traducíanos.
Moitísimas grazas
e boa viaxe de retorno!
Nesta semana, conmemoramos este día tan especial con unha morea de actividades!
O alumnado de 5º curso, foi o encargado de decorar a pizarra da "Casiña de Faiuco".
E as actividades seguen!
Google art&culture.
Premendo na seguinte imaxe teredes acceso a plataforma.
Poderán lerse en pantalla en distintos dispositivos (computador, tablets, móbiles, ebook).
A selección, xestión e control dos contidos, e a súa actualización coordínanse desde asesoría de bibliotecas escolares.
O acceso á plataforma dixital estará vencellado directamente á biblioteca do centro.
Dende bibliotecas Escolares, recoméndase que nas etapas de EI e EP, o préstamo debe facerse dentro do horario lectivo, seguindo as prácticas habituais da nosa biblioteca.
A condición de usuario pasará pola obtención do preceptivo carnet de usuario da biblioteca.
Iremos informando e disipando dúbidas!
Como anunciaramos, o alumnado de 3º e 4º, xunto a súa titora, a coordinadora do proxecto e o director do centro, acudiron ao
I Congreso da innovación educativa e dixital -Dixinova 2022-
Presentaron o seu proxecto ao xurado, compartiron obradoiros de robótica, programación e realidade aumentada, e asistiron a unha charla con David Aguilar @handsoloofficial. Escoitaron en primeira persoa, a súa historia de superación e como construíu a súa propia prótesis con pezas de Lego. Todo un exemplo!
Unha gran experiencia!
Parabéns a todo o grupo polo seu traballo!
- Os peques de 3 anos aprenderon que necesitan as prantas para medrar.
- Na actividade "Somos exploradores", podedes visualizar o vídeo e ler a finalidade desta proposta.
- E, no "Día Mundial da Terra", atópase a actividade realizada polos nenos e nenas de 1º e 2º curso.
Agora tocoulles aos pequen@s do cole facer a súa proposta de
Merendas saudables
Puxéronse mans a obra con moito entusiasmo! "Brocheta de froitas" para todo o cole! Moi, moi apetitosas!
Digicraft Pescavirus!
Remataron o itinerario traballando a seguridade nos nosos dispositivos informáticos pescando virus. Parece doado pero tiveron que ter coidado de non pescar tamén as aplicacións!
O noso cole foi seleccionado para a fase final autonómica do SuperReto DigiCraft 21-22, co proxecto de robótica e programación "Zowi e a incubadora móbil", ideado polo alumnado de 3º e 4º de educación primaria, ao abeiro do programa "digicraft no cole".
A "cadeira vermella" contou coa visita de Lucas que contounos "No todos somos iguales".
Un excelente narrador de historias!
Grazas Lucas!
En 5º curso para conmemorar o Día contra o Acoso Escolar, visionaron o corto "No juegues conmigo" e reflexionaron sobre este tema.
Ademais, no seu grupo puxeron en marcha fai un mes, un "Club de Lectura", onde están a traballar o libro Wonder.
Podedes ver un resumo das actividades que están a levar a cabo no seguinte vídeo.
En 5 anos gozaron dunha sesión de contacontos á "luz da Lúa"!
A escuras, cunha linterna, escoitaron a fábula do león e o rato, aproveitando a temática do conto, conmemoraron o Día contra o Acoso Escolar.
Unha boa alternativa para fomentar a narrativa oral e reflexionar sobre as emocións e a empatía!
O Día Internacional contra o acoso escolar, coñecido tamén como o Día contra o Bullying, celébrase o 2 de maio. Trátase dunha campaña de concienciación sobre un problema que afecta a millóns de escolares en todo o mundo.
Este día, conmemórase para que cada neno, nena e cada adolescente ao redor do mundo saiba que o bullying está mal, pode facer moito dano, e que sempre hai xente que pode axudarlle estean onde estean.
Por que esta data?
A data foi establecida por diversas asociacións de pais e nais para enfocar a atención sobre os riscos do acoso escolar e os métodos para evitar a violencia nos centros educativos.
Ao longo do curso, realizamos diversas actividades nas aulas dende o ámbito da competencia emocional e a educación en valores, co obxectivo de concienciar sobre o acoso escolar e promover unha boa convivencia e unha aprendizaxe segura.
Como prevenir o acoso escolar?
Tanto se supón violencia física, psicolóxica ou ambas, o acoso escolar ten un impacto significativo de curto, mediano e longo prazo na vida dos nenos, nenas e adolescentes involucrados, xa sexa como agresores, vítimas ou observadores.
Dende UNICEF, bríndannos información: cuatro claves, 10 preguntas e unha guía dixital que pódese descargar.
Como anunciáramos, ao longo do mes, seguimos traballamos con distintas actividades e dinámicas a concienciación sobre o autismo.