martes, 30 de novembro de 2021
Día internacional da loita contra os Trastornos da Conduta Alimentaria (TAC)

Esta proposta, pretende visibilizar a importancia da prevención e detección precoz deste tipo de alteracións alimentarias e escapar dos prexuízos sociais que, de maneira frecuente, rodean a estas enfermidades.
Na infancia adquírense moitos dos hábitos que nos acompañarán toda a vida, isto fai que a escola sexa uns dos contextos fundamentais para realizar actividades dirixidas a potenciar hábitos saudables, de alimentación e nutrición.
domingo, 28 de novembro de 2021
Contos que contaxian ilusión!
A fundación ONce, comparte contos con historias divertidas e de superación! Unha maneira de recoñecer as limitacións e dificultades das persoas que teñen algún tipo de discapacidade e promover actitudes empáticas.
Ler en familia, lecturas compartidas!
PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADO
A arte no "bosque de Faiuco"!
Para unha visualización máis rápida, clicade en actividades e xa vai ao índice.
A biblio de Faiuco, unha biblioteca inclusiva
3 de decembro
Día Internacional das Persoas con Discapacidade
Para que serven os días internacionais?
Os días internacionais serven para poñer a disposición das persoas en xeral información sobre cuestións de interese, mobilizar a voluntade política e os recursos para abordar solucións a problemas mundiais e conmemorar e reforzar os logros da humanidade.
Cal é o obxectivo da conmemoración do 3 de decembro, Día Internacional das Persoas con Discapacidade?
O obxectivo de conmemorar este día, é promover unha maior comprensión dos dereitos das persoas con discapacidade e mobilizar o apoio á construción dunha sociedade máis inclusiva. Relacionado co obxectivo 10 ODS, da Axenda 2030.
Cal é o lema deste ano?:
O lema deste ano é:
"Reconstruir mellor: cara a un mundo post COVID-19 inclusivo, accesible e sostible por, para e coas persoas con discapacidade".
sábado, 27 de novembro de 2021
Novembro, mes da ciencia
Neste mes da ciencia, o PORTAL DA LINGUA GALEGA, ofrécenos unha miniserie audiovisual de divulgación científica en galego dirixida á infancia, con 8 episodios de 3 minutos de duración cada un.
Toupiña e outros monicreques descubrirán o mundo da ciencia a través de curiosidades sobre astronomía, a física, a bioloxía, a química ou as matemáticas.
A biblioteca de FAIUCO, comparte esta iniciativa. Gozemos da ciencia e os seus coñecementos!
Con ilusión!
#Cheadevida
coeducación como camino á non violencia ás mulleres a través de distintas estacións.
Unha xornada distinta onde a aprendizaxe compartida foi a dinámica central baixo o lema "chea de vida".
xoves, 25 de novembro de 2021
Semana do 25N
"O lobo come troncos"
Nesta semana que se aproxima o 25N, no noso cole comenzamos a traballar pola concienciacíon da non violencia as mulleres.
Na aula de 4 anos, cambiaron o conto de "Capapuchiña vermella" e reflexionaron sobre a historia orixinal:
-Se capapuchiña fose un neno, o lobo tamén a enganaría?
-Se o lobo fora unha loba, enganaría igualmente a Capapuchiña?
tras este traballo, crearon a súa propia historia na que ninguén engana a ninguén: " O lobo cometroncos".
luns, 22 de novembro de 2021
domingo, 21 de novembro de 2021
#AmiYodel2030
20 DE NOVEMBRO DÍA UNIVERSAL DA INFANCIA
no noso cole, celebramos este día cun traballo de concienciación conxunta sobre a necesidade de coidar a nosa contorna cunha visión de futuro.
Tal como anunciásemos, unímonos a UNICEF España coa elaboración dun manifesto local, feito por noso alumnado logo de xornadas de reflexión e participación.
Estes manifestos están relacionados cos obxectivos da axenda 2030 e con noso Proxecto documental Integrado e así o expresan:
PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADO
Novas actividades no "Bosque de Faiuco"!
Para unha visualización máis rápida, clicade en actividades e logo xa sae o índice cos distintos títulos.
As últimas actividades:
- Risas con sabor a outono! (6º de primaria)
- Nos bosques galegos (6º de Infantil)
- Tesouros outonais (1º e 2º de primaria)
- Xabaril corazón (6º de infantil)
Moi entretidos!
Na clase de cinco anos inaguraron a súa biblioteca de aula. Xa teñen o seu recunchiño para gozar da maxia dos contos!
xoves, 18 de novembro de 2021
Día Universal da Infancia

Como cada ano, achégase o Día Universal da Infancia. Unha oportunidade máis para alzar a voz, abrir o "mute" e que os nenos, nenas e adolescentes teñan un altofalante para expresar as súas opinións e a súa visión sobre os temas que lles importan.

Obradoiro de habilidades sociais
Neste mes, o alumnado de 1º, 2º, 3º, e 4º de educación primaria participará de obradoiros de habilidades sociais e emocionais desenvolvido polo servizo de prevención de condutas aditivas da agrupación Concellos de Begonte, Friol, Outeiro de Rei e Rábade. Sen dúbida gozaron moito coa primeira experiencia!
mércores, 17 de novembro de 2021
De Houston a Begonte
Seguimos traballando no mes da ciencia!
Obxectivo 3 da axenda 2030, saúde e benestar da man da científica Sonia Villapol.
domingo, 14 de novembro de 2021
Poesía da man de Leira Bilbao
Co libro "Bechopoemas e outras bestas", o alumnado de 5º curso adentrouse no mundo das criaturas das augas, da terra e do aire, no mundo da musicalidade e o ritmo das palabras.
#Osmaioresbooktubers
sábado, 13 de novembro de 2021
Ciencia, xogo e creación
mércores, 10 de novembro de 2021
martes, 9 de novembro de 2021
luns, 8 de novembro de 2021
Experimentos en infantil!
para conmemorar o mes da ciencia, na clase de 5 anos coñeceron algunhas das mulleres científicas máis importantes da nosa historia. tamén se converteron en científicos e científicas facendo dous experimentos moi sorprendentes!
Cantas risas!
domingo, 7 de novembro de 2021
Magosto, día de festa!
xoves, 4 de novembro de 2021
Ciencia e experimentos dende o MHN
"investigar, Experimentar, aprender por descubrimento, é unha das metodoloxías didácticas máis axeitadas."
Actividade 2- Plastilina bideodegradable
Actividade 3- A manzá reveladora de suciedade
Actividade 4- Pintura de mans bideodegradable
Actividade 5- Unha pegada única resolverá o enigma
Actividade 6- Rastreando a natureza
Hai máis de 30 actividades!! Neste enlace atoparás as restantes: