O pasado 24 de novembro celebramos no cole o Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Fixemos numerosas actividades nas aulas coas nosas titoras e tamén nos desplazamos á biblio do cole para realizar algunhas actividades.
Puidemos ver un par de curtametraxes sobre o machismo e a violencia de xénero, reflexionar e poñer en común as nosas impresións nun interesante coloquio.
Tamén elaboramos un enorme mural onde nos debuxamos a nós mesmos dicíndolle non á violencia e que colgamos na fachada do cole xunto cun enorme lazo feito con globos.
A violencia de xénero erradícase xa dende a escola e nós témolo moi claro: Á violencia de xénero dicímoslle NON!
Ningún comentario:
Publicar un comentario