domingo, 29 de maio de 2022

Apadriñamentos lectores!

 

Neste tercer trimestre, tal como anunciáramos no noso Plan de Lectura, iniciamos os "Apadriñamentos lectores" co alumnado de 5º e 6º e segundo a convocatoria do Voluntariado A convocado pola Consellería de Educación dentro do Programa Bibliotecas Solidarias. 

O alumnado de 5º e 6º, sumándose tamén a proposta o alumnado de 3º e 4º curso (os lectores), leron un conto aos nenos e nenas  de 1º e 2º curso e aos peques de Educación Infantil.

Unha experiencia que gustoulle moito e que están ansiosos por repetir!




Contacontos en familia

 Nestes días, tivemos a visita de Cecilia, a nai de Daniella, que contounos unha historia que fala da importancia de compartir e tamén organizou uns xogos moi divertidos. 


Moitas grazas Cecilia!


Festa dos Maios - I parte -

 En épocas remotas, os galegos celebraban a chegada da primavera e o final do cru inverno e propiciaban deste xeito a obtención de boas colleitas.

No noso cole, tamén festexamos a chegada da primavera.




 O día 31, faremos a "gran festa" no bosque de Faiuco.

Máis sobre os maios no blog de sexto



Unha forma de seguir con esta tradición!




Proxecto Documental Integrado

 Novidades no noso PDI "O bosque de Faiuco":

- Na hortiña, o grupo de 5º curso, investigou e plantou espinacas!

- Nos grupos mixtos de 1º/2º e 3º/4º, realizaron o seu calendario e coidan dos seus cultivos.

- En infantil, xa teñen amorodos!

- En 1º e 2º, interpretaron o rap "Naturalízate".

Tamén, semana tras semana, noso alumnado segue coidando das pitas.

Un traballo en equipo! Parabéns!


sábado, 21 de maio de 2022

17M Día das Letras Galegas - II parte -

 

Xa está con nós a última edición de...


A VOZ DO CORPIÑO

- O xornal de Faiuco -



En cada aula do noso centro traballouse sobre distintos puntos en relación ao "Día das Letras Galegas 2022" e ao seu homenaxeado  Florencio Delgado Gurriarán.

Toda a información e as actividades quedan reflectidas no xornal e no mural principal do noso cole. 




E tamén, o alumnado de 5º curso, á voz de extra! extra! repartiu os periódicos a saída da escola.



Traballo colaborativo,

traballo en equipo!

aquí as noticias!


Pequen@s contacontos!

 A pequena Paula, sentouse outra vez na "cadeira vermella" para falarnos de instrumentos musicais e sons. 


Autora e ilustradora: Marion Billet


Graciñas Paula!


Visita a "Casiña de Faiuco"

 

Nesta semana, contamos coa visita de Valeriia e Sofiia, nai e filla refuxiadas ucranianas que atópanse acollidas na casa de María, a teacher do noso cole.

Contáronnos a súa experiencia no seu país. Unha realidade que nos toca a tod@s e que vemos diariamente nas noticias. 

Valeriia contábanos na súa lingua natal, e María traducíanos.




Deixáronnos de agasallo, un lazo feito por elas coas cores da súa  bandeira e un mural cun debuxo dun xirasol, símbolo ucraniano da paz, que cada curso personalizará para amosar o seu apoio na loita contra a guerra.

ЗА СВІТ У МИРІ!

Por un mundo en paz!







Moitísimas grazas

boa viaxe de retorno!


xoves, 19 de maio de 2022

17M Día das Letras Galegas - I parte -

 

Nesta semana, conmemoramos este día tan especial con unha morea de actividades! 

O alumnado de 5º curso, foi o encargado de decorar a pizarra da "Casiña de Faiuco". 






O grupo de mixto de 1º e 2º, elaboraron un libro sobre a vida e obra de Florencio Delgado Gurriarán. 




Os nenos e nenas de 3 anos, tamén fixeron o seu propio libro do homenaxeado! Localizaron o lugar de nacemento, algunhas das súas obras...




E ademais participaron nunha actividade conxunta co resto do alumnado de infantil.
Traballaron o poema de Florencio Delgado "A traxedia dos castiñeiros", aproveitando que no noso PDI "O bosque de Faiuco", investigamos sobre estas árbores.


A traxedia dos castiñeiros, o castiñeiro morto
Retorto castiñeiro, outrora san e forte,
atópaste ferido do machado da morte;
as túas folliñas, murchas, van caíndo no chan,
oh tristura dunha a´rbore despíndose no verán!
                                  (Bebedeira, 1934)


A partir da letra do poema, crearon móbiles para decorar a entrada do cole, feitos con paus e folliñas nas que escribiron palabras para "curar" ao pobre árbore: choiva, trebón, orballo...
Unha chea de palabras que ten a nosa lingua para chamar ás distintas formas de chover!




Poucas son as imaxes que se conservan de Florencio Delgado, porén en 6º curso, dedicáronlle unha clase centrados no mundo das caricaturas. Coñeceron referentes, estilos, repararon nos detalles. E este foi o resultado!




E as actividades seguen!



Conmemorando o Día dos Museos!

O alumnado do grupo mixto de 1º e 2º, fixeron as súas propias obras de arte no polo creativo da nosa biblioteca.
Ser orixinal, expresar, imaxinar e crear. Traballaron a valoración da propia individualidade e sentíronse moi satisfeitos pola obra realizada! Tanto que fixeron unha pequena exposición!
O cadro debía ser a composición libre de catro elementos: casa, pájaro, nido, árbol e a partir de ahí... empezar a xogar!







 

18M Día Internacional dos Museos


O Día Internacional dos Museos 2022 (DIM) enfocarase no poder da transformación dos museos para provocar cambios positivos nas súas comunidades.






O poder de lograr a sustentabilidad coa implementación dos Obxectivos da Axenda 2030 como é a difusión da información científica sobre os retos ambientais.

O poder da innovación na dixitalización e a accesibilidade: os museos convertéronse en terreos innovadores onde se poden desenvolver as novas tecnoloxías e aplicalas á vida cotiá. 

O poder da construción da comunidades a través da educación.

Se che gustan os museos, aquí tedes enlaces de museos e obras que podes coñecer e descubrir.


Os 10 mellores museos do mundo segundo National Geografhic



Google art&culture.




Museos de Galicia



MUSEOS DE CIENCIAS NATURAIS



German Maritime Museum

Entra e explora!

E tamén, neste enlace podedes descubrir e visitar os 20 museos de ciencias máis coñecidos de todo o mundo. 




mércores, 18 de maio de 2022

Novas linguaxes

 

Hoxe en día, son as bibliotecas que incorporan as novas linguaxes en distintos soportes e formatos: a robótica, os medios audiovisuais, os videoxogos, xunto cos libros de papel, os libros dixitais, a radio, a música, o cine e o conxunto das artes plásticas e visuais. 

As bibliotecas adáptanse aos novos usos sociais e crean espazos de encontros e de aprendizaxe compartido, que configuran recunchos para a exploración, a investigación, a aprendizaxe experiencial, a invención e a expresión oral, escrita, plástica e audivisual. 

A nosa biblioteca pretende ser unha "biblioteca activa e inclusiva" e unha ferramenta para mellorar a práctica educativa. Para isto, necesitamos da vosa colaboración respondendo esta enquisa: 


enquisa para as familias




Enquisa para o alumnado




Xunt@s é máis fácil!

Grazas pola vosa colaboración!


martes, 17 de maio de 2022

Cadea de brincadeiras





Xa está chegando o final das brincadeiras! Temos agora a de Rodrigo Carrasco de 5º xunto ao seu coello.


Graciñas Rodri!

 

Plataforma dixital E-LBE.2

 

Premendo na seguinte imaxe teredes acceso a plataforma.




Os centros integrados no PLAMBE, brindaremos este novo servizo dixital. Trátase dunha plataforma de lectura e préstamo de contidos dixitais que enriquece os fondos das bibliotecas escolares.

Poderán lerse en pantalla en distintos dispositivos (computador, tablets, móbiles, ebook).

A selección, xestión e control dos contidos, e a súa actualización coordínanse desde asesoría de bibliotecas escolares.

O acceso á plataforma dixital estará vencellado directamente á biblioteca do centro.

Dende bibliotecas Escolares, recoméndase que nas etapas de EI e EP, o préstamo debe facerse dentro do horario lectivo, seguindo as prácticas habituais da nosa biblioteca. 

A condición de usuario pasará pola obtención do preceptivo carnet de usuario da biblioteca. 


Iremos informando e disipando dúbidas!


17M Día das Letras Galegas





Hoxe, 17 de maio, Día das Letras Galegas. Alén da importante posta en valor da vida e obra da persoa homenaxeada cada ano (desta volta, Florencio Delgado Gurriarán), este é o día para reivindicar que o galego é unha construción colectiva milenaria, un tesouro patrimonial a defender, coidar e promover e tamén unha lingua viva, perfectamente válida para calquera uso no tempo presente. Pero a diferenza doutros bens do noso patrimonio, a conservación e supervivencia da Lingua non pasa por encerrala nun museo; senón por seguir facendo dela un vehículo para a comunicación, para a información, para a ciencia, para a festa e tamén para a nosa identidade.
Cómpre seguir berrando con Cunqueiro que queremos "mil primaveras máis" para a lingua galega, porque queremos e porque temos dereito.

"Todos os días son Días das Letras Galegas".

 

mércores, 11 de maio de 2022

SuperReto Digicraft

 Como anunciaramos, o alumnado de 3º e 4º, xunto a súa titora, a coordinadora do proxecto e o director do centro, acudiron  ao 

I Congreso da innovación educativa e dixital -Dixinova 2022-

Presentaron o seu proxecto ao xurado, compartiron obradoiros de robótica, programación e realidade aumentada, e asistiron a unha charla con David Aguilar @handsoloofficial. Escoitaron en primeira persoa, a súa historia de superación e como construíu a súa propia prótesis con pezas de Lego. Todo un exemplo!







Unha gran experiencia! 

Parabéns a todo o grupo polo seu traballo!





Fai uns días recibimos a visita de @tyler_kalinoski24 e @jordan_sakho , acompañados polo director da Fundación Breogán
@jordan_sakho, compartiron con nós unha agradable experiencia. 

Dentro do noso proxecto, e seguindo o ODS 3, "Benestar e saúde", nosos particulares "periodistas" realizaron numerosas preguntas relacionadas cos coidados dun deportista: alimentación saudable, descanso, exercicio físico...

Toda unha experiencia compartida para noso alumnado!





Moitísimas grazas!
  



domingo, 8 de maio de 2022

Campaña de fomento da lectura

 

 En 6º curso e baixo o lema:Ler é ...




Proxecto Documental Integrado


Seguimos avanzando co proxecto "O bosque de Faiuco".

- Os peques de 3 anos aprenderon que necesitan as prantas para medrar.

- Na actividade "Somos exploradores", podedes visualizar o vídeo e ler a finalidade desta proposta. 

- E, no "Día Mundial da Terra", atópase a actividade realizada polos nenos e nenas de 1º e 2º curso. 


Infantil na cociña!

 

Agora tocoulles aos pequen@s do cole facer a súa proposta de 

Merendas saudables

Puxéronse mans a obra con moito entusiasmo! "Brocheta de froitas" para todo o cole! Moi, moi apetitosas!



 

Xenial!

   

xoves, 5 de maio de 2022

E mentres tanto...


 Digicraft Pescavirus!


Remataron o itinerario traballando a seguridade nos nosos dispositivos informáticos pescando virus. Parece doado pero tiveron que ter coidado de non pescar tamén as aplicacións!




Novidades no proxecto Digicraft!

 

O noso cole foi seleccionado para a fase final autonómica do SuperReto DigiCraft 21-22, co proxecto de robótica e programación "Zowi e a incubadora móbil", ideado polo alumnado de 3º e 4º de educación primaria, ao abeiro do programa "digicraft no cole".



A fase final, terá lugar o vindeiro mércores 11 de maio no Edificio Fontán da Cidade da Cultura en Santiago de Compostela, onde os nosos nenos e nenas presentarán o seu proxecto acompañados pola mestra coordinadora do programa, a súa titora e o director do centro. 




PARABÉNS!



mércores, 4 de maio de 2022

Pequen@os contacontos!

 

A "cadeira vermella" contou coa visita de Lucas que contounos "No todos somos iguales". 

Un excelente narrador de historias!



Grazas Lucas!


martes, 3 de maio de 2022

Actividades sobre o acoso escolar

 

En 5º curso para conmemorar o Día contra o Acoso Escolar, visionaron o corto "No juegues conmigo" e reflexionaron sobre este tema. 



Ademais, no seu grupo puxeron en marcha fai un mes, un "Club de Lectura", onde están a traballar o libro Wonder. 



Podedes ver un resumo das actividades que están a levar a cabo no seguinte vídeo. 




En 5 anos gozaron dunha sesión de contacontos á "luz da Lúa"!

A escuras, cunha linterna, escoitaron a fábula do león e o rato, aproveitando a temática do conto, conmemoraron o Día contra o Acoso Escolar. 

Unha boa alternativa para fomentar a narrativa oral e reflexionar sobre as emocións e a empatía!








Grazas a mestra Estela por este 
material tan útil!


2M Día Internacional contra o Acoso Escolar

 



O Día Internacional contra o acoso escolar, coñecido tamén como o Día contra o Bullying, celébrase o 2 de maio. Trátase dunha campaña de concienciación sobre un problema que afecta a millóns de escolares en todo o mundo. 

Este día, conmemórase para que cada neno, nena e cada adolescente ao redor do mundo saiba que o bullying está mal, pode facer moito dano, e que sempre hai xente que pode axudarlle estean onde estean.


Por que esta data?

A data foi establecida por diversas asociacións de pais e nais para enfocar a atención sobre os riscos do acoso escolar e os métodos para evitar a violencia nos centros educativos. 

Ao longo do curso, realizamos diversas actividades nas aulas dende o ámbito da competencia emocional e a educación en valores, co obxectivo de concienciar sobre o acoso escolar e promover unha boa convivencia e unha aprendizaxe segura. 


Como prevenir o acoso escolar?

Tanto se supón violencia física, psicolóxica ou ambas, o acoso escolar ten un impacto significativo de curto, mediano e longo prazo na vida dos nenos,  nenas e adolescentes involucrados, xa sexa como agresores,  vítimas ou observadores.

Dende UNICEF, bríndannos información: cuatro claves, 10 preguntas e unha guía dixital que pódese descargar.






Abordar esta complexa situación na súa xusta dimensión, 
sen minimizala, e sen dúbida unha responsabilidade de toda 
a comunidade educativa.