xoves, 22 de decembro de 2022

Recomendacións para estas vacacións!



O equipo de biblioteca da "Casiña de Faiuco" deséxavos unha moi felices festas!






Non equezades de ler!

E lembra o que di Faiuco:  "ler é voar"

 

mércores, 21 de decembro de 2022

Outras actividades do Nadal!


 
A "Casiña de Faiuco" fixo unha nova proposta de cine para os maiores do cole!

 







Obradoiros de cociña! O caderno de receitas de Faiuco sigue medrando!




A "Árbore dos desexos", palabras que nos convidan a reflexionar. 






Envíamos cartas aos maiores do Centro de Día de Begonte, á Residencia de Campolongo de Pontevedra e agasallos elaborados con material de refugallo á 4º planta do Hospital Quirón de Lugo. 

"Escribir para comunicarnos e visibilizar"

E



Visita do apalpador, contounos historias moi divertidas!




O alumnado e as súas familias compartiron o seu tempo con nós nas súas casas, e fixeron adornos para decorar a nosa escola. utilizaron material de refugallo e a súa imaxinación! 
Os nenos e nenas máis as familias voluntarias decoramos o cole ao longo da semana.





Moítisimas grazas!
e Felices Festas!



I Carreira Solidaria "San Faiuquiño"


Cun total de 108 participantes e 150 kg de comida doados aos servizos sociais do noso concello, levouse a cabo a I Carreira Solidaria. Agradecemos a toda a comunidade educativa, ao @concellodebegonte, ao equipo de Corre por begonte e á AD Rego do Lobo por facelo posible!





Moitísimas grazas!

domingo, 18 de decembro de 2022

"Educar a mirada"

  

Coa intención de "Educar a mirada" dende a linguaxe audiovisual, preténdese crear hábitos de observación, análise, comprensión e interpretación promovendo o pensamento crítico e diverxente, a empatía e o respeto aos distintos puntos de vista. 

Con estas premisas iniciamos na nosa biblioteca as xornadas de cine. 



  


Nesta primeira ocasión, en relación ao Proxecto Documental Integrado, o alumnado de Infantil y 1º ciclo de Educación Primaria viron a película "Buscando a Nemo". Os alumnos voluntarios de 5º e 6º, foron os encargados de recoller as entradas e ubicalos. 








xoves, 15 de decembro de 2022

I Carreira Solidaria "San Faiuquiño"


O Departamento de Educación Física da escola, dentro do Proxecto de vida Activa e Deportiva do centro, organiza a "I Carreira Solidaria San Faiuquiño" en colaboración co @concellodebegonte, co Clube de Atletismo Corre por Begonte e coa asociación deportiva "Rego de Lobo".






FAiuco anímavos a participar!






sábado, 10 de decembro de 2022

PDI "Faiuco e o coidado da hidrosfera"


Excursión ao Aquarium Finisterrae da cidade da Coruña




Despois da presentación do PDI da nosa biblioteca, esta visita e a iniciación a un proceso de investigación, aprendizaxe e concienciación do coidado do medio ambiente.








martes, 6 de decembro de 2022

3D#taniguaisetandiferentes -parte I-


Ao longo deste curso, dentro da atención á diversidade e dende unha perspectiva inclusiva, centrarémonos na concienciación do Síndrome de Down.

Iniciamos este proxecto transversal ao currículo dentro do ámbito da competencia emocional e as habilidades sociais coa intención de "educar na diferencia para valorar as desigualdades".