mércores, 27 de abril de 2022

Espazo Maker - Proxecto Digicraf



Novas actividades!

Aprendendo sobre os virus!



Videoxogo en vivo! 

Con obstáculos reais e realidade aumentada usando o Merge Cube.




Cadea de brincadeiras




 

Canto gústalles cantar aos nenos e nenas de 5 anos!

Escoitemos a Irene coa canción das formiguiñas!



Xenial Irene! Graciñas!


martes, 26 de abril de 2022

Recital de lecturas na Casiña de Faiuco!

 

 
 
Nesta semana continuaremos realizando numerosas actividades para seguir  conmemorando o Día do Libro en colaboración co Concello de Begonte. 
 
Lecturas en Castelán co libro "Lazarillo de Tormes"; en galego, co libro "As aventuras de Breogán Folgueiras" e en inglés, co autor William Shakespeare.
 
 


E culminamos a semana coa doazón de libros a tod@s os veciñ@s de Begonte!
 
 
ESPERÁMOSVOS!
 

luns, 25 de abril de 2022

23A Día Internacional do Libro e do Dereito de Autor


"Velaí o libro: unha faísca da memoria do mundo"






Bibliotecas escolares


Dende Bibliotecas Escolares Galicia, acudiuse, como en anos anteriores, a unha persoa referente da literatura galega actual.
Neste ano, ao escritor, editor e tradutor Xosé Ballesteros, quen creou o texto original do tríptico, cedido para a difusión do Día do Libro, esa marabillosa viaxe colectiva que inician autores e autoras, ilustradores e ilustradoras, con parada en editoriais, imprentas, librarías, para atopar, finalmente, porto seguro nas nosas bibliotecas escolares. 


Por que se celebra nesta data?


O Día Mundial do Libro e do Dereito de Autor, foi fixado nesta data pola Unesco en 1995, porque é xusto ao redor desta data, o 23 de abril, cando morreron tres grandes da literatura universal: Miguel de Cervantes (morreu o 22 de abril e foi enterrado o día 23), William Shakespeare e o Inca Garcilaso de la Vega. 
Con todo, moi pouca xente coñece a orixe española desta inciativa ou o feito de que nos seus inicios festexásese nunha data moi diferente: o 7 de outubro, cando se cría que nacera o creador do Quixote. 




Na "Casiña de Faiuco" tedes moitos exemplares 
que podedes ver!


Que é un libro para ti?



"Un libro para min é unha viaxe, un soño, un mundo de elfos e fadas, un videoxogo, realidade, educación, imaxinación, fantasía, un mundo novo por descubrir..."

Alumnado CEIP Plurilingüe Virxe do Corpiño



Resumo dos Obradoiros da "Semana do Libro"!




 

Cadea de Brincadeiras

 

 


Por fin temos a brincadeira de Uxía da aula de 5 anos! Cántanos un tema moi, moi coñecido, seguro que o escoitaches! 


Graciñas Uxía!

 

Para que sexa máis fácil, lembramos os xa nominad@s:

Infantil

3 anos: Leire, Bruno, Paula e Sergio

4 anos: Sofía, Pablo, Sara, Serafín, Xoel, Ángel, Naila, Matías, Martiño, Matías e Erea.

5 anos:  Ainoa, Ainara, Uxía, Lucas, Naila, Xián, Luz, Hugo, Irene, airoa, Luca e Marcos.

Primaria

1º/2º: Mateo, Yaiza, Yoana, Yasmina, Gael, brenda e Nico. 

3º/4º: Aroa, Andrea, Iria, Gabi, Dani, Erik, Aitor, Alén, Iris, Sabela, alex e Kevin.

5º: Hugo, Elenna, Aron Otero, Karla, Julia, Yeray , Rodrigo Carrasco, Arón Vega e Rodrigo Corredoira.

6º: Noa, Pierina, Ellie, Abrahan, Aldán, Nico, Iber, Marta, Daniela, Alex Tato e Brais.

Profesor@s: Eli, Tena, Mariola, María, María Teacher, Álvaro, Alba, Tomás, Edita, Guiomar, Aneli, Serafín, Sandra, Rocío, Andrea e Carla.

Noe e Elizabet, as nosas coidadoras; Raúl e Motse, cociñeiro e cociñeira do noso cole.

 

domingo, 24 de abril de 2022

Proxecto Documental Integrado

 Novidades no noso PDI "O bosque de faiuco"!

Tes que picar nas seguintes actividades:

- No "Hotel de Insectos",

- Na actividade "As formigas".

- Na actividade "A agua",

- E por último, na "Hortiña de Faiuco"!


Continuamos experimentando, investigando e aprendendo!



Na cociña!


 Seguimos coa proposta!

Merendas saudables

O grupo de 1º e 2º, moi entusiasmado dedicouse a repostería! O "Libro de receitas" segue medrando!




          

sábado, 23 de abril de 2022

Cadea de brincadeiras





Que alegría ten Faiuco de recibir novas brincadeiras! 
Nesta ocasión, son tres cancións. 
Airoa, interprétanos "Un barqueiro".




ainara, unha canción que lle cantaban cando era pequena.




E por último, Ángel e Pili,  interprétannos a canción da "Lúa"!




Que ben o fixeron os catro!
Moitísimas grazas!


Para que sexa máis fácil, lembramos os xa nominad@s:

Infantil

3 anos: Leire, Bruno, Paula e Sergio

4 anos: Sofía, Pablo, Sara, Serafín, Xoel, Ángel, Naila, Matías, Martiño, Matías e Erea.

5 anos:  Ainoa, Ainara, Uxía, Lucas, Naila, Xián, Luz, Hugo, Irene, airoa, Luca e Marcos.

Primaria

1º/2º: Mateo, Yaiza, Yoana, Yasmina, Gael, brenda e Nico. 

3º/4º: Aroa, Andrea, Iria, Gabi, Dani, Erik, Aitor, Alén, Iris, Sabela, alex e Kevin.

5º: Hugo, Elenna, Aron Otero, Karla, Julia, Yeray , Rodrigo Carrasco, Arón Vega e Rodrigo Corredoira.

6º: Noa, Pierina, Ellie, Abrahan, Aldán, Nico, Iber, Marta, Daniela, Alex Tato e Brais.

Profesor@s: Eli, Tena, Mariola, María, María Teacher, Álvaro, Alba, Tomás, Edita, Guiomar, Aneli, Serafín, Sandra, Rocío, Andrea e Carla.

Noe e Elizabet, as nosas coidadoras; Raúl e Motse, cociñeiro e cociñeira do noso cole.


 

23A Día Internacional do Libro


Para conmemorar este día e rematando a Semana do Libro, o noso alumnado tivo "unha cita a cegas cun libro"!





Así de ben o pasaron!

Feliz Día do Libro!


Contacontos en familia

 Para conmemorar a semana do libro os nenos e nenas de 3 anos tiveron a visita de Elisabet, a nai de Leire que lles contou dous contos para explorar emocións e reflexionar. Moi divertidos!




Autora: Rachel Bright
Ilustrador: Chris Chatterton




En 5 anos, tiveron tamén unha visita! Nesta ocasión, a de roberto, o pai de Uxía. Contoulles o conto de Mariluz, la avestruz. 
Encantoulles!
.







Autora: Rachel Chaundler
Ilustrador: Bernardo Carvalho


Moitísimas grazas aos dous!
Nosos nenos e nenas felices de contar 
con tantas visitas!

martes, 19 de abril de 2022

Semana do Libro


Hoxe comenzaron os Obradoiros na "Casiña de Faiuco" para conmemorar o 23 de abril, Día Internacional do Libro.












Contacontos en familia

 Continúan as sesións de "Contacontos en Familia"

Tivemos a sorte que compartiran tempo con nós

Pili, a nai de Ángel da aula de 4 anos.




María, a nai de Martiño, tamén da aula de 4 anos.




E a nai de Uxía da aula de 5 anos.






Estos son os libros que nos contaron!



Autor: Jaime Copons
Ilustrador: Gusti




Autora: Paula Carbonell
Ilustración: Chené Gómez




Autora: Susan Isern
Ilustración: Marjorie Pouchert


Moitísimas grazas ás tres!



luns, 18 de abril de 2022

Cadeas de brincadeiras




temos a brincadeira de pierina que cántanos "O tren" de Andrés do Barro. 


  Bravo Pierina! Graciñas!

Para que sexa máis fácil, lembramos os xa nominad@s:

Infantil

3 anos: Leire, Bruno, Paula e Sergio

4 anos: Sofía, Pablo, Sara, Serafín, Xoel, Ángel, Naila, Matías, Erea..

5 anos:  Ainoa, Ainara, Uxía, Lucas, Naila, Xián, Luz, Hugo, Irene, airoa e Marcos.

Primaria

1º/2º: Mateo, Yaiza, Yoana, Yasmina, Gael, brenda e Nico. 

3º/4º: Aroa, Andrea, Iria, Gabi, Dani, Erik, Aitor, Alén, Iris, Sabela, alex e Kevin.

5º: Hugo, Elenna, Aron Otero, Karla, Julia, Yeray , Rodrigo Carrasco, Arón Vega e Rodrigo Corredoira.

6º: Noa, Pierina, Ellie, Abrahan, Aldán, Nico, Iber, Marta, Daniela, Alex Tato e Brais.

Profesor@s: Eli, Tena, Mariola, María, María Teacher, Álvaro, Alba, Tomás, Edita, Guiomar, Aneli, Serafín, Sandra, Rocío, Andrea e Carla.

Noe e Elizabet, as nosas coidadoras; Raúl e Motse, cociñeiro e cociñeira do noso cole.


sábado, 9 de abril de 2022

8A Día Internacional do Pobo Xitano

 

O Día Internacional do Pobo Xitano conmemórase o 8 de abril. Esta data lembra o Primeiro Congreso Mundial romaní/xitano celebrado en Londres o 8 de abril de 1971 no que se instituíu a bandeira e o himno xitano.



A bandeira é verde e azul, simbolizando o ceo e o campo, cunha roda de carro vermella no centro, que simboliza o camiño desde a India e a liberdade. O himno xitano,  Gelem,  gelem (Andei, andei), foi composto por  Jarko  Jovanovic e lembra aos xitanos e xitanas vítimas do nazismo.




No 4º Congreso Internacional Xitano en  Serok, Polonia, designouse o 8 de abril como Día Internacional do Pobo Xitano en recordo daquel Congreso de Londres.

Desde hai uns anos a data do 8 de abril está a adquirir gran notoriedade, servindo de ocasión para distintas celebracións e comunicacións por parte de múltiples institucións nacionais e internacionais.

A Cerimonia do Río é unha destas celebracións que se realiza en moitas localidades. Nela as mulleres lanzan pétalos de flores nos ríos e os homes encenden velas en recordo dos seus antepasados.







Cadea de brincadeiras



Luz e Lucas da aula de 5 anos comparten as súas brincadeiras con nós!



Unha pequena contacontos moi, moi boa!


Que formiguiñas máis traviesas!

Moitas grazas aos dous!

Para que sexa máis fácil, lembramos os xa nominad@s:

Infantil

3 anos: Leire, Bruno, Paula e Sergio

4 anos: Sofía, Pablo, Sara, Serafín, Xoel, Ángel, Naila, Matías, Erea..

5 anos:  Ainoa, Ainara, Uxía, Lucas, Naila, Xián, Luz, Hugo, Irene, airoa e Marcos.

Primaria

1º/2º: Mateo, Yaiza, Yoana, Yasmina, Gael, brenda e Nico. 

3º/4º: Aroa, Andrea, Iria, Gabi, Dani, Erik, Aitor, Alén, Iris, Sabela, alex e Kevin.

5º: Hugo, Elenna, Aron Otero, Karla, Julia, Yeray , Rodrigo Carrasco, Arón Vega e Rodrigo Corredoira.

6º: Noa, Pierina, Ellie, Abrahan, Aldán, Nico, Iber, Marta, Daniela, Alex Tato e Brais.

Profesor@s: Eli, Tena, Mariola, María, María Teacher, Álvaro, Alba, Tomás, Edita, Guiomar, Aneli, Serafín, Sandra, Rocío, Andrea e Carla.

Noe e Elizabet, as nosas coidadoras; Raúl e Motse, cociñeiro e cociñeira do noso cole.


xoves, 7 de abril de 2022

2A Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo - I parte -

 Con distintas actividades ao longo do mes de abril, nas nosas aulas traballaremos a concienciación sobre o autismo seguindo a campaña da Federación Española de Autismo:




Teranse en conta os coñecementos previos do alumnado, faranse distintas tarefas de investigación, visionado de vídeos, lectura de libros e exposicións.

Os nenos e as nenas de 3 anos, coñeceron cousas sobre o autismo que lles contou "Caillou" e debuxaron aquelas cousas que lles fan felices. 






En Educación Primaria, dende as sesións de Competencia Emocional, fixeron unha "Choiva de ideas" sobre o autismo e logo visionaron o vídeo "Suceden Cosas Asombrosas (Entendiendo el Autismo)" e poideron comparar o que sabían e o que é en realidade. Así comprenderon que o autismo é Unha forma única de ver o mundo




E así, pasiño a pasiño, o noso mural vai medrando e nós imos entendendo que hai persoas con capacidades diferentes e que hai que comprendelas, coidalas e incluílas.










 Seguiremos avanzando!

  


mércores, 6 de abril de 2022

Cadea de brincadeiras




  Por fin chegou a brincadeira do profe Serafín! 



Bravo profe!

Para que sexa máis fácil, lembramos os xa nominad@s:

Infantil

3 anos: Leire, Bruno, Paula e Sergio

4 anos: Sofía, Pablo, Sara, Serafín, Xoel, Ángel, Naila, Matías, Erea..

5 anos:  Ainoa, Ainara, Uxía, Lucas, Naila, Xián, Luz e Hugo.

De 1º/2º: Mateo, Yaiza, Yoana, Yasmina, Gael, brenda e Nico. 

De 3º/4º: Aroa, Andrea, Iria, Gabi, Dani, Erik, Aitor, Alén, Iris, Sabela, alex e Kevin.

De 5º: Hugo, Elenna, Aron Otero, Karla, Julia, Yeray , Rodrigo Carrasco, Arón Vega e Rodrigo Corredoira.

De 6º: Noa, Pierina, Ellie, Abrahan, Aldán, Nico, Iber, Marta, Daniela, Alex Tato e Brais.

Profesor@s: Eli, Tena, Mariola, María, María Teacher, Álvaro, Alba, Tomás, Edita, Guiomar, Aneli, Serafín, Sandra, Rocío, Andrea e Carla.

Noe e Elizabet, as nosas coidadoras; Raúl e Motse, cociñeiro e cociñeira do noso cole.



luns, 4 de abril de 2022

Contacontos en familia

 Hoxe tivemos a primeira sesión de contacontos en familia!

Visitounos Susana, a nai de Aroa, que escolleu o conto "Ojos de agua". 








Encantounos, moitas grazas polo teu tempo Susana!



Autora e ilustradora: 
Eva Rodríguez Ruíz