luns, 25 de abril de 2022

23A Día Internacional do Libro e do Dereito de Autor


"Velaí o libro: unha faísca da memoria do mundo"






Bibliotecas escolares


Dende Bibliotecas Escolares Galicia, acudiuse, como en anos anteriores, a unha persoa referente da literatura galega actual.
Neste ano, ao escritor, editor e tradutor Xosé Ballesteros, quen creou o texto original do tríptico, cedido para a difusión do Día do Libro, esa marabillosa viaxe colectiva que inician autores e autoras, ilustradores e ilustradoras, con parada en editoriais, imprentas, librarías, para atopar, finalmente, porto seguro nas nosas bibliotecas escolares. 


Por que se celebra nesta data?


O Día Mundial do Libro e do Dereito de Autor, foi fixado nesta data pola Unesco en 1995, porque é xusto ao redor desta data, o 23 de abril, cando morreron tres grandes da literatura universal: Miguel de Cervantes (morreu o 22 de abril e foi enterrado o día 23), William Shakespeare e o Inca Garcilaso de la Vega. 
Con todo, moi pouca xente coñece a orixe española desta inciativa ou o feito de que nos seus inicios festexásese nunha data moi diferente: o 7 de outubro, cando se cría que nacera o creador do Quixote. 




Na "Casiña de Faiuco" tedes moitos exemplares 
que podedes ver!


Ningún comentario:

Publicar un comentario