venres, 24 de marzo de 2023

O XORNAL COMO PROTAGONISTA

 




   Nesta semana, do 6 ao 10 de marzo, unha vez aberto o "Quiosco" da Casiña de Faiuco con prensa e revistas de distintos países e diferentes linguas, comenzaron as visitas. A Escola de Idiomas de Lugo, tamén achegou xornais noutras linguas.  





   No grupo de 3 e 4 anos, manipularon e observaron prensa, logo recortaron letras para poñer os seus nomes.

   No grupo de 4 e 5 anos, manipularon e observaron xornais e revistas de diferentes idiomas (diferenciando noticias en inglés, castelán e galego) e logo fixeron un mural.



   No grupo de 1º e 2º curso, traballaron o "pé de páxina" e descubriron a importancia da fotografía para ilustrar as noticias.






   No grupo de 3º e 4º curso, no ámbito da competencia emocional, traballaron o xornal en grupos colaborativos. Xurdiron temas como o feminismo, a contaminación, a intolerancia...






   No grupo de 5º e 6º curso, seleccionaron unha noticia que logo expuxeron aos seu compañeiros e compañeiras.

   Imprimiouse a nova edición de A VOZ DO CORPIÑO - O xornal de Faiuco - que o alumnado repartiu á salida do cole. 




Expuséronse os traballos no corcho.





Clicade na imaxe para ler o xornal



"Vídeo_resumo"  do traballado!




3D#taniguaisetandiferentes -parte II-

 

Día Mundial do Síndrome de Down 

 -21 de marzo-

 

   Como anunciáramos, foron numerosas as actividades e tarefas ao longo destes meses para concienciar ao noso alumnado nas diferentes capacidades: 

  • Saberes previos, "torbellino de ideas".
  • Visionado de vídeos, coñecemento e reflexión     
 



 

  • Xogos de roles e dramatizacións. 

 


  • Investigación e posta en común.

 


 

  • Lecturas traballadas
 

 
  • Vídeos traballados

                                        



 


   Gustoulle moito a serie "El mundo de Pau" de RTV, son 12 episodios. Si clicade na imaxen podedes acceder ao enlace.

 


 

    No 21 de marzo, Día Mundial do Síndrome de Down, lanzamos a seguinte proposta.





                                                                                  


   Nesa semana do 21 de marzo, tivemos a visita de Nuria e Ismael, profesionais  da Asociación Síndrome Down Lugo @downlugo. Con monicreques, vídeos e xogos achegáronnos un pouquiño máis á realidade das persoas con este síndrome.

 


        E así, de a pouquiño, vamos comprendendo a importancia da diversidade, da inclusión e da integración das persoas con capacidades diferentes. 




21M -Día Mundial da Poesía-

 



 

A conmemoración deste día, é unha ocasión para honrar aos poetas, revivir tradicións orais de recitais de poesía, promover a lectura, a escritura e fomentar a converxencia entre a poesía e outras artes como o teatro, a danza, a música e a pintura, en resumo, aumentar a súa visibilidade.

Neste sentido, o noso alumnado comparte textos poéticos de Federico García Lorca.




Inician os pequenos da aula de 3 e 4 anos co Poema, "canción bonita".



Que ben o fixeron!

 

E continúan o resto do alumnado co este podcast que recopila os poemas elexidos por cada grupo.







Nesta ocasión, o alumnado de 5º e 6º curso encargouse de decorar a pizarra da entrada da Casiña de Faiuco con poemas acuáticos do libro "Bechopoemas e outras bestas" de Leire bilbao.









luns, 20 de marzo de 2023

O BULLYING NON É UN XOGO



Dende o ámbito da convivencia e o benestar emocional, ao longo do todo curso trabállase temas como o acoso escolar ou bullying. 

Con mor da data do 2 de marzo que conmemora o Día Internacional contra o Acoso Escolar, iniciamos unhas xornadas de concienciación baixo o lema "O bullying no é un xogo". A nosa biblioteca converteuse nun espazo de encontro e reflexión.
todos os traballos quedaron recollidos no mural principal.







a través de xogos de roles e dramatizacións








Lecturas e reflexión







Análise de noticias de actualidade e post publicitarios






Visionados de vídeos que convidaban á reflexión conxunta










O compromiso de loitar e visualizar o "acoso escolar". 


   



Vídeo-resumo en Instagram