mércores, 23 de xuño de 2021

martes, 22 de xuño de 2021

ACTIVIDADE FINAL DO CLUB DE LETRAS. ABUELITA, ¿TE ACUERDAS?

Pois como todo o bo remata, aquí vai a última actividade do Club de Letras.

Despois de ler o conto titulado "Abuelita, ¿te acuerdas?", compartimos as nosas experiencias con persoas dependentes.

Saíron á luz historias moi fermosas e ata se nos escapou algunha bágoa que outra...



Moitas grazas a todas as persoas que fixeron posible este proxecto e un agradecemento especial para as familias que colaboraron con nós.




   



 

DIGICRAFT NO TEU COLE.1º-2º-3º DE EDUCACIÓN PRIMARIA.


 Este ano empezamos este proxecto que combina manualidades e novas tecnoloxías.



                                          Dásenos xenial!  O próximo curso, máis.







luns, 21 de xuño de 2021

FAIUCO VISITA VENEZUELA.

 A última viaxe de Faiuco foi a Venezuela, país de orixe de Pierina (5º de EP) e Serafín (4º de EI), dous irmáns que chegaron novos ao cole este curso.



Primeiro buscamos información sobre esta fabulosa nación.








Despois de tanto traballo, recuperamos forzas comendo un apetitoso prato típico venezolano, preparado polos pais de Pierina e Serafín: AREPAS

Exquisitas! 






MOITAS GRAZAS E ATA PRONTO!

            
         

CLUB DE LETRAS. PEOPLE WHO TAKES CARE OF US.

 En Inglés tamén participamos no Club de Letras buscando vocabulario relacionado coa saúde e describindo profesións que traballan cun obxectivo común: coidaron de nós durante o confinamento e seguen a facelo agora.



HOSPITAL CALLIGRAM
HOSPITAL CALLIGRAM



OUR SMALL THANK YOU TRIBUTE


Moitas grazas a todas as familias que enviastes fotos para elaborar o mural e, por suposto, a ese gran equipo de profesionais que se ocupa do noso benestar.





domingo, 20 de xuño de 2021

LECTURA ASISTIDA CON CANS.

 Connor repetiu visita. 

Nesta ocasión,Connor quixo compartir unha actividade de comprensión lectora coas nenas e nenos de 1º, 2º e 3º e tróuxolles un conto que a el lle encanta "A nena que sabía de cans".




Seguide os consellos de Miriam para aprender como relacionarvos cos cans sen molestalos. 

http://consultoriacanina.com/libros



sábado, 19 de xuño de 2021

CLUB DE LETRAS. CADRADOS COOPERATIVOS.

Xa estamos rematando o Club de Letras.

Nesta sesión fixemos dous xogos co obxecto de fomentar a colaboracion, o traballo en equipo e mellorar a autoestima.







venres, 18 de xuño de 2021

XA SOMOS UN CENTRO PLURILINGÜE!

A Consellería de Educación selecciona ao CEIP Virxe do Corpiño para incorporalo á Rede de Centros Plurilingües de Galicia e ao programa Pluriinfantil.



https://www.facebook.com/ceipvirxedocorpinho/posts/544815130232682


Dende agora somos o CEIP PLURILINGÜE VIRXE DO CORPIÑO.







mércores, 16 de xuño de 2021

XOGANDO CON CONNOR.

 As nenas e nenos de Educación Infantil recibiron a Connor, o noso can profe, cos brazos abertos.

 Fixeron varios xogos e trataron a Connor de marabilla!



Grazas e ata pronto!




luns, 14 de xuño de 2021

DIGICRAFT NO TEU COLE. 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA.

 O alumnado de 6º de Primaria rematou a súa participación

 no Proxecto Digicraft con nota. 

 Vaia cracks!

















LECTURAS E XOGOS AO SOL

Ao alumnado de 4º e 5º encántalle aproveitar os días solleiros para  facer actividades ao aire libre.


 

domingo, 13 de xuño de 2021

CHARLA SOBRE LINGUAXE DE SIGNOS.

   Coñecedes a linguaxe de signos?

        Nós xa o temos moi claro porque recibimos unha visita moi especial.

Mirade o vídeo e saberedes máis.


domingo, 6 de xuño de 2021

FAIUCO VIAXA AO REINO UNIDO.

                                 Canto aprendemos sobre o Reino Unido! 















As nenas e nenos de 1º, 2º e 3º tamén se  atreveron cun crebacabezas.




E os de 4º non quixeron ser menos...






Nathalie, a nai de Lucy e Ellie, ensinounos uns xogos moi divertidos.






E, para rematar ao grande, Raúl e Montse, prepararon no comedor o prato estrela do Reino Unido pero co seu toque particular. Estaba riquísimo!

"fish&chips"








sábado, 5 de xuño de 2021

CONSELLOS PARA COIDAR O MEDIO AMBIENTE DO ALUMNADO DE 1º-2º-3º DE EDUCACIÓN PRIMARIA.


O profe Manuel propúxolle ao seu grupo de alumnas e alumnos que elaborasen anuncios publicitarios con consellos para coidar o medio ambiente.




                            Claro coma a auga, verdade?

                            Pois agora, a poñelos en práctica!