mércores, 26 de maio de 2021

CLUB DE LETRAS. ESCRITURA CREATIVA.

 Seguindo co proxecto do Club de Letras, as nenas e nenos de 4º e 5º de Educación Primaria realizaron unha actividade de escritura creativa relacionada con historias reais de animais.


Unha vez rematadas as historias, colocáronas nun mural.

Mirade que ben lles quedaron!




 

luns, 24 de maio de 2021

CHARLAS PLAN DIRECTOR SOBRE PREVENCIÓN.

O alumnado de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria participou nuns obradoiros sobre a prevención de drogodependencias e outras condutas adictivas e sobre o bo uso e riscos de Internet e as Redes Sociais.


 



Aprenderon moitísimo e pasáronno moi ben.

sábado, 22 de maio de 2021

venres, 21 de maio de 2021

CLUB DE LETRAS.HOMENAXE AO LABOR DOS SANITARIOS.

      Aquí tedes un vídeo no que o alumnado de 4º e 5º de Educación Primaria amosa a súa admiración e respecto aos sanitarios polo seu esforzo e dedicación durante a pandemia de COVID-19. 

       Elas e eles si que son superheroes e superheroínas!



 UN MILLÓN DE GRAZAS!








luns, 17 de maio de 2021

DÍA INTERNACIONAL DOS MUSEOS


O Día Internacional dos Museos 2021 ten como lema:

 ‘O futuro dos museos: recuperar e reimaxinar’ 

 https://icom.museum/es/news/dia-internacional-de-los-museos-2021/

O obxectivo é concienciar sobre o feito de que os museos son un importante medio para o intercambio cultural, o enriquecemento das culturas, así como para o desenvolvemento da comprensión mutua, da colaboración e da paz entre os pobos.  


Visitade estes enlaces para saber que podedes facer neste día:

https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/58075/los-museos-xunta-suman-dia-los-museos-con-mas-una-treintena-actividades-presenciales

OUTRAS CELEBRACIÓNS SALIENTABLES DO 17 DE MAIO.

                                DÍA MUNDIAL DE INTERNET

Pretende dar a coñecer as posibilidades que ofrecen as novas tecnoloxías para mellorar o nivel de vida dos pobos e dos seus cidadáns.

                                https://www.diadeinternet.org/2021/?


               DÍA INTERNACIONAL CONTRA A HOMOFOBIA

       O “Dia Internacional contra a Homofobia, Transfobia e Bifobia” (International Day Against Homophobia) serve para recordar que as diferentes orientacións sexuais ou identidades de xénero son aínda motivo de discriminación nalgúns países.

 

O seu obxectivo é a organización de accións e a reflexión para loitar contra a violencia física, moral ou simbólica ligadas á orientación sexual ou á identidade de xénero.

   O 17 de Maio de 1990 a Asamblea Xeral da Organización Mundial da Saúde (OMS) suprimiu a homosexualidade da lista de enfermidades mentais.

 O lema deste ano é:

 "Xuntos:Resistindo, Apoiando, Curando"



https://www.lamoncloa.gob.es/consejodeministros/Paginas/enlaces/110521-enlace-homofobia.aspx

http://www.infocop.es/view_article.asp?id=8790

https://www.antena3.com/noticias/sociedad/4-tipos-homofobia-como-luchar-ellos_2021051460a1ed8c950520000106de6a.html

domingo, 16 de maio de 2021

17 DE MAIO DE 2021.DÍA DAS LETRAS GALEGAS.


Velaí os traballos do noso alumnado para celebrar o Día das Letras Galegas, dedicado a Xela Arias Castaño.

Foi unha semana atarefada na que todas e todos participaron activamente e con moita ilusión en todas as actividades que se lles propuxeron.

Ben merecen un clic (ou máis) nos vídeos. 

POEMA "DARÍO A DIARIO" .4º DE EDUCACIÓN INFANTIL.


    MURAL DE 5º E 6º DE EDUCACIÓN INFANTIL




                            
                      MURAL DE EDUCACIÓN PRIMARIA





   ESCAPE ROOM DE 4º E 5º DE EDUCACIÓN PRIMARIA



sábado, 15 de maio de 2021

LECTURA CON CONNOR.SEMANA DAS LETRAS GALEGAS.


Dentro do noso proxecto de "Educación Asistida con Cans", levamos a cabo varias sesións de lectura con Connor.

4º E 5º DE EDUCACIÓN PRIMARIA



6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA


 -2º-3º DE EDUCACIÓN PRIMARIA






 

venres, 14 de maio de 2021

xoves, 13 de maio de 2021

CONTO " PEQUENO AZUL E PEQUENO AMARELO" . ALUMNADO DE 3 ANOS.

As nenas e nenos de 4º de Educación Infantil amósannos as súas habilidades artísticas cunha actividade relacionada co conto "pequeno azul e pequeno amarelo".




 

mércores, 12 de maio de 2021

CLUB DE LETRAS.REGULACIÓN EMOCIONAL.

No Club de Letras seguimos coas emocións. 

Nesta actividade falamos da Regulación Emocional, é dicir, da nosa habilidade para controlar a intensidade, o tipo e a duración das nosa propias emocións.



No vídeo apreciaredes os logros do alumnado de 4º e 5º de Educación Primaria neste eido ao longo de varias sesións.


 

martes, 11 de maio de 2021

CLUB DE LETRAS. CREANDO O NOSO BOSQUE.

     En Ciencias Naturais e Ciencias Sociais, dentro do Proxecto Club de Letras, estamos a traballar o coidado do medio ambiente; concretamente, decidimos adoptar o modelo de Escolas-Bosque, un método educativo escandinavo que propón a educación ao aire libre a través da exploración, da experimentación e do xogo.

  Se xa hai un tempo instalabamos un Aula Exterior, agora decidimos seguir mellorando a contorna do noso centro educativo plantando árbores e plantas aromáticas.

O mellor destas actividades e que están abertas a todos os membros da comunidade educativa e a resposta non puido ser mellor, xa que foron moitas as familias que colaboraron e que sempre están aí cando as necesitamos.

Moitas grazas !










 

domingo, 9 de maio de 2021

CONCURSO LETRAS GALEGAS CONCELLO DE BEGONTE

O concello de Begonte convoca un concurso de refráns galegos.

 Lede ben a información do cartel.

Tedes de prazo dende o luns 10 ata o luns 17 de maio.





 

sábado, 8 de maio de 2021

O QUE APRENDEMOS SOBRE GUATEMALA


 Mirade canto aprendemos sobre Guatemala!


Educación Infantil e 1º-2º-3º de Educación Primaria



4º-5º-6º  de Educación Primaria




xoves, 6 de maio de 2021

VISITA DE CHELO

    Hai uns días recibimos de novo a visita de Chelo, asesora de Bibliotecas Escolares.

   Coma sempre, tróuxonos material informativo e, por suposto, un libro que xa tedes á vosa disposición na sección de novidades. Ademais, deunos moitas ideas para crear unha biblioteca molona e actualizada.



    A ela tamén lle gustou moito o deseño de biblioteca que queremos implantar o próximo curso e na que desexamos contar coa colaboración de toda a comunidade educativa.


      Moitas Grazas por todo, Chelo ! Esperamos verte pronto!

CLUB DE LETRAS. A CONCIENCIA EMOCIONAL

      Traballando a conciencia emocional adquirimos vocabulario emocional que

 nos facilitará a comunicación, a expresión e a identificación de emocións e

 sentimentos.

     Comezamos vendo o documental "El viaje del Emperador"; a continuación,

 realizamos varias actividades de reflexión sobre algunhas situacións

 significativas deste.

https://www.documaniatv.com/naturaleza/el-viaje-del-emperador-video_27bf389eb.html


Este documental amosa a impresionante marcha de centos de pingüíns emperador que cada ano percorren máis de 100 quilómetros desde a costa ata o interior da Antártica, desafiando o frío inverno, perigos e o axexo de depredadores, para chegar ao lugar de apareamento e onde poñen os seus ovos.
Logo, mentres os pais quedan a cargo de incubar en espera do nacemento das crías, as nais camiñan cara á costa en busca de alimento para regresar novamente onde as súas familias a relevar aos pais e alimentar aos pequenos pingüíns.


No vídeo podedes ver  un resumo do noso traballo.


martes, 4 de maio de 2021

FAIUCO VIAXA AO REINO UNIDO

                                          Hi, children!

   Estou practicando Inglés porque vou visitar O Reino Unido ou, mellor dito, The United Kingdom.

    A familia de Lucy de 6º e Ellie de 5º é orixinaria de alí. Elas si que falan ben English!



E a vós xa sabedes o que vos toca:
 investigar, investigar e investigar.






luns, 3 de maio de 2021

CONCURSO DE LECTURA EN VOZ ALTA DO CONCELLO DE BEGONTE

 

I CONCURSO DE LECTURA - DÍA DO LIBRO 2021

A Concellería de Cultura,Deportes e Educación do Concello de Begonte,organizou o" I Concurso de lectura en voz alta"para conmemorar o Día do Libro.

                                     

As/os participantes tiveron que facer unha pequena gravación de audio ou vídeo lendo un fragmento dunha obra de libre elección.


Parabéns a Lucy e a Hugo de 6º e 4º de Educación Primaria,respectivamente,gañadores dun premio especial!

E moitas felicitacións tamén a Rocío, nai de Carmen e Julia,gañadora da categoría B!




Parte do alumnado do noso cole posando coa súa medalla e a súa certificación de participación.

ASÍ CELEBRAMOS O DÍA DO LIBRO

  Por fin chegou o momento de pasar un bo rato coas divertidas actividades feitas polo alumnado do noso cole para conmemorar o Día do Libro.

EDUCACIÓN INFANTIL

Uns fenómenos! Ides escachar de risa!





1º, 2º E 3º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

Miguel de Cervantes estaría orgulloso destes grandes artistas!



                        

            
 
                  


4º e 5º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

Booktubers nivel Pro...




6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

Depor ou Celta?  Cervantes ou Shakespeare?

That is the question!




domingo, 2 de maio de 2021

DÍA MUNDIAL CONTRA O ACOSO ESCOLAR

     O 2 de maio celébrase o Día Internacional contra o "Acoso Escolar" ou "Bullying", co obxectivo de concienciar sobre os riscos deste, así como de buscar os mecanismos para evitalo dado que se converteu nun terrible perigo para a poboación infantil e xuvenil.A data foi establecida por asociacións de  nais e pais e diversas organizacións non gobernamentais.
      O "bullying" ou "acoso escolar" é a forma de comportarse con outra persoa, xa sexa de palabra ou fisicamente, causando un dano temporal ou permanente na vítima.A persoa acosada sofre ameazas, insultos, agresións físicas, etc. por parte dun ou máis individuos.
     Segundo estudos realizados por UNICEF, unha alta porcentaxe de nenas e nenos en todo o mundo sofre de acoso escolar.