martes, 30 de novembro de 2021

O meu corpo é meu, eu decido

Hoxe o alumnado de 5º e 6º curso de EP, compartiu unha charla sobre educación sexual e afectiva. 



Día internacional da loita contra os Trastornos da Conduta Alimentaria (TAC)

O 30 de novembro, celébrase o Día internacional da loita contra os trastornos da conduta alimentaria (TAC) que se identifica baixo o símbolo dun lazo azul. 

Esta proposta, pretende visibilizar a importancia da prevención e detección precoz deste tipo de alteracións alimentarias e escapar dos prexuízos sociais que, de maneira frecuente, rodean a estas enfermidades. 

Na infancia adquírense moitos dos hábitos que nos acompañarán toda a vida, isto fai que a escola sexa uns dos contextos fundamentais para realizar actividades dirixidas a potenciar hábitos saudables, de alimentación e nutrición. 




domingo, 28 de novembro de 2021

Contos que contaxian ilusión!

 A fundación ONce, comparte contos con historias divertidas e de superación! Unha maneira de recoñecer as limitacións e dificultades das persoas que teñen algún tipo de discapacidade e promover actitudes empáticas.


Ler en familia, lecturas compartidas!




PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADO

 A arte no "bosque de Faiuco"!

Para unha visualización máis rápida, clicade en actividades e xa vai ao índice. 

A biblio de Faiuco, unha biblioteca inclusiva

 3 de decembro 

Día Internacional das Persoas con Discapacidade


Para que serven os días internacionais?




Os días internacionais serven para poñer a disposición das persoas en xeral información sobre cuestións de interese, mobilizar a voluntade política e os recursos para abordar solucións a problemas mundiais e conmemorar e reforzar os logros da humanidade. 

Cal é o obxectivo da conmemoración do 3 de decembro, Día Internacional das Persoas con Discapacidade?

O obxectivo de conmemorar este día, é promover unha maior comprensión dos dereitos das persoas con discapacidade e mobilizar o apoio á construción dunha sociedade máis inclusiva. Relacionado co obxectivo 10 ODS, da Axenda 2030.




Cal é o lema deste ano?:


O lema deste ano é: 

"Reconstruir mellor: cara a un mundo post COVID-19 inclusivo, accesible e sostible por, para e coas persoas con discapacidade".



Xunt@s por unha escola inclusiva!


sábado, 27 de novembro de 2021

Novembro, mes da ciencia


A Toupiciencia. A xanela do maxín.



Neste mes da ciencia, o PORTAL DA LINGUA GALEGA, ofrécenos unha miniserie audiovisual de divulgación científica en galego dirixida á infancia, con 8 episodios de 3 minutos de duración cada un. 

Toupiña e outros monicreques descubrirán o mundo da ciencia a través de curiosidades sobre astronomía, a física, a bioloxía, a química ou as matemáticas. 

A biblioteca de FAIUCO, comparte esta iniciativa. Gozemos da ciencia e os seus coñecementos!


Con ilusión!

Actualmente, o noso centro atópase en obras, pero isto non é impedimento para que Faiuco e as biliomóbiles estean con nós cada semana. 
Funcionamento a pleno co traballo de todo o noso equipo da biblio, con ilusión e entusiasmo por seguir transmitendo ao noso alumnado o amor á lectura e o interese polos libros e o coñecemento. 

Así comenzamos...




Establecimos un planning semanal con tarefas para os integrantes do equipo, plantillas de préstamos para o alumnado e para o profesorado, clasificamos os libros en caixas de maneira moi sinxela e o máis operativa posible.

agora xa nos trasladamos ao primeiro andar... 





estarmos a valorar seguir coas bibliomóbiles, aínda cando inaguremos á nosa biblio nova. Failles moita ilusión a visita de Faiuco ás aulas!!
E, sen dúbida, seguimos traballando felices en prol da calidade do ensino do noso alumnado!

#Cheadevida

 coeducación como camino á non violencia ás mulleres a través de distintas estacións.

Unha xornada distinta onde a aprendizaxe compartida foi a dinámica central baixo o lema "chea de vida". 





"Un neno, un mestre, un libro e un lapis poden cambiar o mundo"
malala yousafyai

Non ao maltrato ás mulleres

Escoitas, lecturas e reflexións do alumnado de 5º de Educación Primaria.





xoves, 25 de novembro de 2021

Semana do 25N

"O lobo come troncos"                          

Nesta semana que se aproxima o 25N, no noso cole comenzamos a traballar pola concienciacíon da non violencia as mulleres. 

Na aula de 4 anos, cambiaron o conto de "Capapuchiña vermella" e reflexionaron sobre a historia orixinal:

 -Se capapuchiña fose un neno, o lobo tamén a enganaría? 

-Se o lobo fora unha loba, enganaría igualmente a Capapuchiña? 

tras este traballo, crearon a súa propia historia na que ninguén  engana a ninguén: " O lobo cometroncos".





"O libro dos Porcos"



Tras o visionado deste libro, identificaron obxectos e o seu uso, comentaron que fai as distintas tarefas nos seus fogares e traballaron con tarxetas que representaban tarefas da casa mediante a reflexión conxunta e potenciando a oralidade. Finalmente, reflectiron o aprendido a través dun debuxo. 




As tarefas da casa é responsabilidade de todos os que viven nela! O traballo compartido e moito máis lixero e divertido!

domingo, 21 de novembro de 2021

#AmiYodel2030

 20 DE NOVEMBRO  DÍA UNIVERSAL DA INFANCIA

no noso cole, celebramos este día cun traballo de concienciación conxunta sobre a necesidade de coidar a nosa contorna cunha visión de futuro.

Tal como anunciásemos, unímonos a UNICEF España coa elaboración dun manifesto local, feito por noso alumnado logo de xornadas de reflexión e participación.

Estes manifestos están relacionados cos obxectivos da axenda 2030 e con noso Proxecto documental Integrado e así o expresan:




A carta individual



a gravación de 6º de EP



o mural con todas as producións e os debuxos que expresan tamén o sentir dos máis pequerrechos da escola!





Por un futuro mellor!

PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADO

 Novas actividades no "Bosque de Faiuco"! 

Para unha visualización máis rápida, clicade en actividades e logo xa sae o índice cos distintos títulos.

As últimas actividades:

  • Risas con sabor a outono! (6º de primaria)
  • Nos bosques galegos (6º de Infantil)
  • Tesouros outonais (1º e 2º de primaria)
  • Xabaril corazón (6º de infantil)

Concurso obradoiro de cabazas terroríficas

 Enhoraboa aos premiados!





Moi entretidos!

Na clase de cinco anos inaguraron a súa biblioteca de aula. Xa teñen o seu recunchiño para gozar da maxia dos contos! 


xoves, 18 de novembro de 2021

Día Universal da Infancia


 Como cada ano, achégase o Día Universal da Infancia. Unha oportunidade máis para alzar a voz, abrir o "mute" e que os nenos, nenas e adolescentes teñan un altofalante para expresar as súas opinións e a súa visión sobre os temas que lles importan. 
centrada naqueles ODS vinculados á saúde e ao medio ambiente especialmente relevantes polo impacto do Covid-19, estes obxectivos están vinculados ao noso proxecto documental integrado "O bosque de Faiuco",
dende noso centro, unímonos á proposta de UNICEF españa coa elaboración por cada grupo de alumnos e alumnas dun manifesto local. 
A idea é escribir ao teu yo do 2030 respondendo ás seguintes preguntas: 
que pensas que farás nese momento?
Como pensas que vivirás?
que lle dirías?
                              
Esta actividade tamén está adaptada ao máis peques do cole!

Obradoiro de habilidades sociais


 Neste mes, o alumnado de 1º, 2º, 3º, e 4º de educación primaria participará de obradoiros de habilidades sociais e emocionais desenvolvido polo servizo de prevención de condutas aditivas da agrupación Concellos de Begonte, Friol, Outeiro de Rei e Rábade. Sen dúbida gozaron moito coa primeira experiencia!






mércores, 17 de novembro de 2021

domingo, 14 de novembro de 2021

Poesía da man de Leira Bilbao

 

Co libro "Bechopoemas e outras bestas", o alumnado de 5º curso adentrouse no mundo das criaturas das augas, da terra e do aire, no mundo da musicalidade e o ritmo das palabras.




#Osmaioresbooktubers


comenzamos cun espazo moi especial para os maiores, onde poderán expresar e compartir os seus gustos pola lectura.

Queredes saber máis? Clicade na imaxe e adéntradevos ao mundo dos ...
Booktubers de Begonte!!



 
Na marxe dereita da casiña de Faiuco atópase unha entrada directa ao blog.
leva adiante e goza desta nova iniciativa de faiuco xunto aos teus compañeiros e as túas compañeiras!


sábado, 13 de novembro de 2021

Ciencia, xogo e creación


No mes da ciencia, o noso alumnado sigue experimentando e descubrendo novas aprendizaxes!

En 5º Infantil, uns poucos ingredientes...




en 1º e 2º de primaira, como funciona o aparato respiratorio?




todos uns expertos e unhas expertas!

luns, 8 de novembro de 2021

Experimentos en infantil!


 para conmemorar o mes da ciencia, na clase de 5 anos coñeceron algunhas das mulleres científicas máis importantes da nosa historia. tamén se converteron en científicos e científicas facendo dous experimentos moi sorprendentes!

Cantas risas!




domingo, 7 de novembro de 2021

Magosto, día de festa!


festexamos o magosto cunha xornada moi activa!!!
Aínda que o tempo non nos acompañou, os nenos e nenas do noso cole puideron gozar de xogos, risas e unha que outra caída! 




xoves, 4 de novembro de 2021

Ciencia e experimentos dende o MHN

 

Dende o Museo de Historia Natural da USC, achégannos unha morea de experimentos e actividades relacionadas coa ciencia. Durante a pandemia aportaron a súa colaboración con obradoiros dirixidos aos nenos e nenas e ás súas familias. 
Neste mes da ciencia o noso cole considera axeitado pólos a disposición das familias e do profesorado.

"investigar, Experimentar, aprender por descubrimento, é unha das metodoloxías didácticas máis axeitadas."


Actividade 1- Os caracois

Actividade 2- Plastilina bideodegradable

Actividade 3- A manzá reveladora de suciedade

Actividade 4- Pintura de mans bideodegradable

Actividade 5- Unha pegada única resolverá o enigma

Actividade 6- Rastreando a natureza


 Hai máis de 30 actividades!! Neste enlace atoparás as restantes:                                     

Obradoiros MHN


Novembro, Mes da Ciencia en Galego




Dende a Consellería de Cultura, Educación e Universidade, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, vense impulsando a celebración anual do mes de novembro como o Mes da ciencia en galego nas bibliotecas.
Este ano iníciase co manifesto de Amparo Alonso Betanzos, profesora, enxeñeira química e investigadora en intelixencia artificial. A autora salienta que:
 

"... a ciencia é o piar do benestar social e económico, o coñecemento xera persoas e sociedades máis libres e críticas e as bibliotecas son, en parte, as gardas dese coñecemento. Que máis necesitamos para gozalas?"


luns, 1 de novembro de 2021

Fondo lector



Chegaron ao cole os libros que o alumnado de 5º e 6º 
de primaria elixiu na visita á librería Trama!