xoves, 23 de decembro de 2021

Fin do trimestre!

 Que mellor que despedirnos deste ano con algúns dos desexos de noso alumnado!








Felices festas e bo inicio do ano para toda a gran familia do ceip plurilingüe virxe do corpiño!! 
Grazas un ano máis!!

Nadal 2021

 21 de decembro

día de Festa!

Obradoiros, contos, xogos, cociña, bailes e agasallos nunha xornada repleta de emocións compartidas!







Visita ao Centro de Día de Begonte


Nunha xeira chea de tenrura onde o obxectivo principal foi compartir un momento de intercambio xeracional.
recitado de poemas...




e obradoiro de adornos para a árbore de cartón que quedou no centro adornado de bólas de pequenas folliñas das cores do outono.

 


Os avós e avoas brindáronnos historias de vida que encheron de admiración as miradas dos nenos e nenas de 5º de primaria do noso cole. O ánimo foi tal, que as paxoliñas cantaruxadas a capela remataron a xornada acompañadas de moitas Risas, bailoteos e bo humor! 


 Grazas por permitirnos compartir unha visita tan enriquecedora! 


mércores, 22 de decembro de 2021

En Inglés!

Nas clases plurilingües de noso cole tivemos a sorte de contar co noso can amigo Connor! Grazas por compartir momentos con nós! 



Tamén crearon os seus propios Crackers! Podedes ver aquí todo o traballo! 

         

A cociña de Faiuco nunha xornada de festa!

No peche do trimestre, os nenos e nenas de 1º e 2º seguiron entusiasmados coa arte da cociña! 




Compartiron as súas receitas...




E Así aprenderon as vantaxes dunha alimentación saudable!


luns, 20 de decembro de 2021

A lenda do Apalpador

 A canción do Apalpador e a súa lenda no bosque de Faiuco. Non a perdas!


Lembra buscar no índice a actividade que queiras ver!

Unha estrela, un desexo


O noso mural do Nadal cheo de desexos e boas intencións! 



A cociña de Faiuco!

Os nenos e nenas de 1º e 2º de Educación Primaria, nunxa xornada de cociña e decoración, fixeron figuras do nadal. Traballaron a oralidade, o texto instructivo, a lectoescritura... 


º



Que ven o pasaron!

domingo, 19 de decembro de 2021

A expresión a través da arte I


Partindo do libro da biografía e das obras de Jean Michael Basquiat, o alumnado de 5º e 6º inician un percorrido de descubrimento da expresión creativa a través das emocións.



#DíadosDereitosHumanos

 


 A proposta de Faiuco "as túas ideas e achegas tamén contan" levada a cabo polo alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria. 

sesións de debate e reflexión onde todas as opinións suman! 




Fomentando a oralidade

 Representación e renarración do conto "Chivo Chivóns" polo alumnado de 4 anos de Educación Infantil.



Programa de Bibliotecas Escolares Solidarias -Voluntariado de Lectura - A


O noso centro foi seleccionado pola la Consellería de Educación para participar no programa bibliotecas escolares solidarias.

PLAN LÍA de Bibliotecas Escolares contempla entre os seus obxectivos para o período 2016-2020 o de "avanzar na consecución dunha biblioteca escolar inclusiva", así como o de "incentivar o uso das bibliotecas escolares por parte das comunidades educativas". 

O Voluntariado-A, ten por finalidade estimular o voluntariado cultural relacionado coa biblioteca escolar e a lectura, entre o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria. 

Polo tanto, noso centro contará cun número de alumnado colaborador nas distintas tarefas da biblioteca: apadriñamentos e amadriñamentos lectores, formación de novos usuarios, actividades e propostas de animación á lectura, organización...

Esta iniciativa tivo moita aceptación entre os nenos e nenas! 


un novo camiño que faremos xunt@s con moita ilusión!


domingo, 12 de decembro de 2021

A biblioteca que imaxino

 Xa queda pouco para inagurar a nosa nova biblioteca! A volta das vacacións gozaremos das novas instalacións. 

Os nenos e nenas de noso cole a imaxinaron cunha morea de ideas creativas!


E soñaron a súa biblioteca ideal!



Con pistas e montañas de coches, xoguetes, libros e máis libros!


Esquíos, patos, arañas, flores, contos e un pracer de "gotitas" de chovia!



máis e máis contos, un espazo maker, sofás e ata unha cama para descansar de tanta actividade! noN falta a nosa mascota Faiuco nin o noso amigo Connor ... 




Unha biblioteca verde con variedade de árbores, escaleiras infinitas de libros, robots e bichiños que ordenan contos...




Un espazo para experimentar e descubrir, participar e compartir, indagar e encontrar outras alternativas onde se valore a singularidade de cada lector.


#DíadosDereitosHumanos

 10 de decembro 


Nesta data celébrase o Día dos Dereitos Humanos, coincidindo co aniversario da Declaración Universal dos Dereitos Humanos, que se aprobou no ano 1948.

 Que son os dereitos humanos?

Son os dereitos que pertencen a todos os seres humanos sen importar a súa raza, sexo, nacionalidade, lingua, relixión, orixe étnica ou calquera outra condición.

Hoxe en día, existe unha lista de dereitos humanos creada pola Organización das Nacións Unidas (ONU), onde se defende o dereito á vida, á liberdade, á educación, ao traballo e moitos outros máis, que deben ser respectados sen que exista discriminación algunha. Son máis de 30 dereitos!

O lema deste ano 2021, é a igualdade.

A igualdade, a inclusión e a non discriminación son un enfoque do desenvolvemento baseado nos dereitos humanos e é a mellor maneira de reducir as desigualdades cara a consecución dos obxectivos da Axenda 2030.

Trátase de construír sociedades mellores, máis xustas e máis ecolóxicas! Tal como nos conta Faiuco nas súas propostas!

Neste vídeo podes entendelo moito mellor!


E lembra que é responsabilidade de todos e todas, traballar por unha sociedade mellor e para iso podes contribuír achegando a túa opinión e compartíndoa no blog de Faiuco baixo o cancelo #DíadosDereitosHumanos

                         
A túas achegas e ideas tamén contan e axúdannos a facer un mundo moito máis xusto!