venres, 30 de xuño de 2023

Recomendacións con sabor a sal!

    Como todos os anos, enviamos ás casas o tríptico para estas vacacións!





Faiuco deséxalles boas lecturas e 
felices días de descanso!


Visita das familias

 

   Chegou o gran día e as familias visitaron a "Casiña de Faiuco" para compartir xunto ao alumnado as aprendizaxes adquiridas ao longo do desenvolvemento do Proxecto Documental Interado (PDI) "Faiuco e o coidado da hidrosfera".

   Unha primeira visita, pola mañá, coa exposición de educación infantil e outra pola tarde, coa exposición de educación primaria. 

   Os nenos e nenas organizáronse en distintos recunchos e foron, a través da oralidade, expoñendo os seus traballos con moito entusiasmo.


Unha primeira experiencia que converteuse nunha 

agradable festa!

   

   Primeiro, presentamos o vídeo onde preguntábamos a algúns nenos e nenas do cole, Que é a hidrosfera para ti? Estas foron algunhas das súas repostas!



   Despois,  proxectouse o vídeo de "Faiuco" coa súa proposta, inicio do PDI.

   Faiuco e a súa amiga Rosiña, transmítennos a súa preocupación pola escaseza da auga e a súa contaminación. Convídannos entón, a poñernos mans ao choio!






   E así o fixemos!




Moitísimas grazas ás familias pola súa visita e as súas aportación; libros e material, para o proxecto!






Seguimos traballando en prol 
dun ensino de calidade!


xoves, 22 de xuño de 2023

#8M Visita ao Museo Fortaleza San Paio de Narla

 

O mandilón como símbolo da muller rural


   Como anunciáramos, cos obxectivos de reeinvindicar o traballo da muller rural en Galicia, a súa fortaleza e a súa perseverancia nas labores diarias do campo e valorar a riqueza da terra, a importancia do medio ambiente e os seus recursos, o alumnado de primaria visitou o museo e a exposición organizada xunto ao CPI Virxe do Monte de Cospeito. 

   











   Ao final do percorrido, visitaron a exposición cos aportes das familias dos dous centros educativos e visualizaron o vídeo coas testimoñas de alumnado e avoas. 



Moitísimas grazas ás familias pola súa colaboración

e ao Museo Fortaleza San Paio de Narla por 

compartir esta experiencia con nós!



venres, 16 de xuño de 2023

Obradoiro dos sentidos

 

   No marco do noso Proxecto Documental Integrado "Faiuco e o coidado da hidrosfera", o alumnado de Infantil viaxou a vila de Foz para participar dun obradorio e descubrir o mundo mariño a través dos 5 sentidos: vista, olfacto, tacto, gusto e oído. 

Outra forma de descubrir a fauna e flora mariña da nosa costa!















   Aprender e xogar nunha contorna diferente!

 

Produto final!

 

   Tal como anunciáramos, achégase o gran día da exposición do produto final do traballo de cada grupo ao longo do curso en relación ao noso Proxecto Documental Integrado, "Faiuco e o coidado da hidrosfera".

 

 


   Faiuco está feliz de ver tanto movemento na biblioteca! 

   Os nenos e nenas da aula mixta de 4 e 5 anos, están moi motivados! Xa empezaron os primeiros ensaios da exposición sobre animais mariños.

   Así de ben expoñeron aos seus compañeiros e compañeiras todo o que aprenderon durante o proxeto e así de fermosa luce a "Casiña de Faiuco".

 











Enhoraboa por tanta dedicación!



mércores, 14 de xuño de 2023

Excursión a Camariñas


   O día martes 13 de xuño, o alumnado de Educación Primaria foi a excursión de peche o Proxecto Documental Integrado "Faiuco e o coidado da hidrosfera".

   Coñeceron de primeira man, a cultura pesqueira e mariñeira a través de diferentes rutas. 




   Jaquie Lista, mariscadora a pé, filla e muller de mariñeiros, foi quen adentrounos no mundo do mar.





   Viaxamos pola vida das mariscadoras, coñecendo detalles da súa xornada laboral, aprendendo a diferenciar as arte de marisqueo e as especies que se capturan nas súas costas dende a sembra ata a súa comercialización. 








   Xa no porto de Camariñas, falounos da arte da pesca. Realizamos unha viaxe pola vida dos mariñeiros, coñecendo os detalles da súa xornada laboral, os diferentes tipos de embarcacións, as especies que se capturan nas súas costas. 







   FInalizamos o percorrido, no enclave do Faro de Vilán. Jaquie contounos as dificultades do mar, da pesca e do transporte marítimo. Comprendimos o funcionamiento do faro e a súa importancia para a vida pesqueira.






   Seguimos traballando na concienciación de coidar os recursos que a natureza bríndanos, da responsabilidade e a importancia de velar pola súa sostenibilidade.