luns, 30 de outubro de 2023

Novas linguaxes!

 

A Consellería de Educación selecciona ao CEIP Plurilingüe Virxe do Corpiño para participar no programa "Radio na Biblio".




Hoxe en día, as bibliotecas adáptanse aos novos usos sociais e as novas linguaxes e crean espazos de encontros e de aprendizaxe compartido que configuran recunchos para a exploración,  a investigación, a aprendizace experiencial e á expresión oral, escrita, plástica e visual.

Porén, cando a escola incorpora un "laboratorio de radio" xera unha importante dinámica de comunicación, de apoio aos proxectos do centro, de difusión cultural e das investigación elaboradas polo alumnado e de impulso aos novos proxectos de carácter interdisciplinario que poidan xurdir.



Unha motivación máis continuar traballando

 en prol dunha educación de calidade!



mércores, 25 de outubro de 2023

Luces, cámara, acción...

 


Rodamos con Faiuco!





Hoxe, no día das bibliotecas escolares, inauguramos o Proxecto Documental Integrado da man do noso trasno!

fixemos un Breve percorrido sobre a cultura cinematográfica e a linguaxe audiovisual. 

Destacamos algúns xéneros como a comedia e animación e fixemos fincapé nos inicios do cine coa proxección de curtos como os de  Laurel and Harry, Charles Chaplin e Mickey Mouse nos inicios do cine mudo e en branco e negro.

As risas chegaban a todos os recunchos da nosa biblioteca!

Pasamos á animación con o Pato Donald, Piolín e Tom and Jerry, pero xa con cores e sons.

A festa animábase cada vez máis!

Destacamos a importancia dos efectos especiais e das bandas sonoras así como tamén a importancia dos documentais para coñecer e para reflexionar. 

Faiuco deixounos unha mensaxe e invitounos a xuntos investigar, descubrir e compartir todo o que esta arte do cine nos ofrece.

Se ben este proxecto naceu das inquedanzas dos nenos e nenas do noso cole, a decisión de traballar esta linguaxe está enfocada cara os seguintes obxectivos:

- fomentar a alfabetización visual, como as imaxes e os sons se utilizan para contar historias e transmitir información.

-Promover a creatividade.

- Experimentar coa creación de películas, dende a escritura de guións ata a produción e edición.

- Desenvolver habilidades narrativas.

-fomentar o pensamento crítico.

-Promover a empatía e a comprensión cultural.

-Fomentar a apreciación das artes visuais. 

-Mellorar as habilidades de comunicación.

-Potenciar o traballo en equipo. 

-Promover a diversidade e a inclusión.

Como vedes, son numerosos os beneficios de introducir o cine no currículo. 




Invitámosvos a participar e a compartir con nós esta nova aventura!


        

luns, 23 de outubro de 2023

Día das Escritoras


Coa celebración do Día das Escritoras, iniciada no ano 2016, búscase reivindicar o labor e o legado das escritoras a través da historia. 

Nesta edición, o comisariado recae na escritora Marta Sanz e o tema escollido é O pracer, a alegría e a risa das mulleres, co que preténdese facer deste día unha xornada de celebración.


Se ben, dende bibliotecas escolares, propoñen que se visivilice a obra de escritoras galegas, nós traballamos tanto escritoras galegas como doutras nacionalidades, xa que baseámonos no noso Proxecto Documental Integrado que atópase relacionado coa cultura cinematográfica e a linguaxe audiovisual. 


Nas aulas de educación infantil, centráronse en Ana Meilán para conmemorar este día. Entre outras cosas, descubriron que Ana é una escritora de contos infantís e, sen dúbida, o que máis lles chamou á atención, foi que naceu en Lugo!


A través das súas historias imaxinaron, riron e coñeceron divertidos personaxes como a araña Lucy ou lobo Rigoberto.



En educación primaria, os nenos e as nenas de 1º e 2º curso, traballaron xuntos e aprenderon moitísimo! Eles investigaron a escritora Pamela Lyndon Travers, centrándose na súa principal obra: Mary Poppins. De forma colaborativa destacaron os datos máis relevantes visualizándoos nun mural e por último, fixeron unha exposición oral de todo o que aprenderon.

Como obxectivos principais deste traballo podemos salientar:

-Coñecer a autora e a súa principal obra.

-Entender que o coidado e a educación dos fillos e fillas é responsabilidade dos pais.

-Comprender que a disciplina non ten que ver co cariño e que pódese ser unha persoa estrita e alegre á vez.

-Coñecer que é un musical. 




Nas aulas de 3º e 4º curso, escolleron á escritora e produtora, J.K. Rowling autora de Harry Potter unha das autoras máis lidas polo alumnado deste grupo, de aí a súa elección.


Investigaron e buscaron información sobre a súa vida e, posteriormente, sobre as súas películas e os seus libros. Compartiron toda a información nun mural!



En 5º e 6º curso de primaria, fixeron un traballo en pequenos grupos. Centráronse en investigar tres escritoras.

Un grupo traballou a bibliografía de Elvira Lindo, novelista, guionista e escritora de literatura infantil, coñecida polo persoaxe Manolito Gafotas.

Un segundo grupo investigou a vida e obra de Astrid Lindgren, creadora da persoaxe literario, Pippi Calzaslargas.

Por último, o terceiro grupo buscou información sobre Mary Shelley, a creadora de Frankenstein, a primera novela de ciencia ficción moderna que posteriormente levouse ao cine. 



Nas especialidades de Relixión e Inglés fixeron unha investigación doutras dúas escritoras máis.

Comezando pola área de Relixión, coa figura de Teresa de Jesús, precisamente sendo a muller que revindicou o labor e o legado literario das mulleres durante a nosa historia. Tanto é así que, celebramos dita festividade na data máis próxima ao 15 de outubro, rendindo homenaxe ao aniversario do seu falecemento.




No caso da área da lingua extranxeira, inglés, inestigaron a Melissa Mathison unha das mulleres máis recoñecidas no mundo cinematográfico logrando varios premios.
Coñecémola por películas como:  E.T, el extraterrestre; The BFG ... entre outras.


E que mellor, que escoitar falar delas ao noso alumnado, dádelle ao play.



 Velaquí a exposición do resultado final.

 



 traballar en equipo, multiplica os resultados!



venres, 20 de outubro de 2023

Concerto didáctico


No día de hoxe, o alumnado de 5º e 6º puido gozar dun concerto didáctico na nosa biblioteca, ao cargo de Pablo Carpinteiro e Rosa.

Da súa man, fixemos un percorrido pola historia da música. Tivemos ocasión de coñecer diversos instrumentos; algúns deles ben curiosos, elaborados con froitos das árbores, follas, ósos e peles...

 


Pasamos un ratiño ben divertido!!




venres, 6 de outubro de 2023

 

A biblioteca do centro permanecerá aberta durante as tardes, agás os martes, para que toda a comunidade educativa poida gozar das posibilidades que ofrece este espazo.

Invitámosvos a vir. 

Sodes benvidos e benvidas a casa de Faiuco!!
 

luns, 2 de outubro de 2023

Comezamos novo curso!

 Xa estamos de volta, un ano máis iniciamos a nosa andaina polo blogue.

Faiuco está moi contento de recibir ao novo alumnado, tanto aos nenos e ás nenas que se incorporan ao colexio, como as súas familias.

 


Este ano bibliotecas escolares propón o seguinte lema, "unha biblioteca escolar en viñetas". Pon o foco en todas as posibilidades que a banda deseñada nos ofrece.

 Ler cómic tamén é ler, pois favorece a posibilidade da primeira alfabetización visual e artística.




 PRONTIÑO MÁIS NOVIDADES!