mércores, 25 de outubro de 2023

Luces, cámara, acción...

 


Rodamos con Faiuco!





Hoxe, no día das bibliotecas escolares, inauguramos o Proxecto Documental Integrado da man do noso trasno!

fixemos un Breve percorrido sobre a cultura cinematográfica e a linguaxe audiovisual. 

Destacamos algúns xéneros como a comedia e animación e fixemos fincapé nos inicios do cine coa proxección de curtos como os de  Laurel and Harry, Charles Chaplin e Mickey Mouse nos inicios do cine mudo e en branco e negro.

As risas chegaban a todos os recunchos da nosa biblioteca!

Pasamos á animación con o Pato Donald, Piolín e Tom and Jerry, pero xa con cores e sons.

A festa animábase cada vez máis!

Destacamos a importancia dos efectos especiais e das bandas sonoras así como tamén a importancia dos documentais para coñecer e para reflexionar. 

Faiuco deixounos unha mensaxe e invitounos a xuntos investigar, descubrir e compartir todo o que esta arte do cine nos ofrece.

Se ben este proxecto naceu das inquedanzas dos nenos e nenas do noso cole, a decisión de traballar esta linguaxe está enfocada cara os seguintes obxectivos:

- fomentar a alfabetización visual, como as imaxes e os sons se utilizan para contar historias e transmitir información.

-Promover a creatividade.

- Experimentar coa creación de películas, dende a escritura de guións ata a produción e edición.

- Desenvolver habilidades narrativas.

-fomentar o pensamento crítico.

-Promover a empatía e a comprensión cultural.

-Fomentar a apreciación das artes visuais. 

-Mellorar as habilidades de comunicación.

-Potenciar o traballo en equipo. 

-Promover a diversidade e a inclusión.

Como vedes, son numerosos os beneficios de introducir o cine no currículo. 




Invitámosvos a participar e a compartir con nós esta nova aventura!


        

Ningún comentario:

Publicar un comentario