sábado, 27 de marzo de 2021

CLUB DE LETRAS."ADOPTA UN ABUELO".

      "Adopta Un Abuelo" é unha ONG que nace en Cidade Real en xaneiro de 2013 cando Alberto -un rapaz de 25 anos- coñece a Bernardo -de 86-, viúvo e sen fillos, que lle confesa que o seu maior desexo é ter un neto. Alberto contéstalle que está disposto a <<adoptalo>> como avó.

     Ás nenas e nenos de 4º e 5º pareceunos unha iniciativa moi fermosa e decidimos colaborar na súa proposta La felicidad llega en un sobre, consistente en escribir cartas a persoas maiores que viven en residencias e se senten moi soas porque non reciben visitas.

     Foi unha experiencia estupenda.Desexamos que os maiores desfrutasen moito lendo esas cartas e que se sentisen queridos e acompañados.

                                  https://adoptaunabuelo.org/

            https://adoptaunabuelo.org/una-carta-para-un-abuelo/


martes, 16 de marzo de 2021

CLUB DE LETRAS.CHARLA SOBRE O COIDADO DE PERSOAS DEPENDENTES DURANTE A PANDEMIA DA COVID-19.

     Dende o comezo da pandemia da COVID-19, foron moitas as persoas que coidaron e seguen coidando dos demais na casa e, por suposto, nos hospitais e nos centros de saúde. Pero tamén precisaron -e precisan- atención, as persoas dependentes dos centros de día, das residencias de maiores e aquelas que viven soas. 

                                                 

     Unha grande maioría de coidadores profesionais son mulleres. Isto non é algo novo, xa que o levan facendo dende a Prehistoria.    

     Por iso, dentro do proxecto do "Club de Letras", non podía faltar unha lembranza para estas heroínas cotiás.E a mellor maneira que se nos ocorriu, foi invitar a tres nais que traballaron ou traballan nunha residencia de maiores, nun centro de día e en domicilios particulares, respectivamente, a compartir connosco as súas experiencias durante esta terrible situación.

     A súa resposta non se fixo esperar e, a través do seu testemuño, comprobamos que fixeron enormes sacrificios a nivel persoal para cumplir co seu traballo e que viviron momentos moi duros. 

     Botádelle un ollo ao vídeo.

              https://www.facebook.com/ceipvirxedocorpinho/posts/427658201948376

   

                                            MOITAS GRAZAS A:


Ana Gabriela, nai de Elenna de 4º.

Alba, nai de Karla e Arón de 4º.

Nuria, nai de Daniela de 5º.






luns, 15 de marzo de 2021

SEMANA DA PRENSA

O alumnado de 1º, 2º e 3º deseñou este xornal durante a semana da prensa. 

    Está dedicado a Rosalía de Castro.

       Quedoulles tan chulo, que o temos exposto na biblioteca.                                                                                                                                                                                                                                                                         

       E os demais grupos non se quedaron atrás.

                             Clicade no vídeo e veredes canto traballaron.






xoves, 11 de marzo de 2021

CLUB DE LETRAS. ACTIVIDADE SOBRE O ALZHEIMER.

     A enfermidade de Alzheimer é un trastorno cerebral progresivo e irreversible que destrúe lentamente a memoria e as habilidades de pensamento e, co tempo, a capacidade de levar a cabo as tarefas máis simples.O resultado é que a persoa enferma ten esquecementos, desoriéntase, deixa de comunicarse e necesita axuda para realizar as súas actividades do día a día.

     Na maioría das persoas con Alzheimer, os síntomas aparecen por primeira vez ao redor dos 65 anos.

     Segundo as estatísticas, en todo o mundo padecen Alzheimer uns 40 millóns de persoas (800.000 en España).

     É unha enfermidade moi dura e complexa, tanto para as persoas que a sufren, como para as súas familias. O 21 de setembro conmemórase o Día Mundial do Alzheimer.

      A primeira actividade que escollemos para iniciar o proxecto do "Club de Letras" é unha fermosa anécdota sobre este mal. Despois de lela, o alumnado con familiares afectados por esta enfermidade, contounos como é o día a día  nos seus fogares. Esperemos que vos guste.









luns, 8 de marzo de 2021

8 DE MARZO. DÍA INTERNACIONAL DA MULLER.



          https://www.unwomen.org/es/news/in-focus/international-womens-day

As mulleres do mundo desexan e merecen un futuro igualitario sen estigma, estereotipos nin violencia; un futuro que sexa sustentable, pacífico, con igualdade de dereitos e oportunidades para todas as persoas. 


Este ano, o tema do Día Internacional da Muller "Mulleres líderes: Por un futuro igualitario no mundo da Covid-19", celebra os enormes esforzos realizados por mulleres e nenas de todo o mundo á hora de definir un futuro máis igualitario e a recuperación ante a pandemia de Covid-19, e resalta as deficiencias que persisten.

No Virxe do Corpiño quixemos contribuír a 
salientar eses esforzos con esta actividade:



E tamén quixemos lembrar a algunhas mulleres excepcionais pertencentes a diversos ámbitos.



                                         


domingo, 7 de marzo de 2021

CHARLA SOBRE GUATEMALA

    

     Os pais de Elenna (4º EP) contáronnos cousas moi interesantes 

sobre a súa vida en Panajachel, unha fermosísima cidade 

do departamento de Sololá en Guatemala.


     Panajachel está á beira do lago Atitlán e ofrece unha vista 

espectacular  dos volcáns de San Pedro, Tolimán e Atitlán.

 

                  Un auténtico paraíso.  Mirade, mirade!