domingo, 25 de abril de 2021

DÍA DA TERRA.PLANTANDO NA HORTA.

O 22 de abril celébrase o Día Internacional da Terra.

As nenas e nenos de 1º, 2º e 3º escollemos este día para plantar leitugas e perexil.

E un tempo despois...





venres, 16 de abril de 2021

CLUB DE LETRAS. A RESILIENCIA E A SUPERACIÓN.

 Seguimos con máis actividades do Club de Letras.

Nesta ocasión traballamos a competencia emocional.

A profe Andrea falounos da resiliencia e da superación coa colaboración dun invitado peculiar: Connor, un can abandoado e maltratado, que foi capaz de saír adiante grazas aos coidados de profesionais veterinarios, da Sociedade Protectora de Animais e Plantas de Lugo e de familias que o acolleron e o adoptaron dándolle a vida que se merece.

https://view.genial.ly/5fda6d5c37663f0d6c04eb00/presentation-historia-de-vida

https://www.facebook.com/ceipvirxedocorpinho/posts/450414809672715







mércores, 14 de abril de 2021

FIN DA VIAXE POR GUATEMALA

                                 Que tal, rapazada? 

Eu estou de baixón porque xa rematei a miña ruta por Guatemala.

                      A ver, na faia vivo de marabilla, pero paseino tan ben aprendendo un feixe de cousas  e descubrindo lugares tan fermosos, que non me importaría seguir por acolá.

 Para que a despedida deste incrible país resultase menos dura, tivemos a sorte de probar un prato típico da súa variada gastronomía: o SHUCO

    Queredes saber máis sobre esta especialidade? Visitade este enlaces:


https://www.canva.com/design/DAEbfi2ajzY/JS-11ATxhsfxfkmiOpzliA/view?utm_content=DAEbfi2ajzY&utm_campaign=designshare&utm_medium=link&utm_source=sharebutto


https://aprende.guatemala.com/cultura-guatemalteca/cocina/receta-shucos-guatemaltecos/

mércores, 7 de abril de 2021

Día Internacional do Pobo Xitano

    Hoxe celébrase o Día Internacional do Pobo Xitano.

    O pobo xitano, ou romaní, é orixinario da India.Estableceuse en case todo o mundo debido ao seu carácter fundamentalmente nómade, que aínda se rexe por leis propias e que se dedica como medio de vida á venda ambulante, á artesanía, a tratar con gando etc.


     A palabra "xitano" procede da denominación de “exipcios” que se daba aos primeiros xitanos chegados a España, porque dicían vir dunha rexión grega chamada Pequeno Exipto.


    Averigua máis cousas sobre esta comunidade clicando nos enlaces.

     





venres, 2 de abril de 2021

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL.

     O Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil  foi establecido polo Consello Internacional da Mocidade (IBBY) dende 1967 para inspirar o amor pola lectura e chamar a atención sobre os libros para a infancia e a xuventude.


 Escolleuse o 2 de abril, por coincidir co aniversario do poeta e escritor danés Hans Christian Andersenautor de famosos contos coñecidos en todo o mundo e traducidos a máis de 80 idiomas. 


     Cada ano, unha Sección Nacional diferente é a patrocinadora internacional do día. En 2021 é a sección de Estados Unidos (USBBY), e a escritora elixida é Margarita Engle, autora cubano-americana.

   

 O lema elixido foi «A música das  palabras» con ilustración de Roger Mello, nacido en Brasília e gañador, entre outros, do Premio Andersen en 2014.                                                                                                       

    

    

 Este é un día moi importante xa que a lectura promove a imaxinación e a empatía, abre novos horizontes, axuda a pensar e a mellorar o vocabulario.

 Para celebrar este día tan especial podedes visitar unha biblioteca, organizar unha sesión de lectura en familia, recitar poesía, etc.

     Nestes enlaces atoparedes moitas novidades:

https://www.20minutos.es/noticia/4641492/0/diez-recomendaciones-dia-internacional-del-libro-infantil-y-juvenil/

https://www.hola.com/ninos/galeria/20210331186909/libros-infantiles-juveniles-novedades-2021-swng/1/

https://wmagazin.com/relatos/los-mejores-libros-infantiles-y-juveniles-para-el-lector-romantico-realista-intelectual-y-estetico/#para-el-lector-est%c3%a9tico