martes, 30 de xaneiro de 2024

A cadeira Vermella

 Pequen@s contacontos

Esta semana na nosa visita á biblioteca para renovar o préstamo de libros escoitamos a historia dun lobo que tiña moita fame.

E quen a contou?

 Pois Desta vez sentou na cadeira vermella Mía, de tres aniños, á que lle encantan os contos que teñen como protagonistas lobos.


Quedastes abraiados coa narración de Mía, non si?


Así de atentos e atentas esperábamos o final do conto.



Fixéchelo moi ben Mía!




sábado, 27 de xaneiro de 2024

Murmurio de contos

 Outro ano máis, os voluntari@s da biblioteca asumen o seu rol de padriños e madriñas lectoras.

O apadriñamento lector é unha iniciativa de animación á lectura pero ademais fomenta as relacións interpersoais do alumnado do noso centro. Sen esquecernos dos valores que se van adquirindo, como poden ser o  compromiso, a responsabilidade ou o traballo cooperativo.

Así pois, un ano máis a nosa escola goza das zonas de lectura compartida. Un espazo para mergullarse nas historias dos contos e establecer vínculos afectivos.

Velaquí a mostra, dádelle ao play.


Proximamente, repetimos!





xoves, 18 de xaneiro de 2024

Contacontos en familia

 Hoxe a casiña de Faiuco recibiu a familia de Valeria, de tres anos, na sesión de contacontos en familia.

María, nai de Valeria, contou a historia da ovelliña que veu cear, e que ceou? pois unha rica sopa de verduras.

Así de atentos e atentas estaban os nenos e nenas para saber que pasaba co lobo.


Logo, pintamos a ovelliña e o lobo para poder contar o conto as nosas familias.



María, foi un pracer escoitarte!



Mil gracias!!


Autor: Steve Smallman 

 Ilustrador: Joëlle Dreidemy



mércores, 17 de xaneiro de 2024

A cadeira vermella

 Pequenos contacont@s.

Nesta ocasión " A cadeira Vermella" foi ocupada por Aitana, de catro anos.

O conto do paxaro Amarelo narra a historia dun protagonista con moitas ganas de compartir as súas boas ideas polo mundo adiante. 




Escoitade como Aitana comeza a historia dende que o paxaro aínda non saíra do seu ovo. 




Moitas gracias Aitana por compartir esta historia.



xoves, 11 de xaneiro de 2024

Contacontos en familia


Outro ano máis  A casiña de Faiuco recibe ás familias para levar a cabo esta actividade.

Comezamos coa nai de Carla, Verónica, que nos trouxo tres contos.

Así de entretidos e atentos estaban

 os pequerrechos e pequerrechas de infantil! 







Autores: Cruz López e Javier Inaraja
 




Autor: Manuel Guisande
Ilustrador: Xosé Tomás


Grazas Verónica por compartir con nós un bo rato!


luns, 8 de xaneiro de 2024

As personaxes do Nadal

 

Unha das actividades que propuxemos ao noso alumnado para celebrar o Nadal foi coñecer as personaxes máis ilustres de cada rexión nestas datas.

Sabedes cales son?

O xa coñecido Papá Noel e máis os Reis Magos de Oriente non son os únicos que visitan os nosos fogares polo nadal.

O equipo de dinamización da lingua galega e o equipo de biblioteca propuxeron un xogo de rimas e adiviñas para que o noso alumnado puidera coñecer quenes visitan os fogares do norte da península durante a noite do 24 de decembro.

Cada alumno ou alumna ou ben cada grupo tiña que dar resposta as seguintes adiviñas. Podían investigar na biblioteca ou nas súas aulas sobre estas personaxes:

👉 Son do Courel e do Cebreiro, tamén son coñecido por Pendigueiro, entro con castañas e regalos nas habitacións dos máis pequenos.

👉Por Bilbao, San Sebastián e Vitoria, vai un bonachón con barba, pipa e boina, que reparte regalos as boas persoas.

👉Ten as mesmas pintas cun pescador asturiano, trae regalos, dende o Mar dos Sagarzos.

👉Tápao cunha manta e déixalle comida, que en Cataluña os teus regalos chegarán nuns días.

👉É un leñador de Cantabria que reparte bondade e alegría, e un burro é a súa mellor compañía.


Xa sabedes quenes son?


olentzero, el tió de nadal, el esteru, l`anguleru e por suposto o apalpador..

Se ben é certo, é mellor saber un pouco máis do que está ao noso carón.

 Que sabemos do Apalpador?

Pois nada mellor que pedir que visite a nosa escola.

 O Apalpador chegou a Begonte co seu burro a contar uns contiños e pasar un rato ben agradable cos nenos e as nenas.

Ademais, foi un dos invitados estrela do programa "Hoxe por hoxe lugo" da cadena Ser que visitou A casiña de Faiuco este 21 de decembro.

Deixámosvos coa sesión do Apalpador.


No próximo Nadal, máis personaxes!