luns, 8 de xaneiro de 2024

As personaxes do Nadal

 

Unha das actividades que propuxemos ao noso alumnado para celebrar o Nadal foi coñecer as personaxes máis ilustres de cada rexión nestas datas.

Sabedes cales son?

O xa coñecido Papá Noel e máis os Reis Magos de Oriente non son os únicos que visitan os nosos fogares polo nadal.

O equipo de dinamización da lingua galega e o equipo de biblioteca propuxeron un xogo de rimas e adiviñas para que o noso alumnado puidera coñecer quenes visitan os fogares do norte da península durante a noite do 24 de decembro.

Cada alumno ou alumna ou ben cada grupo tiña que dar resposta as seguintes adiviñas. Podían investigar na biblioteca ou nas súas aulas sobre estas personaxes:

👉 Son do Courel e do Cebreiro, tamén son coñecido por Pendigueiro, entro con castañas e regalos nas habitacións dos máis pequenos.

👉Por Bilbao, San Sebastián e Vitoria, vai un bonachón con barba, pipa e boina, que reparte regalos as boas persoas.

👉Ten as mesmas pintas cun pescador asturiano, trae regalos, dende o Mar dos Sagarzos.

👉Tápao cunha manta e déixalle comida, que en Cataluña os teus regalos chegarán nuns días.

👉É un leñador de Cantabria que reparte bondade e alegría, e un burro é a súa mellor compañía.


Xa sabedes quenes son?


olentzero, el tió de nadal, el esteru, l`anguleru e por suposto o apalpador..

Se ben é certo, é mellor saber un pouco máis do que está ao noso carón.

 Que sabemos do Apalpador?

Pois nada mellor que pedir que visite a nosa escola.

 O Apalpador chegou a Begonte co seu burro a contar uns contiños e pasar un rato ben agradable cos nenos e as nenas.

Ademais, foi un dos invitados estrela do programa "Hoxe por hoxe lugo" da cadena Ser que visitou A casiña de Faiuco este 21 de decembro.

Deixámosvos coa sesión do Apalpador.


No próximo Nadal, máis personaxes!



Ningún comentario:

Publicar un comentario