xoves, 8 de outubro de 2026

Listos para despegar!

 Voltamos!!

Comezamos o mes de outubro poñendo a punto a Casiña de Faiuco para que poidamos gozar dela😊

Por un lado, damos a benvida a todas as familias e alumnado de 4º Educación Infantil que comezan esta andaina escolar.

Logo, anunciar que dende a pasada semana temos aberta a sala de lectura polas tardes, agás os martes, para que poidades visitarnos e gozar da lectura compartida, tempos de xogos, préstamos... sendo así, un espazo no que gozar, ler, compartir, xogar, buscar información, pensar...



Por outro lado, a nosa biblioteca segue medrando e afianzando o seu camiño cara crear un espazo activo de aprendizaxe, encontro e participación.
Así pois, continuamos nos programas de Radio na Biblio, Biblioteca Creativa, Club de lectura... e neste curso escolar sumamos o programa "Lecturas e familias".


Finalmente, anunciar o lema deste curso escolar para as bibliotecas escolares "Da información ao coñecemento" que ten por obxectivo potenciar a curiosidade do noso alumnado para facerse preguntas e buscar respostas.

Fronte a desinformación as bibliotecas deben visibilizar o seu papel de formación de persoas críticas e ofrecer á comunidade programas de alfabetización informacional.


Cartaz de Rena Ortega

Pois ben, queda un curso por diante de moitas aprendizaxes, descubrimentos, talleres, podcast en Radio Corpiño, xogos, concursos, lecturas na Despensa, Obradoiros, encontros...

En breves, falamos do PDI🙈🙈