mércores, 23 de decembro de 2020

martes, 15 de decembro de 2020

LIBROS PARA A IGUALDADE DONADOS POLA ANPA "AS FAIAS"

 Dende o Equipo da Biblioteca, queremos agradecer á "ANPA AS FAIAS", a súa implicación na campaña de promoción da igualdade e da prevención da violencia de xénero.

                                        

Como mostra, a nova colección de libros sobre esta temática que nos entregaron recentemente, xa á vosa disposición na biblioteca do cole.

Graciñas !



xoves, 3 de decembro de 2020

Día Internacional das Persoas con Discapacidade

                                       


      Hoxe celébrase o Dia da Discapacidade


     O lema deste ano é "Un día para todos", e quérese facer visible que a discapacidade forma parte da condición humana, xa que todos, nalgún momento das nosas vidas, podemos experimentar unha discapacidade temporal ou permanente;e a sociedade ten que estar preparada para iso.

    No cole, preparáronse diferentes actividades para que nenos e nenas fosen conscientes das dificultades coas que se atopan no seu día a día as persoas que teñen algunha discapacidade física.

    Queremos agradecer ao Centro de Saúde de Begonte a súa colaboración prestándonos dúas cadeiras de rodas;e a Lucía, unha nai, que nos trouxo outra. 

     O resultado desta experiencia podedes velo no vídeo seguinte:



mércores, 2 de decembro de 2020

FAIUCO VIAXA A... GUATEMALA.

                            Xa recibistes a primeira carta deste curso.

 

                                


      Nela veredes que imos visitar...GUATEMALA.

                                                    

            Guatemala é o país de orixe de Elenna de 4º de EP.

 

                                     Veña! Toca investigar !

 


 

                                             


 


 

mércores, 25 de novembro de 2020

luns, 16 de novembro de 2020

DÍA MUNDIAL DOS DEREITOS DA INFANCIA

      O 20 de novembro celébrase o Día Internacional do Neno.

          Queredes recordar por que se celebra nesta data? Clicade neste enlace:

       https://blog.oxfamintermon.org/por-que-se-celebra-el-dia-internacional-del-nino/


E para saber máis, lede con atención este cartel.


xoves, 5 de novembro de 2020

ASÍ FOI O NOSO SAMAÍN

 Estabades desexando velos: os vídeos do Samaín. 

Que ben o pasamos! 😂    


ARAÑAS QUE DAN MEDO!


COCIÑA TERRORÍFICA!



CONTOS DE TERROR!









TEMPO DE MAGOSTO

Xa sabemos que  o verán é a vosa estación favorita.

                Pero o outono tamén ten o seu aquel.

    Imos de festa en festa: vimos de celebrar o Samaín e mañá toca... 

                                           ...MAGOSTO !

                                                

              MAGOSTO = CASTAÑAS ASADAS E XOGOS.


Para ir facendo boca, visitade esta páxina:

https://www.galiciamaxica.eu/mini/tiempo-de-castanas/

  




sábado, 31 de outubro de 2020

DIVERSIÓN NA CASA CO "CIRQUE DU SOLEIL".

     Non está  a cousa para festas, así que velaí vai unha suxerencia: 

entrade na plataforma web do "Cirque du Soleil" (Circo do Sol) e gozade coas 

piruetas e acrobacias imposibles dos seus artistas sen movervos do sofá. 


     Seredes capaces de aguantar sentados? Aposto a que non.


https://www.cirquedusoleil.com/es/cir;queconnect 




venres, 30 de outubro de 2020

SAMAÍN VS HALLOWEEN

    Hoxe, 31 de outubro, celébrase o Samaín -Halloween en Inglés-.

Se queres saber máis sobre a orixe desta festa, clica nestes enlaces:

                                    

https://praza.gal/ducias/respostas-sobre-o-samain

https://sabersabor.es/galicia-cedeira-y-el-samain-la-noche-celta-de-los-difuntos/


xoves, 29 de outubro de 2020

SAMAÍN 2020

 


    O venres 30 de outubro celebramos o Samaín no cole. Haberá obradoiros de cociña terrorífica, decoración de cabazas, contos e teatro de terror...Un montón de actividades divertidas e espeluznantes. Non faltedes!


xoves, 22 de outubro de 2020

DÍA DAS BIBLIOTECAS 2020

     O venres 23 de outubro celebraremos o Día das Bibliotecas regalando libros a tódolos membros da nosa comunidade educativa.

     Colocaremos unhas caixas nas entradas exteriores do colexio para que, quen queira, colla un ou máis exemplares.

                                     Agardamos que disfrutedes da lectura.






domingo, 18 de outubro de 2020

DÍA DAS ESCRITORAS 2020

     A Biblioteca Nacional de España celebra a quinta edición do "Día das Escritoras " co obxecto de reivindicar o labor e o legado das escritoras ao longo da historia. A data escollida é o luns máis cercano á festividade de Santa Teresa de Jesús, que se celebra o 15 de outubro.

     Esta edición está presidida pola escritora Elvira Lindo, a famosa autora de Manolito Gafotas. O tema escollido por ela foi  "O esforzo cotiá das mulleres."



      Leranse fragmentos de obras, relativas a esa temática, das seguintes escritoras:

     Teresa de Jesús, Rosalía de Castro, Dulce María Loynaz, Blanca Varela, Errose Bustintza (Mañariko), Elena Fortún, Sor Juana Inés de la Cruz, Ana María Matute, Josefina Carabias, Pura Vázquez, Luisa Carnés, Gloria Fuertes, Mercè Rodoreda, Idea Vilariño, Circe Maia, Emilia Pardo Bazán, Victorina Durán, Ida Vitale, Carmen Baroja y Nessi y Concha Méndez.

       Podedes atopar máis información no seguinte enlace,

                           http://diadelasescritoras.bne.es/edicion-2020/

     A Rosalía de Castro xa a coñecedes ben: dende hai uns días decora unha das paredes da entrada do cole grazas ao traballo de #ConceptoCirco e ao seu espectacular graffiti.



                           https://www.facebook.com/watch335510767540661/?v=


martes, 8 de setembro de 2020

VOLTA AO COLE!



Ola nenos e nenas!

Por fin chegou o momento que levades esperando tanto tempo:

A VOLTA AO COLE!

 

     Como vedes, xa estou preparado coa máscara e o xel hidroalcohólico para empezar este curso tan extraordinario. 

Hai moitas novidades que axiña ides coñecer.

Mentres tanto, podedes ler estes contiños:


 









domingo, 5 de xullo de 2020

Contaxio: Un conto didáctico e emocional en tempos da COVID-19


     Desde UNICEF Galicia, lanzouse  "Contaxio", un conto didáctico e emocional en galego dirixido á infancia e a adolescencia de Galicia, pero tamén á poboación adulta.

     Esta iniciativa xorde en colaboración coa actriz e presentadora Lucía Regueiro, amiga de UNICEF Comité Galicia e como resultado temos "Contaxio" , un conto colaborativo creado por María Solar, Ledicia Costas e Fran Alonso, con ilustración de Leandro Lamas e edición de Lucía Rodríguez.

     A historia é unha viaxe polo dicionario no que descubrimos como sente a palabra "contaxio" e no que imos coñecendo  a súa relación con outras palabras como "medo", "inxustiza" ou "pobreza", pero tamén as oportunidades que lle brindarán "vacina", "medicina" ou "investigación".

     Un amplo elenco de actrices e actores de Galicia quixeron participar nesta iniciativa poñendo a súa voz: Xúlio Abonjo, Miguel Canalejo, Monti Castiñeiras, Isabel Naveira, Federico Pérez, Lucía Regueiro, Beatriz Serén e María Vázquez.

                                                      https://youtu.be/_-wZLkv6xzk

      
                        Máis información:

                                    https://www.unicef.es/gal/educa/biblioteca/contaxio

martes, 23 de xuño de 2020

As tradicións de San Xoán

          Hoxe celebramos a noite máis máxica do ano: 

                 a    Noite Meiga

                                               ou   Noite de San Xoán.




     






       
Nestes enlaces podedes informarvos sobre a orixe desta celebración e as súas tradicións máis importantes.


 https://blog.mundo-r.com/gl/xente/tradicions-de-san-xoan













https://galiwonders.com/es/blog/la-noche-de-san-juan-la-galicia-mas-magica/





https://galiciangarden.com/las-siete-hierbas-de-san-juan/










luns, 22 de xuño de 2020

#NON O TIRES POLA BORDA

     Nenas e nenos tivestes unha conduta exemplar durante a pandemia da COVID-19.

     Este cómic axudaravos a recordar todo o que debedes ter en conta á hora de saír da casa.






Este libro de actividades tamén vos pode axudar.
Podedes descargalo no enlace.






https://www.mscbs.gob.es/profesionales/saludPublica/ccayes/alertasActual/nCov-China/ciudadania.htm










domingo, 14 de xuño de 2020

PRÉSTAMO DE LIBROS PARA O VERÁN

               Estimadas familias,


     Sabedes que a lectura é moi importante.Sempre estamos insistindo en que os nenos e nenas lean un pouco todos os días porque, ademais de desfrutar coas emocionantes historias que contan os libros, axúdalles a mellorar a ortografía,a comprensión, a ampliar o vocabulario, etc.


     Por iso, imos facer préstamos dos exemplares que temos na biblioteca do cole para as vacacións de verán, os cales se interromperon debido ao estado de alarma.

     As familias interesadas en coller prestados libros, deberán comunicalo ás titoras respectivas (a través de WhatsApp ou do correo electrónico) para organizar a entrega o mellor posible.












sábado, 6 de xuño de 2020

MINDFULNESS PARA NENOS E NENAS

      Ola a todas e a todos!

      Xa case estamos na Fase 3. Isto vai lento, pero vai.

     Estades portándovos moi ben, así que parabéns e aplausos para vós. Xa queda menos!

     Sabedes que eu entérome de todo e ás miñas finas orellas chegaron comentarios de que, moitos e moitas de vós, tedes problemas para durmir, estades nerviosos, preocupados e, incluso, temerosos debido á situación pola que estamos atravesando.

     Para axudarvos a solucionar eses e outros problemas, imos probar o mindfulness. 
       
  • O mindfulness para nenos e nenas ten como principal obxectivo mellorar algunhas capacidades infantís desde idades temperás, como a empatía, a calma e a xestión das emocións. Tamén axuda a iniciar aos nenos e nenas no mundo da meditación, algo que lles brinda a oportunidade de conectar con eles e elas mesmos. O propósito final desta disciplina é que sexan máis hábiles á hora de desenvolverse na súa contorna. 




  • O principal beneficio da práctica de mindfulness desde a infancia pode observarse no desenrolo infantil, xa que os exercicios de respiración, meditación e atención plena que se realizan, facilitan o bo desenrolo das capacidades infantís.

A través da práctica de mindfulness, os nenos e nenas aprenden a estar presentes, a prestar atención, a empatizar cos demáis e cun mesmo, e a ser amables.




EXEMPLOS DE ACTIVIDADES

Vídeos en youtube (clicade nas imaxes)



TRANQUILOS Y ATENTOS COMO UNA RANA



YOGA CON LA VACA AISHA