mércores, 15 de xuño de 2016

A Biblioteca do cole xa é un fermoso planetario!


Despois de varios meses de duro traballo, conseguímolo! Completamos outra das misións que nos encargou Faiuco dende o espazo: a transformación da biblioteca do noso cole nun auténtico planetario.

Investigamos o Sistema Solar!


Fai un tempo chegounos unha carta de Faiuco. Nela propúxonos a misión de investigar por cursos algúns dos elementos máis importantes do noso sistema solar, como os planetas, o Sol, a Lúa... ademais de organizar unha exposición para compartir a información con todos os compañeiros e compañeiras do cole. Así que puxémonos mans á obra. Dito e feito!

martes, 14 de xuño de 2016

Aprendemos polígonos a través das constelacións!


Que mellor forma de coñecer os polígonos na clase de matemáticas que facelo a través das formas das estrelas no universo! Así pensaron os alumnos de 3º e 4º de Primaria, decididos a aprender matemáticas dun xeito diferente e aportando outro pequeno grao de area ao proxecto documental integrado que estamos a levar a cabo dende a biblioteca escolar: "Faiuco é astronauta".

"Os Planetas" de Gustav Holst (Flipped Classroom)


Dende a materia de Música tamén  se fan achegas ao proxecto documental integrado que estamos a levar a cabo no cole: "Faiuco é astronauta". Así, os nenos e nenas de 5º e 6º curso de Educación Primaria traballaron unha das obras máis coñecidas do compositor británico Gustav Holst: "The Planets", e fixérono a través dunha pedagoxía moi innovadora, a coñecida como Flipped Classroom.

venres, 3 de xuño de 2016

Día Internacional da Muller: mulleres astronautas!


O pasado 8 de marzo celebramos no cole o Día Internacional da Muller. Quixemos relacionar a conmemoración co Proxecto Documental Integrado deste ano descubrindo a grande valía das primeiras mulleres que viaxaron ao espazo.