mércores, 15 de xuño de 2016

A Biblioteca do cole xa é un fermoso planetario!


Despois de varios meses de duro traballo, conseguímolo! Completamos outra das misións que nos encargou Faiuco dende o espazo: a transformación da biblioteca do noso cole nun auténtico planetario.

O resultado salta á vista: simplemente espectacular. Toda a zona da biblioteca quedou convertida nun universo cheo de estrelas, os planetas orbitando arredor do sol, os nosos pequechos convertidos en astronautas para a ocasión, as constelacións... e mesmo ata está Faiuco coa súa nave espacial. Non falta detalle!









Se xa nos gustaba ir á biblioteca, imaxinade agora! Faiuco ten que estar moi ledo! 

Millóns de grazas a todos os que o fixéstedes posible! A biblioteca do Virxe do Corpiño sí que mola!



2 comentarios:

  1. ESPECTACULAR!! Noraboa polo traballo e pola implicación cos nosos nen@a!!

    ResponderEliminar
  2. Graciñas!! Traballamos por e para eles! 😉

    ResponderEliminar