mércores, 15 de xuño de 2016

Investigamos o Sistema Solar!


Fai un tempo chegounos unha carta de Faiuco. Nela propúxonos a misión de investigar por cursos algúns dos elementos máis importantes do noso sistema solar, como os planetas, o Sol, a Lúa... ademais de organizar unha exposición para compartir a información con todos os compañeiros e compañeiras do cole. Así que puxémonos mans á obra. Dito e feito!

Durante tres semanas, cada curso levou a cabo unha pormenorizada investigación na bilioteca do cole e nas aulas, consultando numerosas fontes documentais e enlaces web en internet. 





Unha vez recollida a información levouse a cabo unha posta en común en las aulas e procedeuse á preparación da exposición, para o que se elaboraron numerosos murais e incluso algún libro propio sobre os planetas.







Ademais, e para continuar coa misión de converter a zona da biblioteca nun gran planetario, cada curso decorou os planetas que investigou. Para iso, empregamos bolas de poriespán, cartón e pintura. Divertímonos moito, á par que aprendimos un montón de cousas.






Seguro que Faiuco está moi contento por todo o que aprendimos e por toda a información que lle imos proporcionar para a súa viaxe polo espazo!

Ningún comentario:

Publicar un comentario